Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PAUS NAS RODAS PARA O TURISMO EN MORGADANS.
PAUS NAS RODAS PARA O TURISMO EN MORGADANS.

E ben sabido que os territorios mais ou menos organizados ,teñen os seus pillares económicos,temolo falado en distintas ocasions,no caso de Morgadans,o turismo en un deles,istos e así para non ser un lugar de paso,e preciso por en valor os inmensos recursos turísticos que Morgadans ten,e o xeito básico e a divulgación por todolos medios,entre eles o propio concello de Gondomar,e sobre todo do traballo que xa está feito,e ben feito.Por elo fago meu as queixas do ex-concelleiro de turismo Xosé Antón Arauxo.

Un goberno pouco interesado en promover o turismo

Seguen sen estar activadas as 30 novas rutas de trecking ou camiñadas máis curtas na plataforma Wikiloc (que completarían as 6 que xa se introduciron cando xestionabamos a área de Turismo). A plataforma conta con máis de 4 millóns de membros e máis de 10 millóns de rutas. Produce unha inmensa tristura ver como unha potente ferramenta de proxección exterior de Gondomar segue abandonada, pola incapacidade de xestión ou pola decisión política do Sr. Ferreira.

O mesmo acontece cos 500 exemplares do rigoroso e documentado libro, titulado Percorridos polo patrimonio cultural da vila de Gondomar, de 496 páxinas e editado en galego e castelán –a abrupta expulsión do goberno, impediu terminar a tradución ao inglés–, que continúa tirado nas dependencias, agora desertas, da Concellería de Turismo, no edificio do CDL. Para aquelas persoas que queiran coñecer o contido deste libro missing, aconsellamos que pulsen a seguinte ligazón: https://concellodegondomar.gal/es/rutas-polo-patrimonio-cultural

As 6 rutas publicadas en Wikiloc: unha boa ferramenta para poñer en valor o que temos en Gondomar.

A pesares de que so están accesibles na web 6 rutas que se subiron cando Manifesto Miñor rexía esta concellaría, téñense rexistradas 139 000 entradas dende agosto de 2017. Sen ter publicado as 30 rutas lost que xa quedaron listas antes da saída do goberno, podemos saber que máis de 30 000 usuarios e usuarias de todo o Estado, entraron e tiveron curiosidade nas rutas do noso concello. EEUU, Portugal, Francia, Corea do Sur, Brasil ou Alemaña, seguen, por esta orde, no ranking de entradas. As tres máis consultadas son a panorámica polo Alto da Paraguda en Peiteiros, a ruta do muíños de Couso e a ruta das Ánimas.

Por último, a que se pode acceder con este Link http://turismo.concellodegondomar.gal/, estaba publicada en galego, inglés, francés, castelán e catalán. Está aplicación deixouse lista tamén en portugués, pero o novo concelleiro de Turismo, o señor Chamorro, nin sequera subiu a tradución feita no idioma do país veciño. Xa que logo, só poderán verse as 6 versións que xa estaban operativas en novembro, antes da expulsión. Nesta aplicación teñen entrado máis de 7 000 persoas.

O cardiograma que reflicte os latidos da concellería de Turismo leva plano tres meses.

Gondomar require de todas as mans, de todas as achegas, de todos os recursos que traballen na dinamización da súa actividade cultural, económica, turística. Dilapidar recursos non é síntoma dunha boa xestión.

Gondomar, 14 de febreiro de 2019

Xosé Antón Araúxo Rodríguez.
Concelleiro de Manifesto Miñor
Comentarios (0) - Categoría: Febreiro 2019 - Publicado o 28-02-2019 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal