Morgadans


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadans
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadans,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

HAI QUE PARALOS !
Hai que paralosBen prezados todos/as:
Hai xa moito tempo que nos coñecemos por distintos motivos e mantemos na nosa vida diaria,opinions e actuacions as veces diferentes e desde logo cada quen fai o que lle peta na súa conducta diaria.

Agora me temo que non estamos perante unha situación deste orden,donde cada quen pode facer o que quiser,o domingo 21 podemos mudar moito de querermos.

Como moi ben sabes o meu contacto diario coa realidade me permite ter un coñecimento moi polo miudo en tempo real da situación que sofrimos TODOS.

Vivimos moito pior que o ano pasado,e que hai dous anos ou tres,en xeral todos e cada quen,como cidadans,como pequenos empresarios,como traballadores, como estudantes,como pensionistas,como doentes,como desempregados.

Excuso decirte en que termos, porque posiblemente a estas alturas non poidas leer este correio porque non podes pagar o ADSL,ou perdeches a túa vivenda.

Os fracasos nos recortes na politica económica,sanitaria,educativa,lingüística,financieira,social,administrativa,non son por acaso,obedecen a un plano ideolóxico-político,cuio fin e sistemáticamente reducir o noso papel de galegos a EMIGRAR ou sobreviver de un xeito subordinado.

Esta situación,dende os poderes fácticos é desvirtuada,manipulada,pervertida,deturpada,non facendo ver a orixe da situación e falsas solucions donde non as hai.

O que mais grave,asistimos a un intento moi forte de reducción dos dereitos como cidadans,baixo o pretexto de que a orde pública está por riba de tudo.-A orde pública económica tamén?.

Irlanda,Grecia,Portugal,están peor que cando se lles impuxeron as medidas restrictivas,crees que realmente España, vai a ser diferente?.Pola contra mira o que aconteceu con Islandia,un exemplo que se agocha deliberadamente,que foi capaz de procesar a os causantes da súa desfeita despois de un referendo.

Os medios de comunicación,como auténticos “pesebristas”,dos poderes non democráticos,plantean unha alternativa de :”mais do mesmo”,e en parte dos cidadans está asentada a cultura de que os políticos e a política son todos iguais,nada mais lonxe da realidade.

Eu atrevome a decir que coñezo bastantes mais persoas de un centenar que poden facer esa función honestamente, sen meter a man na caixa de ningún xeito.

A ti achegote este comentario porque pensamos o mesmo, que as PERSOAS SOMOS UN FIN DE CALQUER POLITICA NON SOMOS O MEDIO.

Cando estou a escreber este artigo, abro a xanela orientada ao sul, e chegoume,chuva, ar fesco e o son dunha voz que nos seus altoparlantes pedía desde unha perspectiva reduccionista pero desafortunadamente a mais importante o voto galego e en galego en pé de igualdade, sen complexos, para a coalición electoral Alternativa Galega de Esquerdas,estarás mudandote a ti mesmo.

TEMOLOS QUE PARAR ¡!!

Penso que imos ter razón.

Morgadans 19 de outubro do 2012.

Comentarios (0) - Categoría: Outubro 2012 - Publicado o 19-10-2012 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal