Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Conclusions da II asambleia de Montes Veciñais de Man Común
Motos de cross en Morgadans-2005

Acábome de atopar un papeliño non moi vello por certo do ano 2002, e correspondese coas conclusions da II asamblea de Montes Veciñais de man Común. 1 e 2 de xuño do 2002 en Pontevedra.E outro que ollabamos aquí o Jose Manuel fillo do Loureiro e mais Eu,sobre as rendibilidades do Motocross,-do campo de fútbol-,diso xa falaremos longo noutra ocasión.

Veredes coma realmente o tempo non pasou nada , e a rabiosa actualidade de tales conclusions,-esto vai para aqueles que ocupan postos de responsabilidade no eido que seña,público ou de outra natureza,e que non ven mais aló das súas narices-.

¿Verdade que sería aplicable todo elo a Morgadans?

¿non/si?

O problema e que non se lee ou non se participa ,ou sabese todo,así nos vai.

(Aquí adicamonos a regalar montes e poñer torretas e tolerar canteiras ilegais entre outras cousas)



I relatorio

As reformas lexislativas necesarias

Introducción
As reformas lexislativas

a) O reforzamento do concepto xermánico da propiedade veciñal

Unha lei galega de montes veciñais en man común debe basearse no concepto xermánico da propiedade veciñal. Ignorar ou denaturalizar este concepto é abrir as portas para que os montes se privaticen e para que desapareza a propiedade veciñal.

b) A personalidade xurídica

Dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica suporía abrir a porta da desaparición dos MVMC como propiedade veciñal de caracter xermánico. Cómpre dotar ós montes veciñais dunha lexislación especial mediante a cal, mantendo a súa natureza e as súas características, poidan desenvolver todas as potencialidades no ordenamento xurídico existente.

c) O papel da administración autonómica

A falta dunha verdadeira Administración que vertebre e cohesione as comunidades e mailo monte veciñal é unha constante nos tempos presentes. A Administración galega debe mellorar sensiblemente para ser máis democrática, transparente, participativa e descentralizada.

d) O concepto de veciño/a comuneiro

A veciñanza ten que ser a única esixencia legal para obter a condición de veciño/a comuneiro e as asembleas xerais das comunidades de montes deben ser os órganos decisorios cun funcionamento áxil. Esta condición non dará dereito ningun nin recoñecimento sen que medie previamente a solicitude de comuneiro aprobada en asemblea.

e) Os xurados provinciais de clasificación

É preciso que os xurados provinciais de clasificación de MVMC funcionen periodicamente en dúas sesións ordinarias anuais e que se establezcan criterios para as sesions extraordinarias. A todas as reunións deben ser convocados o representante das comunidades de montes da provincia e os dous representantes da comunidade de montes afectada en cada asunto.

f) As apropiacións de terreos veciñais en man común

Ante as vías de apropiacion que sofren os MVMC (ocupacións e expropiacións forzosas), cómpre unha reforma lexislativa que estableza criterios que permitan ás comunidades de montes defender o monte veciñal e evitar a sua eliminación fisica.

g) Os lumes forestais

A política contra incendios da Xunta de Galicia está condenada ó fracaso por incidir na extinción e escasamente na prevención. É imprescindible a creación dunha “Mesa contra o lume” formada pola Administración, as comunidades de montes e o sector agroforestal, que analice fondamente as causas dos incendios, revise a actual forestación de terras agrarias, promova a realización de planos de ordenamento dos montes e elabore un Plano Agroforestal que potencie os productos do monte como productos de calidade.

h) A fiscalidade do monte veciñal

A fiscalidade dos MVMC a través do Imposto sobre Sociedades supón na práctica a desaparición das comunidades de montes tal e como hoxe están conceptuados, que é como deberían de seguir estándoo. É precisa unha fiscalidade axeitada ó MVMC para asegurar a súa supervivencia. Mesmo cunha fiscalidade adaptada ó monte veciñal, o tipo impositivo a impor non tería a maior importancia.

i) As subvencións

Problemas de tramitación
Problemas de contido

As liñas de axudas e subvencións deben contar cunha sinxela tramitación, orzamentos axeitados, permitir un seguimento das mesmas polas comunidades de montes e sobre todo deben abranguer o desenvolvemento de todas as potencialidades dos montes veciñais.


II relatorio

As alternativas para o monte veciñal en man común

a) A producción de madeira e os aproveitamentos menores do monte

A producción de madeira (e especialmente o monocultivo de especies de crecemento rápido) non debe ser a única producción dos MVMC, senón que se deben promover outros productos. O capital forestal dos nosos montes debe ser aproveitado e rendibilizado, polo que as comunidades de montes debemos buscar fórmulas asociativas e de xestión para a comercialización da madeira e os outros productos.

b) A caza

A caza é un uso tradicional dos MVMC, polo que debe ser unha competencia das comunidades de montes. En caso de cesión dos dereitos cinexéticos ás sociedades de caza, nos convenios deben prevalecer os intereses das comunidades de montes e o seu dereito a ordenar as súas terras.

c) O aproveitamento da biomasa forestal

O aproveitamento da biomasa forestal é tamén un uso tradicional do monte veciñal. Cómpre unha política enerxética que favoreza a súa explotación sen degradar ó monte.

d) Os parques eólicos

A Administración galega debe replantexar o actual desenvolvemento da enerxía eólica mediante unha planificación racional, deixando ás comunidades de monte a decisión última sobre a instalación do parque. Cómpre que a lexislación recolla a prevalencia da utilidade pública do monte sobre as instalacións eólicas para garantir negociación xustas e impedir a expropiación forzosa.

e) O aproveitamento do gando

A situación do gando bravo nos montes veciñais, consentida e favorecida pola Xunta de Galicia, é conflictiva e insostible para as comunidades de montes. Cómpre unha normativa legal que regule o pastoreo ceibo de xeito racional e compatible cos outros usos do monte veciñal; esta normativa favorecerá a sinatura de convenios entre as comunidades de montes (ou mancomunidades) e os donos do gando, beneficiando ás dúas partes.

f) Os valores naturais. O turismo rural e natural. A Rede Natura 2000

A Rede Natura está baseada nos conceptos de sostibilidade e biodiversidade, conceptos defendidos tamén polas comunidades de montes porque son básicos para o desenvolvemento das funcións social e ecolóxica dos montes e favorece o turismo rural e natural. As comunidades de montes esiximos que o desenvolvemento da Rede Natura en Galicia non o faga a Xunta a través de decretos, senón de convenios cos propietarios dos terreos, onde se conte coa opinión e participación das comunidades de montes.

g) A función social do monte

Así pois, a función social do monte veciñal (favorecedora da convivencia entre veciños e de apoio ós máis necesitados) apréciase claramente nos costumes de uso e de xestión, e hoxe esta función mantense e mesmo se incrementou co funcionamento das comunidades de montes. As leis e normativas aplicables ós MVMC deben respectar e valorar esta función polos servicios que desenvolve e como favorecedora da cohesión social.

h) Os montes periurbanos

Os montes veciñais periurbanos sofren unha forte presión demográfica e un proceso de destrucción acelerado ante a pasividade das Administracións galega e local, e do Ministerio fiscal, amosándose no eido municipal pola catalogación urbanística branda insuficiente e porta de entrada para fraudes de lei. Debe establecerse unha normativa específica para estas terras que garanta no futuro as súas funcións social e ecolóxica e estableza mecanismos de compensación dos servicios que presta á sociedade a través de convenios, axudas e subvencións.

i) Os equipamentos públicos

A necesidade de dotar de equipamentos públicos á poboación é cuberto polas Administracións co cómodo recurso ás propiedades veciñais, o que significa a medio e longo prazo a eliminación das mesmas. Debe deterse o abuso destas actuacións, abrindo canles de negociación coas comunidades de montes que garanticen o mantemento do carácter veciñal dos terreos e establezan o correspondente canon de arrendamento.

l) A explotación de minas e canteiras

Na explotación de minas e canteiras cómpre unha actuación decidida da Xunta de Galicia que faga compatible entre a explotación mineira e o respecto á lexislación ambiental e que recoñeza os dereitos dos propietarios dos terreos.

Polo analizado neste II Relatorio as comunidades de montes debemos buscar fórmulas asociativas e de xestión, e recomendámoslle á OGCMVMC que cree as bases, os estatutos da sociedade ou ente, que ela mellor entenda, para promover a organización, produción e comercialización das múltiples riquezas do monte veciñal.


III relatorio

O monte veciñal en man común como peza para o desenvolvemento local

a) Introducción

b) Monte veciñal e desenvolvemento local

A relación do monte veciñal co desenvolvemento local debe ser integrando os usos tradicionais do monte en proxectos diversificados que compatibilicen a rendibilidade económica para fixar poboación coa observancia de políticas ambientais.

c) Criterios e función do monte veciñal como peza do desenvolvemento local

A explotación futura dos diversos aproveitamentos do monte veciñal ha de ser sostible económica e ecoloxicamente. As actuacións para o desenvolvemento local deben ter en conta os recursos existentes para non hipotecar as potencialidades do monte nin o seu disfrute polas xeracións vindeiras.

d) Eivas e condicionantes

As comunidades de montes, nos últimos 25 anos, percorreron un longo camiño de mellora do seu funcionamento, que as levou a organizarse en mancomunidades e asociarse a nivel galego. Pero aínda arrastran importantes eivas debido a condicionantes internos e externos. Cómpre mellorar a súa xestión a todos os niveis.

e) As mancomunidades de montes

Na participación do monte veciñal co desenvolvemento local será decisiva a formación e o funcionamento de mancomunidades de montes, pola súa posición intermedia entre as comunidades e a organización a nivel galego e por ser o nivel onde se poden concretar os proxectos e alternativas a levar a cabo nos MVMC a nivel local ou comarcal.




Comentarios (1) - Categoría: ¿Cousas do pasado? - Publicado o 17-02-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal