Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que fala galego…..¡Porque pensa en galego…!
Que fala galego…..¡Porque pensa en galego…!



A resultas da decisión político-comercial de pechar Alcoa,viume a mente a cualidade dos empresarios que temos nesta Galiza de hoxe,salvando a magnitude de escala;emporiso viume moi oportuno o artigo do meu amigo e Irmandiño da Irmandade Xurídica Galega,coetáneo ,Xosé González,na prensa de hoxe,01 xuño 2020,que reproduzo íntegramente sen movimentar unha vírgula.


Porén hoxe e con este home Enrique Peinador,o de Alcoa non acontecería,ahí vai.


Peinador, un empresario de pensamento galego,
o 20 de xuño de 1940 morría en Vigo Enrique Peinador Lines despois de serlles embargados o Balneario de Mondariz e a embotelladora das augas. A sublevación militar pasáballe factura a quen apoiara a candidatura do Frente Popular desde a rexa militancia no Partido Galeguista.


O fusilamento do seu fillo dous meses antes, Enrique Peinador Porrúa, fiscal en Madrid e activo combatente das Milicias galegas puido ser a causa determinante do seu falecemento.

Porque deica entón gozara de boa saúde. O seu entusiasmo foi tal que mantivera reunións con outros compañeiros para reconstruir o Partido Galeguista na clandestinidade.

A lembranza deste 80º cabodano é un pretexto para afirmarmos que Enrique Peinador Lines foi o precursor da Responsabilidade Social Empresarial na Galicia do seu tempo; que foi un empresario sobranceiro que puxo ao servizo da institucións e da cultura galega unha boa parte das súas rendas patrimoniais.


En 1929 a familia Peinador outorga documento de doazón ao Estado dun terreo destinado a xardín e edificio en construción denominado Gándara ou Carregal de 2.250 m². valorado en 900.000 pesetas, para instalar, coa dirección da Universidade de Santiago de Compostela, un Instituto de Fisioterapia, Colexio Maior e Residencia de verán, de médicos e estudantes (mesmo estranxeiros) para ampliación de estudos relacionados coas devanditas disciplinas, e instalar ali liceos e gabinetes científicos “que os organizadores directivos acorden”.

A Real orde ministerial aceptando a doazón calificouna “como un acto altruista e patriótico, que é merecente da gratitude do Estado e coñecemento público”.

O citado Sanatorio/Instituto de Hidroterapia, inconcluso, deseñado por Palacios, estaba previsto que funcionase coa mellor das tecnoloxías médicas.
Tiña o obxecto de centrarse na cura ou alivio de enfermidades artriticas. Pretendíase darlle uso como escola sanitaria e tamén albergaba varias salas de reunións para congresos, espazos específicos para laboratorios e un museo que, pretendidamente, estaba destinado a ser o Museo de Historia Natural de Galicia. O proxecto era o resultado das actividades científicas que se viñeran realizando no Balneario coma fora o Congreso de Oncoloxía organizado polo catedrático da Universidade de Santiago Roberto Nóvoa Santos.

O profesor Ricardo Gurriarán Rodríguez, o seu biógrafo, (“Enrique Peinador Lines e Mondariz. Empresa,Turismo e País”, que se pode descargar en www.galeguizargalicia.gal), dá conta doutro proxecto: construír unha chamada Casa de América en Mondariz que servise de “centro á comunicación constante entre os habitantes da rexión pontevedresa e os milleiros de amigos e consocios que viven na Argentina, en México, Chile, Uruguay, Cuba e nos Estados Unidos do Norte”.

O Balneario contou con servizos modélicos como un Instituto de Nutrición situado no edificio da Baranda, con gabinetes nos que había raios X, laboratorios de análises e consultorios, dirixido polo doutor José García-Blanco, xenro de Enrique Peinador Lines.

Durante máis de cincuenta anos ocultouse a súa memoria ata que o Foro E. Peinador foi no seu rescate, tendo como aliado a José Antonio Lorenzo, alcalde do Concello.

O galeguismo da posguerra e os estudosos da economía galega ignorárono tamén, con algunha excepción.
A maioría do nacionalistas, centrados unicamente na reivindicación literaria, descontextualizaron a un personaxe clave do galeguismo do primeiro terzo do século XX.
O seu mecenado foi intenso e extenso, xeneroso e proactivo: Real Academia Galega, Seminario de Estudos Galegos, a revista Nós e outras iniciativas do tempo foron as grandes beneficiadas do seu filantrópico patriotismo.

Vidales Tomé ao caricaturizalo cunha monteira definíuno perfectamente cun pé que di: “ENRIQUE PEINADOR. Que fala galego porque...pensa en galego!.


Caricatura e ilustración de Enrique Peinador de Vidales Tomé.
Comentarios (1) - Categoría: Xuño 2020 - Publicado o 01-06-2020 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Parabéns, moi inte#blgtk08#resante o artigo !
Comentario por Critico (01-06-2020 18:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal