Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os 25 de abril en Morgadans
Unha vez mais chegamos a esta importantísima data para todos nós,tal cal foi o 25 de abril en Portugal,mais aló dos resultados concretos que cada quen tiramos daquel proceso,concorde cas nosas ideias.

Os militares que comandaron o proceso,que alguns deles ainda pasados,ficarán na nosa memoria,e o povo portugués xa farto daquela situación ,social e colonial decidiron dar novo rumo ao país sen navegar a ré.

Fraco favor faríamos a esta lembranza,senón tentaramos aplicar este espíritu os momentos actuáis e a nosa situación, a vontade de cambio e que o povo e quen mais ordena non pode ser esquecida nen deturpada.Neste ponto sinalar que salvando as diferencias Morgadans e como Grándola pero claro non ten "Azinheira".

Gondomar e todo Morgadans,e as persoas que o representan teñen una débeda histórica co Barrio da Pedra ,tal cal é a construcción do saneamento.As bases estaban postas desde o goberno bipartito en Gondomar,ao que una infausta e corrupta moción de censura chumbou.

A oportunidade presentouse der un xeito definitivo con Plano Concellos 2018 da Diputación de Pontevedra,alí o Concelleiro de Urbanismo,sendo consciente desta situación, e renunciando a muitos outros proxectos,meteu por fin o proxecto de saneamento do barrio da Pedra, con todos os pronunciamentos favorabeis.

Embora isto fora así,o actual Alcalde-do que a estas alturas este cárrego quedalle comprido-non só non presentou este proxecto,senón que de un xeito agochado-torticero dise en español-presentou os seus proxectos persoais,alguns deles mais que de dubidosa necesidade.

Non contento con elo a traveso da prensa mentiu descarada e públicamengte a cidadanía de Gondomar e de Morgadans,indicando que o plano indicado estaba co ive do 16%,e non co IVE actual ¿?????.Pero claro onde rezan papeis o resto sobra,como quedou de manifesto coa proba e lectura do plano.

¿Que se pretendía con esto?,pois pura e simplesmente non meter tal proxecto e de camiño,culpabilizar ao Concelleiro de Urbanismo.

Hai outras cuestión mais de fondo en todo esto, onde queda patente que o que menos lle importa a este prócer,e o interese popular,que seña o povo o que mais ordene,para qué para iso está él,para ordenar.

Me remito ao enlace de Manifesto Miñor-entre outros-onde se pode percibir,o resto das razons que hai sobre este e outros asuntos,para o meu leal saber e entender chegame o dito.

A todo isto hai que decir que o actual goberno e vogais da Entidade Local Menor de Morgadans, ten un comportamento eufemístico de ”mutis por el forro,quentar a cadeira e nada mais.

Até a prouxima e vivamos os espíritu e data do 25 de abril.

(Vou a permitirme por neste blogue a foto que estes últimos tiraron da casa da ELMM )

http://minhor.gal/aclaracions-sobre-o-proxecto-de-saneamento-do-barrio-da-pedra-e-a-impugnacion-da-lina-1-do-plan-concello-2018/
Comentarios (0) - Categoría: 25 abril de 2018 - Publicado o 25-04-2018 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal