Morgadans


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadans
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadans,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Perfidia:PXOM Morgadáns
Perfídia:PXOUM


Como e público e notorio para Morgadáns,o Plano Xeral de Ordenanción Municipal de Gondomar –PXOM- ,e básico para o seu desenvolvemento,até agora grazas ao traballo material e político de Antonio Arauxo Concelleiro de Urbanismo,e membro Manifesto Miñor,puidose acoutar e sacar adiante non sen moitísimo traballo os núcleos,o derradeiro o da Carballa,e dar as licenzas que se necesitaban.

O PXOM,e a ferramenta xeral que se necesita,de un xeito xeral e completo,por parte de este concelleiro e de todo o seu equipo, en urbanismo,foi quen de ter preparado e listo para a súa aprobación previa dito plano, depois de un traballo realmente titánico,non apenas técnico senón político administrativo,resolvendo as dificultades con outras administracionjs, debido a posta en marcha da nova Lei do Solo de Galicia.

Por razons estrictamente comerciais da globalización,a empresa adxudicataria das propostas técincas do Plano ,Eptisa,for mercada por capital chinés,e os chineses consideraron, que esta parte do negocio non era rendibel, e decidiron deixalo,plantexando un grave problema a mais de una ducia de concellos de Galicia entre eles o noso,e algún extremeiro.Perante iso prantexabase a opcioón de facer un novo concurso de adxudicación, ou ceder o actual a nova empresa redactora.

No caso de Gondomar dous técnicos municipais interventora e secretario,elaboraron informes desfavoraveis a tal cesión, en base a información da que eles dispuñan.

Perante isto a proposta responsable de Antonio Arauxo concelleiro de urbanismo,foi propor o alcalde,levantar este reparo-os informes son preceptivos más non vinculantes-,isto aconteceu en setembro do ano 2017-hai dez meses-e con chamada continua a remoción deste problema,a resposta foi a negativa mais absoluta a levantar tal reparo polo alcalde,invocando que caso de se dictar suporía prevaricación,incluso semella que se alegraba que os informes foran negativos, iso se desprende da prensa diaria,ollar F. de V. do dia 15 de abril do 2018, (Cal era a conducta de este alcalde desde esa data ,e, anos anteriores,levantar o reparo a cobrar el as súas dietas, que non facía e que non xustificaba,co informe contrario e continuo do interventor municipal).

A cousa non remata aquí,resulta que despois de analizar toda a documentación do proceso, aparece claramente un incumplimento explícito do Concello de Gondomar,coa empresa Eptisa,que da una viravolta total,de tal xeito que os técnicos agoran determinan que perante iso os informes haberán de ser favoraveis en todo senso.

A todo iso con pompa e boatos de alto nivel o alcalde,sae,con perfidia e mentira na palestra pública de un xornal de ámbito comarcal,-vexase domingo 29 de abril-indicando que vai a ser o máximo valedor e proceder a traveso da Xunta de Goberno a aprobar a cesión de tal contrato para que continúe a aprobación.Invocando asemade méritos que non son seus excepto o de por paus nas rodas como se dixo.

E pois aquí onde a perfidia-maldade-no prócer municipal sae a relucir amosando que pouco ou nada excepto importalle os intereses xerais de Gondomar,e por suposto, una clara traizón a letra e espírtu do pacto de goberno de xuño do ano 2015.Vexase a diferencia de comportamento co alcalde de Nigrán,que embora tivera os informes en contra foi quen de aprobar documento semellante no seu concello.

Non se pode xogar cas cousas de comer alcalde (alcalde non e un erro ortográfico),moito habería de mudar para que isto-alcalde- ortográficamente seña correxido por min.


Comentarios (0) - Categoría: Abril 2018 - Publicado o 30-04-2018 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Os 25 de abril en Morgadans
Unha vez mais chegamos a esta importantísima data para todos nós,tal cal foi o 25 de abril en Portugal,mais aló dos resultados concretos que cada quen tiramos daquel proceso,concorde cas nosas ideias.

Os militares que comandaron o proceso,que alguns deles ainda pasados,ficarán na nosa memoria,e o povo portugués xa farto daquela situación ,social e colonial decidiron dar novo rumo ao país sen navegar a ré.

Fraco favor faríamos a esta lembranza,senón tentaramos aplicar este espíritu os momentos actuáis e a nosa situación, a vontade de cambio e que o povo e quen mais ordena non pode ser esquecida nen deturpada.Neste ponto sinalar que salvando as diferencias Morgadans e como Grándola pero claro non ten "Azinheira".

Gondomar e todo Morgadans,e as persoas que o representan teñen una débeda histórica co Barrio da Pedra ,tal cal é a construcción do saneamento.As bases estaban postas desde o goberno bipartito en Gondomar,ao que una infausta e corrupta moción de censura chumbou.

A oportunidade presentouse der un xeito definitivo con Plano Concellos 2018 da Diputación de Pontevedra,alí o Concelleiro de Urbanismo,sendo consciente desta situación, e renunciando a muitos outros proxectos,meteu por fin o proxecto de saneamento do barrio da Pedra, con todos os pronunciamentos favorabeis.

Embora isto fora así,o actual Alcalde-do que a estas alturas este cárrego quedalle comprido-non só non presentou este proxecto,senón que de un xeito agochado-torticero dise en español-presentou os seus proxectos persoais,alguns deles mais que de dubidosa necesidade.

Non contento con elo a traveso da prensa mentiu descarada e públicamengte a cidadanía de Gondomar e de Morgadans,indicando que o plano indicado estaba co ive do 16%,e non co IVE actual ¿?????.Pero claro onde rezan papeis o resto sobra,como quedou de manifesto coa proba e lectura do plano.

¿Que se pretendía con esto?,pois pura e simplesmente non meter tal proxecto e de camiño,culpabilizar ao Concelleiro de Urbanismo.

Hai outras cuestión mais de fondo en todo esto, onde queda patente que o que menos lle importa a este prócer,e o interese popular,que seña o povo o que mais ordene,para qué para iso está él,para ordenar.

Me remito ao enlace de Manifesto Miñor-entre outros-onde se pode percibir,o resto das razons que hai sobre este e outros asuntos,para o meu leal saber e entender chegame o dito.

A todo isto hai que decir que o actual goberno e vogais da Entidade Local Menor de Morgadans, ten un comportamento eufemístico de ”mutis por el forro,quentar a cadeira e nada mais.

Até a prouxima e vivamos os espíritu e data do 25 de abril.

(Vou a permitirme por neste blogue a foto que estes últimos tiraron da casa da ELMM )

http://minhor.gal/aclaracions-sobre-o-proxecto-de-saneamento-do-barrio-da-pedra-e-a-impugnacion-da-lina-1-do-plan-concello-2018/
Comentarios (0) - Categoría: 25 abril de 2018 - Publicado o 25-04-2018 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal