Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CORRUPCION EN MORGADANS
Olá Laureano,Bon día ¡

Bon día Sr. Xabarda!, parece que ese carballo está duro para cair!.

Certo, mais non o vou a tirar sou vou coller unas ponlas,xa que penso que non hai problema que non se arregle cunhas boas vereas de carballo.

Sospeito polo seu ton ao falar Sr. Xabarda que me vai a comentar da corrupción en Gondomar.

De corrupción si! de Gondomar sí! pero non moi lonxe de ti,mira nas túas costas e verás que penso só na Entidade Local Menor de Morgadans.

Pouco mais te podo comentar que o que xa leiches nos panfletos do BNG, que están a correr estes días por toda a parroquia,levamos ano e medio sen un pleno da Xunta Veciñal na entidade,feito que foi xa denunciado en distintas ocasions públicamente.

Hai menos dun mes fixose una homenaxe a profesora que o merecía pola súa adicación a Morgadans, pero como muitos de vos dixestedes, ese homenaxe podíase ter feito hai un ano, agora ou dentro de otro ano,parece que o que se pretendía era celebrar o festin en campaña preelectoral.. pero eso sí para iso facía falla o voto do BNG, e o coñecemento de esta xente, non vaia a ser que acusaran a presidencia da entidade de tirar o diñeiro ou de xogar cos vellos e pensionistas ¡!!

Bon Sr.Xabarda non tan vellos estaban por alí, porque eu vino a vostede con alguna xente nova.Pois claro Laureano, e tomei un vaso de viño tinto da Comisión de Festas, porque considero xusto a homenaxe,pero non a manipulación das persoas.

Pero Laureano, ese e un tema menor,como ti sabes na Entidade Local, as derradeiras contas “aprobadas”, co meu voto en contra, FORON AS DO ANO 2006, e isto fixose no ano 2008, e decir dous anos despois,as contas a todos os efectos foron as Contas do Gran Capitán.

Der orzamentos nin falar do tema, o derradeiro presentado fixose no ano 2009,e era para estar vixente NO ANO 2008, isto non hai por donde collelo.

No ano 2009, non hai orzamento, no ano 2010, non hai orzamento, no ano 2011, agora neste momento xa tiña que estar aprobado para empezar a utilizarse o primeiro de xaneiro do ano 2011.

Vamos Sr. Xabarda quereme decir vostede, que non sabe canto gaña o Presidente Sr. Urbano, quereme decir vostede que non sabe canto gaña o Secretario,quereme decir vostede que non sabe cantos son os gastos da entidade, quereme decir vostede
que non sabe porqué se gastaron 6000 euros en fotocopias,quereme decir vostede porqué os montes están relados de piñeiros e eucaliptos, a tala-rasa, quereme decir vostede que non sabe canto pagan as canteiras estean legais ou non,e quereme decir vostede segundo leín na prensa anteonte que lle ocultaron a partida de 121000 euros do desgoberno dos tránsfugas do Concello de Gondomar, que foi librada o 10 de marzo do ano 2010.

Pois sí Laureano, e ainda te quedas corto, porque non se ven obras por ningures,non sabemos “oficialmente”, donde está a excavadora que se nos endosou pola Diputación no ano 2008-xa che falarei nalgún momento deste trapicheo con todo luxo de detalles”

Eu creolle Sr. Xabarda porque me consta que e vostede o home mais informado de todo Morgadans.

Si Laureano,pero non son eu o que debo dar as explicacions de todo esto,ti dixechesme mais de una vez que noutras etapas polo menos facianse lavadoiros para Morgadans, algo se veía,pero eu so neste momento queroche facer una pregunta, se ti estiveras no Concello de Gondomar, ¿darías un pataco a estes irresponsables?.

So te podo decir que por parte da fiscalía entendeuse doadamente o problema, o resultado veremolo dentro de catro anos, una vez que transcurran todos os recursos posibles.

Por certo Laureano, pensas que este vergallo de carballo chegará ou precisarase de outro maior.?

19 de outubro do ano 2010
CORRUPCION EN MORGADANSCORRUPCION EN MORGADANS !
Comentarios (1) - Categoría: Corrupcion en Morgadans - Publicado o 21-10-2010 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTAS COS PLENOS DE MORGADANS
A seriedade do PP.
A VOLTAS COS PLENOS DE MORGADANS

Semella que está todo de pernas no ar,porque antes non se escoitaba ren e agora en dous días vai todo pola volta.

Este día atopeime con Ramón e decíame ¿ oes Xabarda? acabome de atopar co Sr. Lugilde o do Bloque na Entidade Local Menor, ía a mercalo períodico ao kioske, ¡menudo rebote levaba! , ¿e logo Ramón ?,poisque estos do PP andan a chulear os plenos na Entidade,pois si algo leín la prensa ese outro día.

Dixome unha chea de cousas que de ser certas non van a rematar ben. ¡Solta Ramón ¡ .

No pleno ordinario do mes de novembro/07 fixouse o calendario de celebración dos Plenos da entidade, e quedaron fixados ,cada dous meses no derradeiro venres de cada mes, e si este for festa o día anterior., ata aquí todo ben.Xa falaremos noutra ocasión do tema do contido deses plenos porque non teñen desperdicio.

O 28 de marzo venres tocaba pleno ordinario para tratar os asuntos que procederan, e ademais catro mocions do Bloque de maisimo interese para os veciños que xa foran presentadas en xaneiro,pois nada de nada non houbo pleno, aló non apareceu ninguén,nen tamppouco a seguinte, despois houbo unha convocatoria con tres dias de adianto, e no día seguinte foi desconvocada polo PP, a convocatoria seica non traía as mocions do Bloque, eso si metía outras cousas que non teñen desperdicio como a tala rasa dos pinos e eucaliptos Monte Galiñeiro !!! en fin que che vou decir, que ata hoxe non hai pleno nen convocatoria.

Por certo Ramón ¿que é o que dis que tiñan esas catro mocions do Bloque? Pois contoche que dende a constitución formal de esta ELM de Morgadans,con data 02 de outubro do ano 2007,non foi tratado en ningún momento o orzamento correspondente,tanto o pasado do 2007-dación de contas-como o novo 2008.

Nembargantes en termos concretos si se trataron aspectos moi parciales aillados pero con certa entidade económica,que figuran recollidos nas actas tal cal son o arqueo de toma de posesión por valor de 144.695,55 euros,e,o pagamento de tres facturas a, que viñan da Xunta Veciñal anterior, e que foron tramitadas como extraordinarias.
-Pepe excavacions , por valor de 13.838,62 euros.
-Manolo,SL por 4351,72 euros
-Concretos SL,por 4453,01 euros,que viñan da Xunta Veciñal anterior, e que foron tramitadas como extraordinarias!!!!!!.

De seguir nesta liña e obvio que estas actuacions despertan todo tipo de sospeitas diante dos veciños motivadas pola evidente falla de transparencia no manexo dos fondos públicos que TODOS estamos obrigados a respectar e administrar.

Asemade unha correcta levanza das contabilidades públicas e dos libros obrigatorios son un camiño inexcusable,por demais e en particular o LIBRO DE PATRIMONIO de esta entidade que recolla con toda claridade transparencia,e no seu orden temporal,todo tipo de propiedades públicas da Entidade Local Menor de Morgadans,explicitando con sumo detalle, todo tipo de cesións a particulares,polo motivo que seña, as servidumes que comportan, o precio ou canon que proceda,a súa duración, e demais elementos relevantes que permitan en TODO MOMENTO sen recurrir a memoria de particulares mais oiu menos interesadas, o estado das propiedades da ELM de Morgadans.

Decío o do Bloque ¡Vaia por diante que nunca vai ter a nosa aprobación e anuencia calquer tipo de cesión,que non esté baseada nestes presupostos. ¡

Por tanto se pide de este pleno da ELMM :

1ºQue se presente con carácter inmediato o ORZAMENTO do ano 2008, que habremos de entender que sería o do 2007 prorrogado ao non ter sido debatido o do ano 2008.Co detalle que proceda.

2ªA preparación inmediata das contas públicas da ELM de Morgadans, para ser cando menos examinadas no seguinte pleno da entidade,dado que esas contas haberán de ser presentadas antes do 31 de xullo do ano 2008, para a súa presentación ao organismo fiscalizador.

3ªA exposición pública para todos os veciños nos lugares de costume-cando menos-no taboleiro de edictos da entidade de estas contas para XERAL COÑECIMENTO.

Fundamentaba a moción do Bloque,no interese xeral de todos os veciños de Morgadans.-20 xaneiro 2008-

¡Ordía Ramón deixasme de pedra, entón estos ghebos traballan como a tenda da Lola !.

Mira a min con isto chégame xa pois se escoito o outro xa non durmo.

Non parece de recibo para ningún veciño,que se calquer comunidade por moi pequena que seña ten o seu sistema de contas e presupostos donde explican, como ingresan ou gastan catro pesos que teñen ao ano, como esta Entidade Local non ten orzamentos.
Pensando en alto deberían aparecer con toda claridade os ingresos da entidade,das canteiras,quen paga, canto se recolle, da venda dos eucaliptos, dos piñeiros, donde se corta como se corta, canto se cobra por elo quen e de que maneira o pagou, canto foi en facturas, para que , de qué cando, canto se gastou en coches, en comunicacions , en dietas, para que foron esas dietas, menos mal que non hai empregados e que ahí non hai gasto ningún,que desfeita.
O que está claro e que non había interese algún en facer os orzamentos nos plenos anteriores,os orzamentos hai que facelos por anos naturais,antes de que remate o ano,co que haxa.Nembargantes trataronse outros asuntos ocultando aspectos de altísimo contido económico e de grave perxuizo para a facenda pública da entidade,supoño que haberá que ver todo iso con moita calma,se e que as cousas non mudan,e esta xente non cambia o paso.

Estou matinando que mais de ún vai poñer catro “mojons” no monte e dicir que el dél, pois que como o monte está daquela maneira e non hai Libro de Patrimonio,a cousa xa está.

Menos mal que disto so sabemos Ramón e mais eu non sabe ninguen que son só os meus pensamentos.

¿Qué me contará o Ramón o proúximo día ? isto e o bo que ten Ramón que se queres manter un secreto non tes mais que decirllo.
abril 2008


(1) Jebos,ghebos,influencia do portugués,argot de Teis en Vigo,que siñifica,o mais macho,chulo,gallito,estiradiño,"chico" de la pelicula,por riba dos demais,cando un parece tonto pero ten unha saía intelixente. ^
(2) O simpatico do caso e que estes loonies nen sequera seguen as declaracions públicas do seu propio partido PP,andan a piñón fixo,da que pensar que son un couto dentro dunha finca. ^
Comentarios (1) - Categoría: Corrupcion en Morgadans - Publicado o 24-04-2008 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal