Morgadans


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadans
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadans,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

¡A CULTURA MUDOU ¡ ¿ESCOLAS ou CENTROS CULTURAIS?
¿Os meniños donde están?
¡A CULTURA MUDOU ¡ ¿ESCOLAS ou CENTROS CULTURAIS?

No mes outubro do ano 2008,pleno do día 25 , tomouse unha decisión curiosa,desafectar a Escola de Prado e convertila nun Centro Cultural.

¡…..UNHA TABERNA MAIS…..!.

Bon eu non digo iso, só quero indicar que o troco e moi dubidoso.

Até ese momento e por decisión dos nosos antergos,eso foi o que foi sempre a escola unitaria chamada tamén Centro Rural Agrupado,pero no curso escolar que andamos non se xuntou o número mínimo de nenos para mantela aberta, xa que a Consellería de Educación pede un número mínimo de nenos, cinco ,para ser rendibel.
¡Agora me entero que a educación ten que ser rendibel económicamente ¡ pero continue siga ¡.
Pois o dito non vin a ninguén facer unha manifestación ou convocar a os veciños para que tal escola non se pechara,deron por feito que tal escola había que pechala, a pesares de que o asunto xa se sabía moito atrais..

Eso sí o Oráculo local foi correndo a intenta mobilizar a os pais para que o Concello pagara o táxi, e ,os meniños que quedaban, baixaran as escolas de abaixo, como así o fan todos os días,o certo foi que o Arauxo, efectivamente paga o taxi como non podería ser menos e os meniños son recollidos e levados.

O Oráculo local foi decindo despois que houbo que presionar ao concello para que pagaran o taxi, que senón en todo caso a Entidade os pagaría pero eles non se quedaban sen transporte ¡¡¡!!!.

Pois cada vez entendo menos.

O asunto foi que no pleno en cuestión, aprobou a proposta,coa oposición frontal neste ponto do Vogal do BNG,que dixo que debía manterse para usos educativos, en concreto a Escola de Canteiría,como unha escola de emprego.

Que quere decir con Escola de Canteiría,pois moi simple, primeiro, que a escola este ano non ten nenos pero non quere decir que o próuximo ano non os teña, co cal pódese retomar o uso inicial e polo tanto seguir apostando polo uso continuado para este fin,a escola e de uso diario, e resulta moi difícil o montalas cando non has hai.

Pero e que ademais,incluso pensando que os meniños non foran consumidores da escola porque non os hai, si poderíamos facer que os xóves,en idade laboral, foran consumidores de cultura profesionalizante e vencellada e integrada ao entorno.
¿Sabias que hai Concellos, repito concellos, con menos tradición e vinculación a pedra que Morgadans e en concreto Prado?, e que dispoñen das súas Escolas de Canteiría,que son escolas subvencionadas,totalmente gratuitas,profesionais, permanentes,e que permiten a inserción laboral dos que estudan nelas, e por outro lado sería un medio de facer colaborar as empresas de canteiría neste proxecto-dignificalas socialmente un pouco-, que de momento o único que fan e quitar pedra.

Pías nada machiño. ¡ Non colleron nada disto ¡ , a escola vai como vai e o centro cultural imolo ver.

¡Ah!. Vexo que vostede non quere falar da política de “centros culturais en Morgadans”, xa vexo vostede e dos que pensa que hai moitos ,de que se fomenta a división tradicional entre os de arriba ,Vilas e Prado e os de abaixo San Roque e Gonda e de que con un só sobraba.
Bon iso dilo ti ,pero moi descamiñado non andas.

Mira pensa niso, unha das funcions precisamente das escolas son eso, PRESTAR SERVIZOS EXTERNALIZADOS a comunidade, para charlas, reunions,exposicións,eventos, e calquer actividade cívica ou política, que se tercie entre elas as culturais, señan eventuais ou semi-permanentes,pero,pero,pero, o contrario e MOI difícil, porque un centro cultural, salvo nun momento puntual NON se pode convertir en escola, porque a normativa ten unhas eisixencias MOITO maiores para os centros educativos, ¡pilláchelo!.

A propósito vou a contarche unha cousa,sabes que a Diputación deu 2500 euros para o “premio anual de poesía Victoriano Taibo”, sí ,pois SI.

Pero entón teño que preguntarlle unha cousa,se o tal premio xa estaba pagado pola Entidade, ¿Qué vai a facer a entidade con esos 2500 euros?.

Boa pregunta Luis vexo que vas aprendendo lixeiriño,iso deixámolo para o seguinte artigo, non perdas conta.

Bon ,o tema e ir metendo patacas quentes por donde se poida,porque si ven había un acordo do Concello, na etapa de Carlos Silva para facer un centro Cultural en Prado,cando todo era verde para o PP,o certo é que nin estaba orzamentado nen había diñeiro para elo, e ademais con Gondomar sen plan urbanístico, vai quedar todo como unha bolerca,pero estes aprendices de meigos tiran para adiante a routadas.

Veremolo mais adiante cando todo esto nos pase factura.

¡Non polo que lle vexo a vostede na cara ,dame o fío do lombo que seguramente alguén anda apañando que lles poñan o seus nomes como promotores ao centro cultural.!
http://www.xornal.com/article.php?sid=20061024095219
Carlos Negro gañou......
Comentarios (1) - Categoría: Entidade Local Menor de Morgadans - Publicado o 12-02-2009 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal