 Leio na prensa, que foi inaugurada en Vigo a nova Cidade da Xustiza,parece ser que viu un monárquico ao acto,que en principio non está mal que veña unha vez na vida e entre nesa cidade,porque de seguir os pasos do pai nunca a pisará novamente,son as desgrazas que trae esa institución por chamala de algún xeito,posiblemente a cousa tería mais normalidade se fora inaugurado polo presidente da República como e de rigor nas sociedades civilizadas-;mais isto no era obxecto deste artigo.
Varias xornadas atrais,escribía un comentario sobre a guerra que manteñen determinados actores,non pechando os ollos senón pedindo simplemente o “Iustum Bellum” a guerra xusta.
Cando pensamos na guerra imaxinamos o pior,mortes feridos ,desfeitas,por razón das balas das armas,ou dos estouridos das bombas que se tercian.
Hoxe celebran algúns a data de unha desgraza,tal cal foi a aderencia do estado español, a Otan hai 40 anos,por obra e desgraza dos auto chamados socialistas, de un oportunista político FG, e seus seguidores,a estas alturas ,o feito calificamolo de estafa sen rubor algún,leio nalguns foros síntomas de arrepentimento por ter votado a prol no referendo daquela data.
Mas hoxe non vou por ahí,non pretendo comentar como o Comediante seguindo as instruccions do Joe Hamburguesas,e inmerso nun ardor guerreiro como de unha tal M Carballos,manda a un exercito,famélico,desmotivado,sen moral,con ideoloxía fascista,a enfrentarse a unha auténtica máquina de guerra.Embora isto que puido ser evitado e así,os noticiarios que xa deixei de ver,mostran a manipulación dos feitos que revolven os estómagos mais afeitos…..
Por outra banda a guerra levase a uns extremos de apocalise,de un xeito infantil tiranse da manga,unha cheia de sancións contra o “enemigo”,que de facto voltanse impiedosas coma un boomerang,contra quen as puxo en práctica,efectos demoledores e que nos atinxen a todos,subida en todos os ordes dos PREZOS a uns extremos nunca vistos,empobrecimento da poboación,e por ende un presente,o aumento ata o 2% do PIB,en armamento desde xá,a pregunta e mais que obvia,quen está pagando esa guerra? Moito me temo que o enemigo temolo dentro-os nosos desgobernantes-.
Gostaríame facer un referendo ou inquisa en Morgadans para saber cantos estarían dispostos a coller a espingarda, e ir a pegar tiros por alí arriba,co gallo todo elo de ter unha valoración mais próxima da tolemia colectiva que nos cobre….en fin deixemolo en pagar impostos e pagar os productos mais caros para enriquecer a outros, e deixemos de farrapos e componmendas….
Maio de 2022.
|