Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BISPOS FRADES E OUTROS CREGOS
Francisco Carballo-FVBISPOS FRADES E OUTROS CREGOS

Tiña eu un momento de lecer bebendo unha chavena de café negro do que eu gosto,despois de “pelexarme” cunha traballadora do SERGAS do centro de saúde de Ramallosa,por distintos criterios administrativos,cando abrín a páxina de sucesos do Faro de Vigo,e lein a necrolóxica de Francisco Carballo,e o seu pasamento en Salamanca,onte.Vai tamén unha lixeirisima reprensión, para aqueles coñecidos en común que non me avisaron do evento,e tiven que sabelo de un xeito tan indigno como é a páxina de sucesos do Faro de Vigo,cousas da vida.

Pois ben dirase que ten que ver Francisco Carballo, padre paulista,con Morgadans e Xabarda;pois moito, por min e por outras persoas que secundan o seu legado.
Nado no concello de Maceda en Ourense, non sei se na parroquia de Tioira-non fago causa disto-mas en todo caso saído das raices fondas do pais,e como tantos outros daquela altura, elexiu como vocación facer servicio a sociedade desde a creenza relixiosa practicante.

Embora isto fora así,hai un aspecto terriblemente diferencial, este home fondamente culto, entendeu o seu pais,como era e como quería que fose,era galego falante consciente,transmisor da cultura do seu pais,sensible onde os que mais ca tipoloxía do noso galego,firme nas súas ideas,constante,con vocación de permanencia,humanidade,e por suposto que tería algun defecto, pero eso o deixo para os seus enemigos.

Como anedota persoal de hai moitos anos,ven a miña memoria, unha asamblea de moita xente,para tomar unha decisión comprometida que involucraba a algunha persoa e o futuro da mesma;pois ben todos votamos e puxemonos na “liña dura”, e Francisco foi o único que dixo que esa non era a pòsición correcta, e defendeuna sosiño na liña da comprensión,quedou el sosiño.(O problema e que resultou que tiña a razón),e ese exemplo caiu en terra boa e lembreirme sempre de darlle a volta as cousas dúas veces.

Francisco Carballo,e Xaime Seixas Subirats, e moitos outros alguns deles ainda vivos, dos que teño o pracer de coñecer e disfroitar do seu verbo ,erudición,exemplo e ideas sempre de futuro,son entre outros un contrapolo,fronte a esa mass media que transmiten ideas , caducas, vacías, contra o pobo e a sociedade,que os veu nacer e convivir,refugan do idioma,minusvalorizan a súa cultura ou a da súa contorna,cando non manifestan a mais fonda hostilidade contra ela.

Menudo traballo quedalle ao Francisco, este outro novo,o da birreta,o que viste de branco,agora ben unha cousa ten o seu favor, que chove darriba para abaixo, iso e bon, desexolle sorte, como a desexarían o seu homónimo Francisco Carballo, e outros que pasaron, e que pedían mudanzas na Igrexa na que eles creían.

«Sit tibi terra levis»,Padre Carballo,nos de momento seguimos co que nos toca,a miña pregunta que eu mesmo me fago e si eu faría unha simples lembranza del algún outro crego nun radio de 30 kms a redonda, Non ,Si ?,difícil o vexo, moito habería que mudar.
30 novembro 2014.
Comentarios (2) - Categoría: Novembro 2014 - Publicado o 30-11-2014 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Sen dúbida foise un Bo e Xeneroso, ademais dun mestre non máis amplo sentido da plabra, e no meu caso tamén un amigo. Nunca esquecerei as aulas de relixión de Carballo na E#blgtk08#scola de Maestria Industrial, onde por primeira vez dúcias e centos de rapaces nos anos 70 líamos a Kant, a Hegel, a Marx e sobre todo a Castelao, da man de Paco Carballo.
Comentario por Antonio Araúxo (02-12-2014 12:27)
2 Acabo de enterarme à través do correo que me trae a esta páxina do falecemento de Francisco Carballo.
Serva este comentario para que o meu persoal, sentido e humilde recoñecemento á valía da súa persoa chegue a aquelas que o estimasen.
Son mestra de ensino primario e él foi o meu profesor de historia na escola de maxisterio de Vigo. O mellor profesor de historia. Humilde, didáctico, serio... Todo un exemplo para min. Moito máis cando entonces e agora son persoa alonxada da#blgtk08#s explicacións relixiosas. Os seus apuntes seguen conmigo corenta anos despois gardados coma un tesouro. Aprecieino inmediatamente no mesmo momento en que a súa intelixente concepción do mundo e da evolución humana, entrou alumeando a miña mente adolescente, ávida de entender e aprender. Moito tempo despois acudín con moita ledicia e disfrutei da súa conversa na tertulia do Pazo da Escola.
Descanse en paz. Seguirá ocupando un espazo importante na miña memoria
.
Comentario por Montse Barciela Garrido (03-12-2014 23:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal