Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS COLETES AMARELOS.
OS COLETES AMARELOS.

Hoxe 31 de marzo ,faime lembrar a mesma data do ano 1989,en Veiga de Lila-Valpaços-Portugal en que naquel dia e a seguir,librouse unha auténtica reivindicación dos camponeses e veciños da contorna contra a portuguesa celulósica Soporcel.

O trasfondo era a intención desta última de plantar 40 hectareas de eucalipto,que logo tentou transformar en 200 hectareas, arrancando os olivais que eran naquela altura o meio de vida naquel concello, paupérrimo e lonxe do mundo.

A resposta dos veciños non se fixo esperar, alí acudiron todos grandes,mulleres, graúdos e miúdos, e pequenos a arrincar coas súas mans os eucaliptos,soportados coas ferramentas milenarias,sachos,fouces e paus.
.

A GNR foi enviada polo gobernador civil,en apoio da Soporcel,con axentes a pé batendo coas súas espingardas e a cabalo,cargaron contra a populación, mas recuaron,-a decir dos camponios-“porque tiñan medo das nosas fouces”,o resultado e que a Soporcel nunca mais voltou por aló e hoxe son un concello e una fraguesía visitaveis e con economia de sí propio,co mellor aceite do mundo.

Os coletes amarelos son uns aprendices comparados con esta xente na defensa do propio.

Embora isto fora así naquela sociedade,e nos tempos que corrían,na Galiza actual,temos exemplos de monocultivo do monte,e en a favor da(s)empresas que o promoven,extensionando a plantación a meu xuizo desfavorablemente especies pirófitas-piñeiro e eucalipto-con economía mais que dubidosa para a xeneralidade dos galegos.

Iso merece mais que este artigo.

Xurden entretanto iniciativas dignas de louvanza,que parten do concepto de multifuncionalidade do monte,motor socio-económico.

O pasado 21 de marzo as 19,30,no Centro Cultural de Vincios,puiden asistir a presentación da man de Alberto Covelo, presidente da Comunidade de Montes de Vincios,do proxecto SAXMEL-Sistema de apoio a xestíón dos montes no eido local.

Alí con una claridade meridiana,expuxeronse os obxectivos e as metas deste proxecto, para valorizar os nosos montes no eido local desde o concepto da multifuncionalidade, e diversificación de iniciativas de todo orde.

Quedaronse na cabeza moitisimas cousas, moitas delas non novas por suposto, mas non por elo menos interesantes.

Como queira que segundo se anunciou este proxecto vai ser informado a os posibeis interesados no futuro,deixo que sexan os propios os que o fagan,en principio recibilo con interese.

O que me sorprendeu notablemente, foi a inmensa ,masiva e intensa presencia,dos membros da Entidade Local Menor de Morgadans,que con un entusiasmo, fora de medida, tomaban notas arreo,e prácticamente non deixaban falar a os explicantes,fiquei palerma.


O certo e que o único de Morgadans era Eu e supuxen que os directivos estaría botando as patacas, que xa era hora,ou como gastar antes e nas elección o remanente económico da Entidade para deixar a Caixa valeira……que pensamentos.
Comentarios (0) - Categoría: Marzo 2019 - Publicado o 31-03-2019 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal