 Neste mes de xaneiro 2017 Morrreu "Paquita Pesquera",a os 96 anos de idade,o seu nome real era "Rosa",nunca entendín porque se lle chamaba por ese nome "Paquita",era amiga de miña nai...
Pero o tema relevante, alén de muitas outras anecdotas,e que estivo no Santa Liberdade.(Baptizado así na Operación Dulcinea)
Paquita ao igual que a súa nai Josefa ,e,ao menos outras cinco persoas,homes e mulleres ,que eu coñecín, eran traballadores tripulantes,como cociñeiros, camareiros, limpadoras, planchadoras,dos buques que facían a liña entre Vigo e America,Venezuela, Brasil,Arxentina,Uruguai .
Estes buques o Santa Maria o seu xemelgo Veracruz,Yapeyú, e Monserrat,todos eles a cada cal mais fermosos e elegantes, trasladaron a milleiros de galegos,desde Vigo,via Canarias, Funchal a America,(Arxentina e o Uruguai)todo elo está escrito,e con infinidade de documento fotográfico.
Naquela altura os pasaxes turísticos non existían, eran primeira, segunda e terceira.
Pois ben a Paquita, tocoulle que na altura do 20 de xaneiro do ano 1961,estaba navegando no Santa Maria de bandeira portuguesa,como camarera deste buque,feito por demais intrascendente xa que era o seu traballo e do que vivía ela e os seus.
Nesa altura o "Diretorio Revolucionario Ibérico de Liberación",-DRIL-un grupo politico mixto galego portugués,contrario as ditaduras de Salazar en Portugal e Franco en España,integrado polo comandante de operacións Galvão ,Ideólogo político da operación Xose Velo, Jose Fernández (Xurxo de Soutomaior), militar e experto en operacións,e muitos outros a os que tiven oportunidade de coñecer despois, tomaron a pose do buque ma altura de de febreiro do ano,dentro do que se denominou a "Operación Dulcinea",rebautizando o navío co nome de Santa Liberdade.
A partires de aquí as informacións teñen diferente versión, a de Salazar e Franco,ocultando o inmcidente na prensa e tratando de piratería ,a da prensa internacional,a que chegaba de un xeito limitado a traveso do Xeneral Humberto Delgado, que ficou no Brasil,para as negociacions que se deron,e as primeiras capas dos xornais europeus,en parte alimentadas xa tardíamente polo escritor Lapierre,que conseguiu achegarse ao paquebote.
Até aquí toda esta información moi básica que se pode atopar en tres libros, nun documental galego da xornalista Margarita Ledo, e nunha recente película portuguesa, que en ton romántico e da certamente nunha visión moi de seu trata o tema.
Neste ponto e onde entra "Paquita",a visión populi,populi,populi,do acontecido,relatado en primeira persoa, e soportado nalgunha fotos, de algunhas revistas europeas, daquela altura, onde saía a súa foto.
Segundo ela sempre dixo eran portugueses os citados pero que falaban galego....
Que non querían diñeiro....
Que estaban armados....
Que foran ben tratados-a tripulación-embora morreran dous nunha pelexa.
Que foron os americanos quen os liberaron.
Que algunhas mulleres da tripulación choraban muito...
Que non sabían porque "os piratas facían aquelo".
O resto da historia do asunto xa se coñece e queda ahí para sempre.
O xeneral Humberto Delgado, foi asesinado pola PIDE en extremadura, nunha cilada.
Henrique Galvão,en pouco tempo foi levado por unha doenza.
Xose Velo e Xosé Fernandez,ainda puideron escribir e falar longamente.
O reporteiro fotográfico Luis N,ainda viveu longamente sempre fidel a os seus ideais, ata que un cancro o levou. |