Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!
Feliz Natal,Bon Ano e Новый Год, bons desexos sempre ,e todo o que veña,neste caso o faremos con humor e música que son un bo xeito.
En Gondomar como non podía ser menos temos a Policía Municipal en coiros, e decir,a mínimos de plantilla, segundo o Alcalde do PSOE,Sr. Ferreira, responsable de persoal,o asunto débese a mala sorte ¡ pobriño non da para mais !.
A nivel galego a boa nova e o aumento do prezo das autoestradas galegas, desde primeiro de xaneiro,o mais alto de todo o estado,e co aumento acumulado de outubro ,en fin cabrearse e pouco, debemos agradecerllo ao PP e PSOE neste caso,seica os galegos non pintamos nada.
Para andar polo patio da casa en Morgadans,temos a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Deleite e éxito garantido.
Achego o programa tirado da páxina dos organizadores o IEM ?Instituto de Estudos Miñorans.
Programación
Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.
Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.
Sábado 19 de xaneiro- 19.30h
Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.
Domingo 20 de xaneiro- 18.00h
Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.
Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.
Domingo 27 de xaneiro- 18.00h
Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.
Sábado 2 de febreiro- 19.30h
O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Por último un pouco de música comica alegre do fin de ano doutros lares.