 A morte ven sosiña ?.
Este mes de xullo 2019 está cheio de acontecimentos que marcarán-como sempre- a vida e conductas de todos nós,desde a ?Vida de Brian? no nacionalismo galego que nos fixo rir na década dos setenta,e fainos amargar no momento actual sobre o dito,ata,os falidos pactos sucesorios do goberno do estado ?mais do mesmo-,pasando por un deminuído 25 de xullo.
A min persoalmente o que mais me impactou foron os recentes anuncios comentarios da soeidade en cifras, e a morte dos nosos vellotes que viven sosiños.
O xornal Praza.gal,orixe disto,establece diferentes titulares sobre este tema desde o ano 2014,ata 2019,a xeito de patadas na retina para facermos reflexionar.
"Galicia non adaptou os seus sistemas de solidariedade e servizos á situación de avellentamento".
?Tan só 16 concellos teñen máis menores de 20 anos que maiores de 65?.
?Case 129 mil persoas maiores de 65 anos viven soas en Galicia?.
?A esperanza de vida da poboación galega encamíñase aos 90 anos entre incertezas sociais e económica?.
?A Xunta aforrou en persoal de residencias de maiores non cubrindo ausencias por baixas e vacacións.?
Cada un deses asertos merecería como ,adouto dizer,unha tese doutoral,embora o artigo do que trae causa non aporte solucions reais e definitivas si existiren.
Non e menos certo que a estrutura familiar mudou e muito,o conceito de familia extensa, coa convivencia próxima de ata tres xeneracions,está virtualmente en extinción,ao menos nestes lares, fronte a un medre galopante da familia monoparental,da coor que for.
Obviamente ao deminuir a ?masa crítica? familiar deminuien do mesmo xeito as posibilidade de axuda familiar directa moi intensa noutras épocas.
Outros fatores económicos están presentes inestabilidade laboral,incerteza económica,etc.e tamén porqué non fatores culturais ausentes no modelo de vida actual.
E un paradoxo que a situación económica actual individual e MUITO mellor que a que alguns ollamos atrais noutras épocas,que polo xa visto tiñan un maior gabarito de solidariedade.
O problema non e apenas de Morgadans;na Galiza do sul,Portugal,fixeronse medidas moi curiosas pero efectivas,unha das misions da GNR,e ollar nos pobos e vilas pequenos, mediante visitas periódicas,a situación dos vellotes sinalizados nos programas, e dar conta a os servizos que correspondan,de incidencias casos de ser atopadas,curioso verdade.
Pola vivenda desde logo non será,porque por un simple paseio que te des polo rural, alén de fixarte na naturaleza,poderas ollar un cheio, de casas valeiras, sen ocupantes,vivos e coñecidos.
Sexa o que for alen destas simples notas descriptivas, falla un estudo serio dende todos os actores,públicos, sociais e individuais que tenten por solución a este grave problema,e muito mais para a estabilidade das sociedades como a galega,con clara aspiración a extinción,e non son pesimista.
Sempre cabe a opción de sairen mais navíos a recoller crianzas e adultos para axudar a mantela??.. en fin?.
Nota:A imaxe e do xornal praza.gal |