Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

¿Quen debe levar o chocallo ?
Neste ano 2016,tivemos un maxistral acto cultural co gallo da entrega de premios anual Victoriano Taibo,nona edición,promovido polo IEM,sen detrimento do tipo de actos de anos anteriores.

Houbo un elemento de relevantísima importancia,desta volta, -como e ben sabido,polo actual equipo dirixente da Entidade Local Menor de Morgadans-ELMM-,retirouse de plano a axuda económica que suportaba parte dos custos do desenrolo de tal premio,dito claramente non deron un can.

Lóxicamente e pola contra a sensibilidade do actual equipo de goberno do Concello de Gondomar,permitiu a celebración de tal evento, eso sí no Auditorio Luis Tobío da vila,fácil e decir que o evento NON tivo celebración física en Morgadans.

O resultado foi maxistral,os meus parabéns ao xurado e equipa organizadora do acto a todos e cada quen.

Marta Dacosta,levou por delegación do resto da equipa citada,e co seu verbo fácil,a conducción do evento;Miguel Anxo Mouriño alma mater presente en todo momento do decorrer material.

Xosé Lois Vilar,tivo una presentación do gañador ,realmente de altura e intelixencia situacional,de onde estaba e a proxección social da súa obra.

O gañador deste ano XOSE IGLESIAS LAMELA,que se define como traballador oceánico,levou o mar fisterrán para o alén do mar dos que estamos en Gondomar,toda unha auténtica relixión do mar coa súa obra,belísima foi a súa explicación do seu traballo gañador,certamente un descobre como en ocasións as verbas superan con moito ao medio grafico.

Entre outras cousas sen mais convido a quen quixer a leitura do versario,impreso co titulo de “A relixión do mar”.

E para rematar este acto o Presidente da Real Academia Galega,RAG,o meu bo amigo Xesus Alonso Montero,recolleu no seu dicer de un xeito indescriptible magnífico as louvas de Xosé Lois, e o fundo da obra do gañador XOSE IGLESIAS.

Como non podía ser menos o acto estivo en todo momento acompañado das belas notas do grupo de gaitas de Morgadans O balcón do Val Miñor.

Sinalo tamén a posta en escena polos meniños de Morgadans de un dos contos non publicados de Vitoriano Taibo.

A vista do dito,o resumo non pode ser mais que outro,embora este brillantísimo acto tivo un éxito que posiblemente empaña a os anteriores,e con réditos inmediatos para todos en Gondomar (Morgadans incluído),pola outra banda os dirixentes locais da ELMM,fixeron a súa escolla a outro premio,quen leva o choqueiro para dirixir o rebaño,non me atrevo a decir se cabras,vacas, posiblemente cabalos, ou quen será o castrón insigne para tal honor.Magoa....magoa....magoa que vergoña.....
Comentarios (0) - Categoría: Decembro-2016 - Publicado o 31-12-2016 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal