Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O escangallado non vende
O escangallado non vende.

E sexta feira ,antes de ir de para brincadeira me decido a escribir isto.

A mediados do mes de xaneiro do 2020,por mor dos ventos fortes e chuvas que nos facían boiar,desabou a antiga casa do Concello de Morgadans no barrio da Pedra.

Estaba feita un cangallo,e segue así.Mas o asunto non e ese senón que debido a elo por parte do concello de Gondomar,procedeuse mais ou menos con presa a tapar as xanelas,e pouco mais de un xeito provisorio.

Iso en termos materiais,porque a outro nivel -política de fume-vendeuse o feito entre a veciñanza,como una actuación rápida eficaz.

Tamén se vendeu que con isto acababa a polémica da pertenenza , da propiedade da casa,segundo elo, o ocupante actual da Alcaldía,indica que o escangallo e deles,asemade como non `podía ser menos, fixo promesa de amañala e dar un uso digno para o bairro.

Lembro para os leitores que as promesas son para incumplir como non podían doutro xeito ,asemade os ad-láteres do alcalde na Entidade Local Menor encargaronse de espallar o “logro”.

O certo e que desde que coñezo o tema,nen a ELMM,nen o Concello tiveron nunca o mais mínimo interese en dar outro uso ao escangallo,o certo e que cartos nunca faltaron para ese fin.

Pero a cousa non para ahí,xa que de seguir a este ritmo,esa figura vai extender o escangallo a todo o barrio da Pedra.

O tempo e a mala política nolo dirán.


#Morgadans.
Comentarios (0) - Categoría: Febreiro 2020 - Publicado o 28-02-2020 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal