Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Se ven un de Madrí non podes falarlle galego !
Se ven un de Madrí non podes falarlle galego !.

Son cousas curiosas da vida,como anécdota, asistin o pasado 28 de abril do ano 2019,as dúas mesas de votacions existentes en Morgadans,a escolas de Guillufe a e escola de Prado;puiden constatar unha vez mais como os tres membros de ambalas dúas mesas, dirixironse en todo momento a os votantes en castelán,sobre o momento das votacions,non houbo nen un só caso en que fora utilizada o galego.

O curioso do caso e que todos e cada quen das mesas falan perfectamente o galego, como me foi demostrado despois,con toda naturalidade,o mais curioso,e salvo excepcions os votantes son galego falantes-nominalmente-.

De algún xeito podo conferir que sigue habendo a disociación entre determinados tipos de actos,e o propio o normal o material,a lingua propia.

E por parte dos ocupantes transitorios da mesa,perderon a oportunidade histórica de demostrar que no momento en que ocupaban funcions públicas,non puideron ou non souberon usar esa pòsición, para darlle a normalidade ao que é normal o uso sen problemas da lingua propia.

Comentado este tema en plano distendido a un parroquián,decía ,e que a min dixeronme na escola que si ven un de Madrí hai que falarlle en español,e alén diso o galego non se pode impor.... (-menuda memoria-).

Non fun capaz de tiralo desa posición,non hai peor xordo que o que non quere ouvir.

Como día on bon amigo e veciño da nenez,temos que ter "medodoloxía",para sermos quen de mudar esta situación.

Como sempre se falas o galego tes todos os problemas do mundo....se falas español.....

O día 17 de maio dia das letras galegas,para muitos de nos ten unha formulación reivindicativa,asistirei a manifestación mais próuxima, embora estarmos en campaña eleitoral
.
Comentarios (0) - Categoría: Maio 2019 - Publicado o 14-05-2019 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal