A marmotiña co rabo na boca:Núcleo de Campo Grande.
Recentemente aprobouse con todos os parabens o núcleo urbano de
Campo Grande,en Morgadans,o nome do núcleo non fai xustiza a dimensión física,senón outras cousas.
Mas as cousas non acontecen por acaso,teñen un autor material e alén diso e que sempre deixan trillo,camiño,pegada...
Recentemente pasei polo Concello de Gondomar,e atopeime con
Antonio Arauxo,Tenente Alcalde do concello,e responsable do área de Urbanismo ,como estaba de bon humor,tireille da lingua,e dixome certas cousas que estaban na boca de todo Morgadans.
Que como concelleiro de
Manifesto Miñor,tomou con moito interese para Morgadans,o regularizar a situación presentada ca anulación por sentenza do Plano Urbanístico,que orixinou no seu día o procesamento e condena de diversos próceres.
"Tiven que motivar a todos os funcionarios de urbanismo,a os que contaxei a idea de interese xeral,e que responderon con sacrificios e intensidade .
Tiven que deixar a unha beira os preconceitos existentes sobre ese núcleo de Camo Grande,que non valía a pena,era moito traballo, era mellor deixar as cousas como estaban,mais adiante etc....
Algo de razón tiñan,polo traballo, as caladas e falando con todos os veciños de dentro e de foran, foron intensos.
Alén diso,había un grave problema,e, que penduraba a espada do derribo de catro vivendas,por expedentes abertos a os propietarios -e firmes finalizados- pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística-APLU-,e que sen remedio conducía a ese fin,agora paralizado,por certo que apareceu outro caso mais, e que son cinco.
Teñote que decir que houbo que pedir todos os informes habidos e por haber,aguas,patrimonio,industria,mineiría, a Dirección Xeral de Aviación,dado que ao ficar na parte alta de Morgadans,podería ter influencia na navegación aérea....todos eles favoraveis,e que consumiron algo mais de dous anos camiño de tres."
-Neste ponto saltoume da alma,oes Antonio,disculpa a miña ignorancia e para aforrar todo iso porque non pediche permiso directamente ao Tribunal Constitucional....porque últimamente andan como raios fixate o caso de Cataluña, o rápido que contestan interveñen e mandan as forzas da orden ....non te rías, e verdade-
Ven, da miña parte e a os que represento,anímote a sacar para adiante os núcleos de Prado,e,San Roque,e o que e mais importante sacar a aprobación do Plano Urbanistico Xeral de Gondomar-PXOUM-,a tí e a
Manifesto Miñor,e como nunca saes na foto,a diferencia de outras vedettes locais,que non fan nada e o unico que lles preocupa e o figurar,vou a poñerte no blogue.