Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OUTONO TEMPO DE COLLEITAS
OUTONO TEMPO DE COLLEITAS.

Depois de madurar todo o ano os froitos están prestes.En Morgadans, e unha cousa curiosa,se te deras un paseio por moitos dos camiños,por exemplo polo camiño vello da A Avelosa a Couso,pola estrada estreita,más hoxe asfaltada, podemonos atopar inxente cantidade de castañas polo chan,non recollidas,as maceiras ateigadas de froito embora este ano non fora moi bon,tamén sen recolle, algunhas viñas descoidadas que tamén deron o seu froito de uva preta,en todo caso algunhas cabras ?poucas-se dan conta delas.
Calquer estrano pensaría de súpeto que esa xente xa non vive do agro....


Agora quero sinalar outro tipo de froitos para Morgadans, que si ten trascendencia de futuro.
No pasado pleno de anteonte,aprobouse a exposición pública, do Regulamento de Participación Cidadán para Gondomar/Morgadans,un modelo onde os haxa elaborado baixo a batuta do concelleiro Xosé Antón Arauxo,presidnete da Comunidade de Montes de Couso,home coherente onde houver.

Tamén está a cair de maduro,moi elaborado, o novo sistema de Administración electrónica e páxina web do Concello de Gondomar,que achegará sen dúbida a administración a todolos cidadans de Morgadans,que obviamente non foran analfabetos funcionais en informática-e o futuro-.

Mas a estrela que hoxe alumea e por moito tempo e o PLANO XERAL DE ORDENACION URBANA de Gondomar,que está sendo exposto públicamente en calidade de borrador en todas as parroquias de este concello,polo concelleiro Antonio Arauxo,con quen tirios e troianos teñen unha débeda inmensa,polo seu traballo desinteresado, e intenso.

Hoxe en Morgadans a veciñanza,a Entidade Local Menor,co seu presidente Xabier ,farán presentación deste borrador, para conquerir achegas dos veciños.

O acto como non podía ser menos está presentado polo Alcalde Paco Ferreira,que desta si gañou o lugar na foto.

Alén diso, quedanos embora o recoller o froito mais importante,viuse xestando durante moito tempo,achegando esforzos de todo tipo,e pensamentos variados como unha grande Maré,que baixo o lema de ?un pais xusto?,pretende mudar o noso pais.

Ese froito "e contra os agoreiros", mudará o pais o domingo día 25 de outubro,e non será froito de un só día como alguns pretenden.

Luis Villares e un home con ideias claras,e con vontade de país e cuio talante democrático ninguén dubida,os demais axudaremos a que ese ar fresco da Maré chegue con el a toda Galiza.





Luis Villares.
Comentarios (0) - Categoría: Setembro2016 - Publicado o 23-09-2016 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0