Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A retaliación e posible?.
A retaliación e posible?.?

Nunca fun eu moi amigo da retaliación,porque as veces supón una perda de esforzos precisos noutros menesteres,mas entendo que e necesaria e sobre todo cando ao final sae ben e asumida por todos,ainda que non cumpla ao cen por cen dos postulados dos que a orixinan nen os de a quen vai destinada.

Mas un exemplo non está a mais,lembran aquelo que que Monçao e o berce do alvarinho,e así o transmiten de cotío,embora os detentadores da orixen son os de Melgaço,que políticamente contén a fraguesía de Alvaredo que da-lle nome a este caldo.

O certo e que fronte ao desleixo de una parte cantribuiu o medre da outra,hoxe -o suxeito- ese viño verde por excelencia xa ten nos dous concellos o mesmo berce,a denominación do viño da rexión única de Melgaço-Monçao,que for para ben.

O premio Victoriano Taibo García,nado en Morgadans pola man do Instituto de Estudos Miñorans,tivo como sede do mesmo esta parroquia co patrocinio da Entidade Local de Morgadans,(ELMM) alí tivo vida de man dos co-parroquians.

Desafortunadamente nas pasadas eleccións municipais o actual capitoste local,decidiu unilateralmente retirar o patrocinio da ELMM a tal evento anual,os motivos verdadeiros nunca foron revelados,supoño,que sería por baixo rendimento eleitoral.

Lonxe de arredarse os do IEM,e seguindo o exemplo histórico relixioso,deixaon A Meca e foronse para Medina.

Alí o goberno de de Gondomar, acolleu sen reservas e restriccións alguna o patrocinio e sede do Premio Victoriano Taibo.

Tal foi o acerto que entre outras cousas aprobouse en pleno do concello, a adicación de unha rúa en Gondomar a Victoriano Taibo.

A cada ano mellor; o pasado ano do que xa din conta,tivo una concorrencia e aportación individual de moi alto nivel.

Este ano 2018,a XI edición deste premio,superou noutros ordes o anterior,xa que o IEM,facendo coincidir,fixo con antecedencia e coetánemente,os eventos da ?Semán poética de Gondomar?.

Gondomar foi una festa,con incontabeis faixas de coor azul,con mencions poéticas,de outros innumerabeis actores,dende o Xulgado de Paz ata o IE Chano Piñeiro,coa singularidade de intervenciónde grupos en lugares públicos a elo me remito.

Este ano o premio foi para Laura Ramos Cuba,nova poetisa, que co seu primeiro libro A situación actual- gaña este premio,ainda que non for o seu primeiro.Esta galega norteira,burelá de pro-a decir de Marta Dacosta-,encantounos coa leitura dalguns dos seus poemas,frescos e actuáis en todo o senso.

Alén diso,Marta como se for madriña,deu entrada a o futuro na novísima Sara Corredoira,que leeu una pequeña visión persoal e familiar sobre D. Victoriano Taibo.

O acto aberto ,polo grupo de gaitas ?Balcon do Val Miñor?,todos eles de Morgadans ,deleitounos coa súa interpretación,especialmente a sonata de de peche, ?Galicia? (dos Pimpinela.)

No remate e como despedida no seu ?Ego dixit ibidem? ,Xulián Maure presidente do IEM,agradeceu ponto por ponto a todos e cada quen dos que participaron ca XI edición deste premio ,desde os patrocinadores ata os munidores do IEM,e a Fino Lorenzo autor do obsequio,cuia foto preside este artigo.

Agradeceu e como unha mención especial a Bruno Centelles,notario gráfico deste e de moitos outros actos de contido claramente cultural e galego,posuidor dun inmenso arquivo gráfico.

Acabo este artigo co título do mesmo que me precede ?.A retaliación ?..de Morgadans e posible??


(1) https://gl.wikipedia.org/wiki/Victoriano_Taibo ^
(2) https://www.iem.gal/ ^
(3) https://gl.wikipedia.org/wiki/Marta_Dacosta ^
(4) https://www.youtube.com/watch?v=wJaf0KsLNfc ^
(5) https://gl.wikipedia.org/wiki/Xuli%C3%A1n_Maure_Rivas ^
Comentarios (1) - Categoría: Novembro 2018 - Publicado o 18-11-2018 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0