Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Galego,A Mulata,e o Negro
O GALEGO A MULATA E O PRETO.

Moitos foron os aconteceres,que dun xeito ou doutro afectaron neste mes a Morgadans.

Imos deixar de un lado a critica a Entidade Local Menor,por aquilo dos cen días de goberno,ainda que feitos criticabeis non faltan.


Doutra banda como acontecimento local,están os estragos do temporal,para algúns tormenta-que non furacán-Gloria,que fixo en Morgadans,entre eles a voadura e desabamento de unas paredes da vella casa que foi a sede do Concello de Morgadans.

Por desleixo duns e doutros ficou en abandono por anos nos sucesivos gobernos da Entidade e do Concello de Gondomar,a pesares da infinidade de multiusos que podería ter unha vez acondicionada.


Porén teño que sinalar a 5ª mostra de teatro afeccionado do Val MIñor e Oia,que comezou o sábado 11 de xaneiro no auditorio Luis Tobío,e remata o domingo 9 de febreiro do 2020,como preparatorio das festas do carnaval.


Na estreia estivo o noso grupo afeccionado local BERTORELLA,coa comedia “O GALEGO ,A MULATA e O NEGRO “,do finado Gustavo Pernas Cora.

Non teño mais que reflectir os meus parabens,a todos e cada un dos actores ,participantes e director :Luis Carballo Moure.

Residenciada tal obra na Cuba,pre independiente,do século dezanove,extendida en tres actos até xusto antes da II Grande Guerra,onde xunto coas arelas independentistas e individuais dos actores ,reflictese a situación cubana de unha auténtica casa de putas dos norteamericanos-a decir dos propios revolucionarios con posterioridade-.

Lamento que non fora grabada a obra –ou non me consta segundo puide ollar-dado que a asistencia ainda sendo interesante non foi masiva pola xente de Morgadans,un día falarei da miña percepción sobre isto.


Outros aspectos mais dramáticos de Morgadans os deixo para un próximo artigo,refirome as cartas conminatorias que están recibindo da APLU,alguns dos veciños,relativas ao cumplimento das coimas e sancions por teren construido as súas vivendas ao desamparo dun Plano de Urbanismo inexistente,e a deixadez do actual goberno municipal,en poñer en valor os traballos feitos na delimitación de núcleos;parece que só lles preocupaba ocupar a cadeira de mando.

Ego dixit.



Comentarios (0) - Categoría: Xaneiro 2020 - Publicado o 31-01-2020 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal