 AS FOLLAS DO LOURO
Segundo a historia,os gregos usaban as follas do olivo entre outras cousas para premiar e como un recoñecimento público a os atletas gañadores nas olimpiadas e outras probas,velaí a nobreza de unha folla.
Os romanos,pobo conquistador onde os haxa,tamén tiveron unha manifestación deste tipo,iso si un pouco mais elevada,non era apenas para os gañadores,senón que os emperadores romanos,tiñan como manifestación do seu poder entre outras a coroa de louro,atrevome a decir que nos albores do imperio así o era mais supoño que mais tarde sería de ouro puro,por aquelo de diferenciar mais a posición do emperador cos seus submitidos.
En todo caso podemos usar hoxe tal manifestación simbólica como un recoñecimento ou mérito a aqueles faceres grupais ou individuais que o amostran,e que sin chegar ainda a excelencia o mereceran.
Por elo teño que sinalar,tres eventos que en todo caso se restrinxen a Gondomar,como delimitación político territorial.
A primeira foi o concurso de escaparatismo, celebrado hais uns dias na Vila, que promovido polo incansabel Concelleiro de Comercio,Xose Antón Arauxo tentou como sempre dinamizar,o comercio na vila.
Concorrencia motivada dos comerciantes,e ao final como sempre os vencedores,co seu recoñecemento,houbo laios e opinions encontradas, porque dende o meu ponto de vista como profano na materia todos deberían ter premio e recoñecimento,neste ponto lembrarse que o importante e participar.
O segundo acontecimento importante e a mostra de teatro afeccionado,organizado polo Instituto de Estudos Miñorans,e que peante os tres fins de semans desde 13 de xaneiro ata 28 de xaneiro, no auditorio Lois Tobío , vainos dar a ledicia e o disfroite desta interpretación directa.
Mas neste ponto quería sinalar a actuación de apertura co grupo de teatro de Morgadans,o grupo Bertorella,que unha vez mais, demostrou que Morgadans produce algo mais que incendios forestais,parabens e meu recoñecimento.
Embora isto fora así, nesta altura teño que sinalar,as iniciativas do noso veciño e extremeiro, os comuneiros de Couso,que como iniciativa magnífica puxeron no mercado un novo producto a Marmelada de Framboesa-ECO,de producción do monte propio,ecolóxica,co mínimo contido de azúcares.
Vamos un producto propio,galego,etiquetado en galego,e pàra os galegos,alén diso está envasado por Veigas de Sabugueiro,SL, en Ourense,para que logo se diga da colaboración entre os galegos.
Se o emperador Claudio,levantara a cabeza,de seguro que viña a probala. |