
FEITOS.....SON AMORES O DEMAIS....BOAS RAZOES.
Leio, en ValmiñorTv.com,a nova de que 15 desempregados de Gondomar ,comezan un curso de soldadura semiautomática,até aquí todo ben,mas a polémica viu despois con este asunto.
Resulta que tal curso foi ideado,planeado e xerido pola Concellería de Emprego e Dinamización Económica,de Gondomar,na que estaba ao fronte Xosé Antón Arauxo.
Chegada a data de comezo o día 22 de outubro do ano 2018 procedeuse con toda normalidade ao inicio de tal curso,segundo recolle tal medio de comunicación,pero a cousa non rematou ahí; polas redes sociais de todo tipo, que invito a consultar,recibese unha bronca hacia o Concelleiro,por parte do Alcalde-ou seu grupo ?,alegando todo o indecible, segundo elo, xa que ao estar destituído,tería usurpado as funcions que corresponderían a Concellería de Formación,obviamente baixo o seu percurso.
(https://www.facebook.com/manifestominhor/photos/pb.415051438642135.-2207520000.1540898258./1198461200301151/?type=3&theater).
Para os ignotos na materia sinalar que de un xeito unilateral polo Alcalde de Gondomar procedeuse a romper o pacto de goberno existente, con data anterior ao 22 de outubro,ao decir das notas de prensa que convido a consultar,elo supuxo o alonxamento,expulsión dos tres concelleiros de Manifesto Miñor,Antonio Arauxo,Rocío Cambra, e Xosé Antón Arauxo.
Ora ben isto e así todos eles continuaron no seu posto atá recibir a comunicación oficial do Alcalde-isto e outro conto-,e no caso de Xosé Antón Concelleiro, produxose o martes día 23 de outubro.
Que pasaba entón que o alcalde quería sair na FOTO ?.
Que aconteceu que o alcalde quería aproveitarse do traballo alleo ?.
Traballo o Alcalde non sei se fará ,pero que si ten un abondoso albúm fotográfico,e individualizado,do que fan outros non me cabe a menor dúbida-ollar no seu blogue persoal-
Por outra banda sendo certo o que din os comentarios de que a Concellería de Formación non existe por falta de orzamento....vaia metedura de pata en térmos vulgares.
En fín,..... podíase facer unha tese de doutoramento sobre este tema,o que está claro que debo mudar o titulo deste artigo.
FOTOS.... son amores o demais ..........a saber.....
Muito bon día.
|