Morgadans


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadans
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadans,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Martes de antroido
Trofeu clube de bolos XoveMARTES DE ANTROIDO

O carnaval,desde tempo tivo sempre unha principalisima función de válvula social, lúdica, de xogo, onde se permite todo,principalmente a os poderes públicos,e persoaxes,foran de onde foran pero que dalgún xeito aliñaban co poder,politico,relixioso,militar,etc.

Porén estaba anunciado individualmente, e outras socialmente,a xeito de programa de actos.

Este ano chegoume unha antroidada a nivel local,que merece a miña atención,e de ser incluído neste apartado.

O Alcalde de Gondomar,peculiar onde os haxa,convocou o pleno mensual do concello,para o mes de marzo con un único ponto do día.

"Unha proposta que reclama da Xunta de Galicia o apoio a os bolos celtas".

Obviamente absolutamente nada que obxectar, a os bolos celtas,con intensa raigame en ao menos tres das parroquias do concello,e unha intensa forza alén do mar no Uruguai,mantido con vida e conservado polos descendentes dos miñorans.

A cuestión de fondo e cada pleno de Gondomar ten un custo económico notable,en dietas e emolumentos a os partícipes directos.
A pregunta e ¿O alcalde de Gondomar que ten primariamente a competencia de incluir os asuntos no pleno,non tiña outros temas a tratar?.

¿Non hai otros asuntos de importancia, en Gondomar,presentes e pasados para ser debatidos onde correspondan?.

Menos mal que chega o antroido para reirmonos,e non chorar de raiva, e impotencia con este tipo dirixentes ao que o nome de "Alcalde" vaille largo.

Lembranse do que decía a miña avó.....homes...homiños...macacos....macaquiños.

Viva o carnaval.!!!
(foto tirada do Clube Bolos Xove)
Comentarios (0) - Categoría: Febreiro 2017 - Publicado o 28-02-2017 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal