Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

¿ Morgadans ou Morghadanes ?
Blogue da lingua
17 DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS EN MORGADANS.


Xa dixemos que o blogue era para dar unha visión dos aconteceres de Morgadans.

Morgadans ainda que noutros aspectos puidera parecer o contrario está conectada ao mundo,-eu sempre digo o mesmo para min o orden de importancia xeográfica é Morgadans,Paris,Washington,por esa orden non movo nen un só ponto-.

Pois ben como toda a galeguidade, o primeiro acontecer que nos salta a vista con todo isto e que,hoxe 17 de maio do ano 2008 no día das Letras Galegas,é entre outras cousas o nome,Morgadans;e moi rico en nomes,semella que fora bautizado por distintos padres,daquela os distintos apelativos.

Morgadans, e as putativas de , ?Morghadans?,Morghadanes e Morgadanes segundo cae,por certo con certo uso, a distintos níveis.

Si así de claro, non vaiamos moi lonxe de esas cousas,pois se collemos o carimbo da Entidade Local Menor,podemos ver a diglosía nestes nomes. (Ollo Xabarda non te metas hoxe nese terreo,pois calquera lles dí que hai que tirar ao lixo o carimbo e mandar facer un novo co nome correcto ?Morgadans?,¡ que 10 euros mellor invertidos ¡).

Se ollamos para alguns carteis das comisions de festas pegadas polos paus da lus,e nos lugares de costume, e das paradas do bus,escritos oficiais etc. vemos que escapaselles o putativo a mínima de cambio.

O certo e que desde o Decreto 299/1997, de 23 de octubre, polo que se dispoñen os nomes oficiais das parroquias pertenecientes ao Concello de Gondomar,a cousa parece claro,Morgadans.

¡Que iluso eres Xabarda! Pero se as normas están para non se cumplir home incluso as do galego.

Bon que polo menos hoxe seña para lembrarnos a todos o moito que hai que facer ainda, e sobre todo o valeiro de contido que está ainda o dereito colectivo dos galegos fronte a unha suposta "libertade" de elexir as linguas.

No aspecto literario isto para reflexionar,leino hai só 38 anos e non se me esqueceu.

"Cando cheguei a miña terra
leveime gran desilusión....

E os mesus ollos choraron
coma choraban as froles tamén

Pois na lingua que elas falaban
non lles falaba NINGUEN

Eu."


Comentarios (3) - Categoría: Maio 2008 - Publicado o 16-05-2008 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Morghadáns con gheada non é o mesmo caso que#blgtk08# o topónimo deturpado Morgadanes, non cres?
Comentario por Roi (16-05-2008 01:17)
2 Certo Roi ,así é ,emporiso figura "Morghadans",para facer un certo disti#blgtk08#ngo,mais non queriamos entrar de fondo agora nese asunto, e si no feito.
Comentario por Sapo (16-05-2008 15:45)
3 Moi bonita a poesia, si señor!#blgtk08#

Saúde Xabarda.
Comentario por Chínfano (06-06-2008 00:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0