 A vida e curta demais.....
Efectivamente,por iso non podemos deixar as cousas acontecer de por sí.
Neste mes de agosto foi intenso de actividades tendentes a manter acesa a luz da memoria historica na Galiza,e lembrar os actos vandálicos, cometidos polos golpistas noutra hora, embora diso non fiquemos libres de que non se repita;mans e mentes non faltan e non teñen vergoña de publicitalo,menos mal que as pasadas eleicions xerais deron un respiro a democracia en xeral.
Como mostra están os actos de Portocelo ao pe do monumento ergueito por esta causa, ou de Vilagarcía, ou tamén os de Cangas,non foron os únicos en toda Galiza,o que si noto en falla e unha certa presenza institucional.....nalguns casos.
Alén diso hai outros aspectos pendentes,que están iniciados en curso,e que esperemos que pola loita dos cidadans non vaian a mais.
Refirome a ubicación da antena de telefonía por Moviestar en Campo Grande de Vilas-deuselle un emplazamento alternativo a compañia telefónica,moito mellor que o inicial-.
E tamén en Morgadans,na extrema con Chenlo-ambalas dúas entidades locais menores, o uso do glifosato,pola Xunta de Galicia para a eliminación de gromos de eucalitos,esquecendo,iñorando o uso mecánico para esta labor como se fixo sempre,o problema,ten mais fondo que isto e iremolo debullando polo miudo.
Mais a estrela dos aconteceres do mes de agosto,foi a subida descomunal,desproporcionada,nunca vista dos artigos de alimentación e similares,en troques das cifras oficiais do 5,5% de inflación acumulada “que non se reflicte no cabaz de compra...sic.”.
O tema e palmario,evidente,non necesita demostración calquera que for o método utilizado para comprobalo,tenda,supermercado,mercadiños ambulantes etc.non quero sacar aquí anedotas persoais ilustrativas.
Posibelmente poidamos pagalos prezos que nos piden hoxe,mas hai setores sociais –pensionistas e xubilados de todo orden,parados,por exemplo-que non van a poder soportalo, ........aumento da pobreza.
Por último unha consecuencia mais o ABANDONO,de animais de estimación,que neste mes de agosto chegan a cifras astronómicas,unha parte por falla de conciencia social,por outra o non poder facer fronte a distintos gastos veterinarios,e porque estes animaliños teñen o vicio de comer todolos días,e todos sabemos o que custa a alimentación,hoxe e moi difícil conseguir proteína barata por menos de un euro o Kg.
Vaia desde aquí o meu recoñecimento AO VOLUNTARIADO destas organizacions das distintas organizacions,nomeadamente,Bai sen pulgas,Gatos de todos, Mimos e ternuras, etc.etc. etc.
(A foto e de Bai sen pulgas). |