A COISA CA´ TA´ PRETA
Este mes de maio 2018 ten interesantes aportacions para a lingua galega,que ainda de seren casos illados no seu conxunto apontan nunha dirección certa.
O primeiro deles foi a achega da
traducción do alemán ao galego da resolución do Tribunal Superior do Land de Schleswig-Holstein de data 5 de abril de 2018, sobre a Orde europea de entrega de Carles Puigdemont, no marco do proceso catalán que como se sabe foi negativa a acceder nun dos pontos ao alí pedido.
Alén do seu contido,o leela na lingua galega produce unha maior satisfacción,pois demostra o que e evidente,que a lingua galega pode cubrir e cubre perfectamengte o eido xurídico ainda que queda moito por facer.
(http://www.galeguizargalicia.com/archivos_editor/file/TRADUCIO%CC%81N%20OLG%20Schl-H%20MGM-XMPB%2023%20maio%202018.pdf).
Nun segundo orde de cousas foi a manifestación pública en Santiago de Compostela co gallo do
Dia das Letras Galegas,onde masiva e lúdicamente, amosouse a vontade da normalización con dereito e en dereito do uso desta lingua,quedando de manifesto a actuación a remolque cando non en contraria do goberno da Xunta de Galicia,e de sinalar asemade a ocultación pública deste evento en canto ao alcance e seu significado,remitome a os medios de comunicación de ese día,porén ?Queremos galego,sempre?.
Sinalar que en Morgadans eran tantos os buses para ir a manifestación en Santiago que non deron saido,magoa.
Voltando a o tema das sentenzas gostaríame leer en galego a sentenza íntegra,do caso da trama Gürtel,onde masiva e fulminantemente condease a una parte da tropa corruptiva e corruptora que tanto dano fixo a os galegos,PP incluído,e salpicados outros coma o infausto e mentireiro-falto de credibilidade di a sentenza- Presidente do Goberno,que en un alarde de hipocresía semella representar a un goberno e institucions que eisixen a os demais algo que non practican,parece que estou desabafando,mas non.
A cousa aquí está preta,diría a miña avó Constança,cando non ollaba ben o futuro es os factos da vida virabanse de costas.
Por outro lado tivo extrema relevancia da décimosegunda asambleia galega da
IRMANDADE XURIDICA GALEGA-IXUGA- en Santiago de Compostela o día 26 de maio.Alí 17 novos irmandiños/as xuraron e prometeron utilizar e seguir utilizando a lingua galega no eido da xustiza,benvidos e salve,e a brilar con luz propia e incomodar a os escuros.
http://www.galeguizargalicia.com/?sec=108&id_noticia=2085
Como ponto negativo a xeralización do uso e abuso da chamada Lei Mordaza,a extremos que raian no paroxismo, Willy Toledo,Evaristo,Valtonyc,e moitos outros ?.fondo retroceso das liberdades democráticas diría eu.
Sentenza 1