Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe e San Froilán.Día da implantación da República Portuguesa.
Hoxe e San Froilán.Día da implantación da República Portuguesa.


Efectivamente o día cinco de outubro e o día grande festivo por excelencia do Lugo dos meus ancestros,reunions familiares,cocido,contactos,proxectos de futuro, acontecimentos pasados etc.imposible faltar a celebración.

Mas hoxe ven a miña cabeza a mais, outra cousa, outro cinco de outubro do ano 1910,onde o pobo portugués co apoio unha vez mais do exército,deitou fora ao derradeiro representante do rexímen caduco e a todas as malfeituras que el representaba,Manuel II foi embora ,banido para sempre.


Nese ponto a mudanza de sistema non foi fácil de primeiras,e o Portugal republicano ainda tivo que lidar cos de dentro e os de fora,sobre todos a efectos de recoñecimento da república,o papel do Vaticano,non foi alleo a poñer paus nas rodas a todo elo,pensese na función primordial que tivo en Portugal e no pobo portugués ata ainda ben pouco alguén me dixo que tiveron que inventar aparicions en Fátima en 1917 para travar a república,…en fin contos dos meus avós,e das miñas avós.

O que está claro que a cousa non foi pior coa república do que era coa monarquía,ao menos en canto ao número de mantidos –toda a familia real portuguesa-.


Mañan hai outro evento importante, as eleiccions parlamentares a Asamblea da República,onde os pronósticos mais ou menos interesados dan como gañador por pontos ao Partido Socialista,PS,ainda que precisaría para gobernar apoios mínimos .

Aquí o Antonio Costa actual primeiro ministro en funcions, tería que repetir posiblemente un pacto ,falase novamente do Bloco de Esquerda ou os comunistas CDU,ou incluso menos,o que foi chamado gobernó da “gerigonça”,(changada,chapuza,malfeito,escangallado….),que por certo un tal Pedro Sanchez quería copiar na España,pero claro imposible ,isto e unha monarquía,e non tivo un 25 de abril,en fin.(Mañan día seis de outubro de 2019, as 12 da noite contolles o resultado).

Seguindo nesta liña,e na desinformación,ou información interesada,xa temos rulando polos medios,os posibeis resultados eleitorais de novembro,que deixarían sen representación nacionalista propia a Galicia,se non o remediamos os propios galegos,e mais do mesmo,monarquía,centralismo,recibo da luz mais caro,lingua galega baixo mínimos, …..saúde a todos.

Comentarios (1) - Categoría: Outubro 2019 - Publicado o 05-10-2019 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal