Morgadans


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadans
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadans,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un novo ponto "limpo" en Morgadans
Un novo ponto "Limpo" en Morgadans.

Até agora neste momento tiñamos un ponto limpo en Gondomar,o de Vincios,que como e público e notorio estaba concesionado mediante concurso público a unha empresa privada,como toda a recollida de lixo no municipio,tal concesión hai anos que está caducada a todos os efectos,embora a empresa siga prestando o servizo -esta verba venlle longa- en precario a recollida do lixo, pasando mensualmente sustanciosas facturas por elo, a un concello xa de por sí con recursos limitadísimos,e o que é peor sen control algún dos excesos de recollida,por parte da Alcaldía.

Esta e a situación de facto,a pesares diso,non todo o concello ten o mesmo nivel de recollida de lixos,en cantidade e contía,xa que alén de existir unha regulación para a recollida de lixo,residuos a depositar, lugars e xeitos e modos de facelo,o certo e que debido a incivilidade pública e manifesta o resultado deixa moito que desexar.

Pola banda de Alcaldía Paco Ferreira,do partido socialista ,responsable máximo da área,a actuación e ren,pola man do presidente da Entidade Local Menor de Morgadans,Xabier Gregores,do que me consta que pasa a diario polo local que se cita, e do mesmo corte a peor e decir nada,xa que e participante directo da recollida e veciño.

Constame asemade que ambolos dous teñen coñecimento extensivo da situación que describo,por mor das denuncias dos veciños,entre os que me atopo.

Na foto presentase a dia de hoxe un "acopio" de lixo, depositado dende hai mais de 21 dias no lugar de Batizosa en Morgadans,a vista e cheiro,de quen queira ou non queira ollalo,está mesmo ao pé da estrada Km.3 da PO 341.(Non excluio para nada os moreas de lixo de otras partes do concello).

Constame asemade que extremeiros, veciños e demais pagan relixiosamente a taxa do lixo.

Non propoño que veñan directamente o Presidente da Entidade e o Alcalde ,coa vasoura e co recolledor a limpalo, pero amigos cárrego obriga non só a sair na foto.


Saúdos e ata a próxima,voume a praia a lavar porque e moi sano,Morgadans,08 de agosto do ano 2017.
Comentarios (0) - Categoría: Agosto 2017 - Publicado o 08-08-2017 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal