Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns |
|
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!
Inicio do reloxio
Calendario
data-config="{'skin':'skins/wikfull/funkyBlue/skin.css','volume':50,'autoplay':true,'shuffle':false,'repeat':1,'showcomment':false,'marqueetexton':true,'placement':'bottom','showplaylist':false,'playlist':[{'title':'Canci%C3%B3n%20do%20piloto','url':'http%3A%2F%2Fwww.sovmusic.ru%2Fm%2Fletnaya2.mp3'},{'title':'Canci%C3%B3n%20do%20piloto','url':'http%3A%2F%2Fwww.sovmusic.ru%2Fm32%2Fletnaya2.mp3'},{'title':'(SAMPLE)%20Canon%20in%20D%20-%20Pachelbel','url':'http%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DMK6heUdRr-E'}]}" >
Visitante

|
|

|
A subela do Xabarda |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Non hai engrudo que o fixe.... |
|

Non hai engrudo que o fixe....
Cando unha persoa morre,sempre deixa algún tipo de herdanza,a material que todos coñecemos e a inmaterial propia do ser e viver a súa vida.
No material xa sabemos os herdeiros apañanse con ela cando é sustanciosa e positiva,regueifas entre eles incluídas,as veces cando a herdanza non e de contía non a queren,a abandonan,a favor das finanzas,isto e así.
Do inmaterial hai muito a falar,no caso galego vale a pena comentar da lingua,xa que estamos en tempora de difuntos.
Se formos nesta data-e outras- polos nosos cemiterios,en particular no de Morgadans,e, botarmos unha olladela as lápidas dos que alí repousan percebemos que a INMENSA maioría está escrita nunha lingua totalmente extraña a os defuntos que alí repousan "ad eternam".
So sete lápidas dese cemiterio rezan en LINGUA GALEGA,dos sete coñecín persoalmente a seis dos moradores,e me consta por notoriedade,que a súa lingua de común era o galego.
Dito doutro xeito claro, os seus herdeiros NON aceitaron a herdanza inmaterial -lingua galega- que o seu causante lles deixou,e dicer transmiron para o futuro un ben que non era nen é de seu,unha lingua extraña.
Por tanto hai que dicer en termos de explicación -non de culpa- ,que os herdeiros "refugan" desa lingua galega,motivacions non as sei.
Como unir os factos da vida coa lembranza despois da morte ?....penso que non hai engrudo que fixe isto.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|