.jpg) Coronavirus,do galego,que é o que se pasa ?.
Tiña de ter escomenzado este artigo no blogue de Morgadans,con un tema de interese directísimo para esta parroquia,relativo a esperpéntica negativa do alcalde de Gondomar Paco Ferreira ,a realizar as obras de saneamento no barrio da Pedra,esperpéntico pola falla de argumentos serios relativos a tal fin;como a proposta foi de Manifesto Miñor,deixo a ligazón neste blogue da mesma do concelleiro Arauxo.
Non renuncio o mais mínimo a retomar este asunto,o mais preocupante e que alí estaban os tres espadas do PSOE da entidade Local Menor de Morgadans,no barrio da Pedra, que non dixeron nin mú.
https://twitter.com/AntonioArauxo/status/1228841019715837962/photo/1
Que a ?terra te seña levis? Xose Luis Franco Grande ,hoxe pasaste a outra vida onde de certo serás necesario para o galego,pois posiblemente no além de seguir as cousas así,imos precisar de persoas coma ti imprescindibeis para a súa defensa de cotío.
Quero facer lembranza do primeiro diccionario galego-castelán,que regalei a outros era o teu,pagueino,e tiven a oportunidade mais tarde de te agradecer a súa creación,pois a mais de comprometido os autores gostan de seren recoñecidos en vida.
Morgadans tamén te agradece que tiveras asistido na igrexa de Santiago no barrio da Pedra ,na declaración de mandas e vontades do ano 2015,com o testemuña cualificada nese acto de en ?galego até a morte?.
Por iso no meu nome e o de todos os morgadiños te pedimos que aló ,vaias preparando outro libro,para que cando cheguemos como imos ter moito tempo e poidamos empregalo nunha boa causa a prol do galego.
Mas non era este para hoxe o motivo deste artigo,senón a desfeita nas residencias privadas,onde os idosos alí caen como moscas,a fronte deste virus -COVID 19-que nos ataca.
En particular en termos de foutezas de fraquezas,esta situación amósanos a desfeita de desleixo,incapacidade desinterese-e faltanme adxetivos educados- para definir esta situación.
Fallas de todo tipo,desde a atención emocional,persoal directa inexcusable para os nosos maiores,ata a mais absoluta desatención material e médica INEXCUSABLE.
Sería moi simple decir que non había orientacións ,protocolos, ou como queira que se lles chame para con eles,si existían esas directrices,pero que partían desde un criterio puramente mercantilista, do beneficio inmediato, nas residencias ?por chamalas de algún xeito-privadas,no caso galego esta atención está en mans totalmente PRIVADAS.
https://www.nosdiario.gal/articulo/social/xeriatricos-disparan-seus-beneficios/20200330195749094237.html
A sociedade non ten un proxecto de futuro para os nosos idosos,dependentes ou non,que almacenalos nuns habitáculos mais ou menos publicitados e acabouse.
De ser certo todos e cada una das debilidades que se manifestan a todo nivel,xa non en Galicia senón en todo o Estado,prelacionando a súa importancia,tendrá de por sí soia de crear un auténtico terremoto,para todos os responsabeis directos e indirectos desta situación.Malditos dirixentes con ideoloxía empodrecida.
Hoxe quero focalizar só neste ponto,do persoal da intencionalidade, consecuencias e os que tiran partido disto xa falaremos.
Ego dixit.
Nota foto pública da Voz de Galicia-Xornal diario.
|