Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AUTOVIA ¡NON GRAZAS!
Hola Pepe, ¿ como che vai?.¿Viches a expo da asociación cultural de San Roque,menudo exitazo ?.

Bon día Xabarda,ven tirando como sempre,pois sí non a perdín, desde logo.

Atopabame eu matinando sobre como situar a Morgadans no mapa,pero penso que xa non vai facer falla,porque con esto da autopista-Integra, xa hai outros que o puxeron antes, e sobre todo como alvo de non sei que intereses,¡menuda desfeita!.Pero aguarda que ahí ven o Sr.Lugilde o da Entidade Local e co Xosé Manuel e os de Gonda, no lo van decir nun minuto.

Pois veredes a cousa e moi simple,vannos a decorar o Balcon do Val Miñor.

Achegaronnos toda a documentación da autopista que vai desde Vilaza até Couso,co ramal de Gondomar que remata en San Benito, e a nós cóllenos ahí por baixo en Xende,vamos que nos secesiona Xende de plano.Chamanlle o Vigo-Integra ¡¡¡¡¡!!!!!.

O simpático do caso non e eso,senón que con esa autopista poderemos ir a Couso, a Gondomar, a Chaín,a Peitieros,e a calquer lugar do Val Miñor, todo nun tiro de pedra,van por entradas e saídas cada 25 metros,terá ademais dous carrís bicis en cada sentido,e dous paseios de a pé para aqueles que queiran contemplar a fermosa paisaxe ,levará ademais a cada beira unha área forestal a base de carballo do pais, con salgueiros na parte baixa do recheo mais húmida,din ademais que as expropiacions para non meterse en líos xa non van ser como antes:primeiro non vai coller nen unha soia vivenda, xa todo está pensado, acordouse ademais que os prezos señan xustos e para non entrar en discusión, se pagarán todos monte e prado, como se foran metro cadrado urbán,vamos rigoroso valor de mercado.

Por outra banda preveendo o crecimento harmónico de Gondomar e en particular de Morgadans, xa van deixar unha parte específica na marxe esquerda da autopista para o futuro metro Vigo-Morgadans,pensando por suposto en todalas dificultades de transporte no futuro.

Por suposto como isto podería alterar algo o sistema de subministro de augas e demais, vai haber unha partida especial para renovar totalmente e gratuítamente todalas traídas de augas por donde pasa.

Alén diso se por un acaso a autovía chegara a ser de pagamento como a outra do Val Miñor, ¡a da beira de enfrente !,-que foi unha bendición para todos nós-, xa se pensou que esta nova seña absolutamente gratis para todolos veciños de Morgadans en particular.
¡Tocounos a lotaría mozos !
Bon está a vista que o tedes claro,vexo que se nos abre un período nada curto, de liortas ,regueifas e mais batallas, para evitar que unha vez mais mexen por nós sea quen sea.
Eu vou decir unha cousa ,así como fixeron os do BNG hai uns días na escola de Guillufe co alcalde Arauxo a cabeza,mañan 29 de xullo hai una reunión de todolos afectados dunha punta a outra ,en Gondomarno auditorio, para monta-la plataforma pola defensa dos lexitimos intereses de todos e contra a autovía,imonos ver aló e que non falte ninguén.

AUTOVIA ¡ NON GRAZAS!

Morgadans,xullo,2008.
Plataforma contra o vigo integra Morgadans
Comentarios (0) - Categoría: Autovia ¡Non Grazas ! - Publicado o 31-07-2008 05:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal