Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio


Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A depredación enerxética na Galiza.
Unha transformación nada sospeitosa do país.

Este ano a diferencia dos anteriores andei a procura de uns calendarios en galego,pois gosto de poñer a funcionar os activos patrimoniais linguisticos,como podedes imaxinar calendarios en español todos…. en galego una minoría ,como sempre,neste ponto tamén levei una desagradable sorpresa da Comisión de Festas de Santiago, de Morgadans-apareceron pola porta vendendo duas rifas da lotaría do nadal ,co recargo correspondente de un euro cada unha,facendo caso nulo no tema da lingua, e facendo gala da deturpación do nome mudando Morgadans,foron escorrentados costa abaixo,pola falla de respeito a todos-iso si as escorrentía foi en galego.

Bon o tema non era ese,senón que os calendarios que recibín e paguei,precisamente para facer uns pequenos presentes estaban en galego,e levaban una forte mensaxe de actualidade,e con una premonición con visos de realidade,en esencia NON aos parques eólicos da Serra da Groba, e do Galiñeiro.

Lembroume de inmediato a ese magnetismo de expropiación que temos en Galicia, dos voitres foráneos,eles levan todo e non deixan nada.

Lembroume de inmediato a aquello de NON XOVE NUCLEAR de outros tempos….

Como os argumentos espetados no calendario parecenme de solidez probada limitome a reproducilos polo interese que ten para toda Galiza,e para Morgadans.

https://youtu.be/WwCjCJpfZJc

A Industrialización das Serras do Val de Miñor e do Baixo Miño.

Sete parques eólicos proxectados na Serra da Groba e na Serra do Galiñeiro.

-Atentan directamene contra a biodiversidade,e os cursos de auga na Serra da Groba.

-Porque non son alternativa enerxética.Non nos liberarrán do consumos de petróleo ou gas.

-Porque NON e certo que xeneran riqueza nos concellos e comarcas afectados.

-Porque hai alternativas.

-Porque hai outras fontes de enerxía e outros modos enerxéticos,económicos e sociais.

E como estamos en época,Boa noite, no primeiro ano da pandemia.!!!! e boas festas deixamos o “Jingle bells” e o “Tannenbaum” para a outra e quedamos co enxebre,o noso carballo…..

Comentarios (0) - Categoría: Decembro 2020 ano da pandemia. - Publicado o 23-12-2020 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0