Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De Fazais e Moinantes
De fazais e moinantes .-Sanidade birlada.

Chegados no mes de decembro de todos os anos,adoitase facer un reconto mais ou menos comentados ou interesados dos acontecimentos de toda orde no ano que remata,eu non vou a agardar a mañan,porque o 31 merece outro tratamento,así agora entre ven e vou o fago.

Non podo lembrar todos os acontecimentos do ano,porque a miña mente pluridiversa quedaría bloqueiada, como os computadores cando están sobrecarregados,comentarei algún,e de xeito inmediato.

Lembrar só que o día 27 de decembro en Vigo,fixemos una manifestacións das que ficarán na memoria por moito tempo pola Defensa da Sanidade pública galega,eu que cheguei un bocadiño tarde por mor do tránsito,e problemas de aparcamento do meu carro,puiden comprobar de primeira mán como alí estaba presente todo Morgadans,eran tantos que non me lembro de ningún deles,vaia memoria a miña….!

Unha colega polo guassap preguntaba con inocencia ¿Hai alguén ahí?,eu reinme a cachón entre todo aquel barullo de consignas,unha de tantas notas cómicas.

Embora isto fora así o apoio foi total, de todas as persoas e organizacions que sumando as súas motivacions persoais,ou grupais, fan un enorme elenco de denuncia pública da degradación crecente da sanidade galega,onde claramente e sen “tapujos”,notase una transferencia do público ao privado sen rubor,a calada,pero con efectos demoledores,do grupo capitaneado por Feijoo e o seu faz-totum nesta materia o Ex de Baiona,agora conselleiro Almuiña.(https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/12/27/directo--manifestacion-vigo-defensa/2023741.html)

Denominar esta operación de luva branca (guante branco para os menos “avezados”),sería moi benévolo, e trouxome a cabeza a actuación dos Fazais,moi coñecidos en Lugo de onde esta palabra e orixinaria,e moinantes do portugués,coñecidos, carteiristas,trileros,xente cuio oficio e beneficio e birlar a carteira ou o que for na muralla de Lugo,segundo tiven coñecimento de primeira man na miña nenez,na Taberna de Pepe o Xabarda,no paso a nivel antes da Fervedoira,quen alén de coñecer a moitos deles,tiña a actividade e habilidade de preparar unha carne o caldeiro,ou tripas con cachelos,ou polvo a feira,con un bo queixo e regado con excelente viño do país ou magnifica sidra de barril das que hoxe non hai.

Pois ben voltando a recordación da manifestación,e da vontade alí expresada,non deixo de pensar en todos aqueles comentarios,e sinsabores de todos e cada quen cando acudimos a sanidade galega e saímos fustrados INDIVIDUALMENTE,cando nos atopamos con un sinsentido froito da política privatizadora e de recortes do PARTIDO POPULAR,con nomes e apelidos.

Teño que darlle este ar cómico, porque a fin de contas non quero cabrearme e ficar zangado ao final do ano.

Felices Festas a todos por unha sanidade mellor,a seguir sumando individualidades,muitos poucos fan un muito como decía a miña avó.
Comentarios (0) - Categoría: Decembro 2018 - Publicado o 30-12-2018 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal