 O ataque dos penduras.
Chegame por distintos medios outra nova aberrante e antigalega por parte da Diputación de Pontevedra,trátase do uso exclusivo da lingua española para a promoción do turismo nas Rias Baixas,con exclusión do galego;detectada esta situación e presentada a queixa oportuna, a contestación e que se tratada publicitar para un público mais heteroxéneo,????.Habrase visto que desfachatez.
Pois ben isto non era o tema deste artigo.
En Morgadans no lugar de Prado,xusto ao pé da capela ,catalogada como patrimonio,ergueuse unha edificación,con bar,sala de xogos e Televisión,todo elo polos veciños de Prado non se fixo de unha soia vez senón en tempos sucesivos.
O certo é que a APLU,como tal axencia,levantou expedente contra esa edificación,e hoxe está en fase de derribo,por muitas razons entre as citadas, e ademáis está en terreos do obispado,ao menos legalmente.
Durante a campaña electoral nas recentes municipais,caiu por alí un pendurado-paracaidista-para entendernos,acompañado dos actuáis,próceres locais da Entidade Local Menor de Morgadans,naquela altura aspirantes.
O pendurado-hoxe alcalde de Gondomar-prometeu que de chegar a Alcalde,eliminaría tal expedente administrativo-non sei como pois iso depende da Xunta de Galiza-,o certo e que o pendurado,convenceu a os ilusos pradeiros,a que o votaran,cousa que aconteceu,co resultado que todos coñecemos.
Mas “si te he visto no me acuerdo”,o asunto foi que Paco Ferreira non moveu nen un so dedo para modificar ou intentar modificar esa situación;minto,si moveu dedo para escribir e asinar a orde de derribo de tal edificación.
Enterados os crédulos e inocentes veciños presentaronse neste San Bieito 11 de xullo 2021,na praza diante do Concello e alí puxeron a cair de un burro a o pendurado alcalde Paco Ferreira.
A prensa deu boa conta deste evento.
A miña opinión e que tales demostracions non deben acabar e por no seu sitio a penduras como este.
Por parte dos veciños tampouco deberon terse deixado convencer dos cantos de sireias,os tempos mudaron ….!
Din que a verdade fainos libres….a alguns…!
nota a foto e levantada do Faro de Vigo. |