Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Research and Development (R&D)
Research and Development (R&D)


Polo seu interese para Morgadans,reflicto neste blogue,unha grande iniciativa dos veciños de Couso,camiño a seguir obviamente por nós,dentro do Research and Development (R&D).

Reproduzo integramente o artigo de D. Besadío, no bloque da Universidade de Vigo.

A Universidade asina dous convenios coa CMVMC de Couso, en Gondomar.

I+D universitaria para os montes comunais .

A colaboración virá da man do grupo de investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía, GIEEA.

Desenvolvemento de proxectos de investigación; organización de cursos, conferencias, simposios e seminarios; apoio a investigadores e estudantes; colaboración en proxectos culturais de interese común... A Universidade asinou este luns dous convenios de colaboración coa comunidade de montes da parroquia de Couso en Gondomar, un acordo marco xeral que promove a colaboración entre ambas entidades e outro específico para a posta en marcha de diferentes accións de I+D colaborativo no ámbito da sustentabilidade social e ambiental na xestión do monte comunal.

O reitor, Salustiano Mato, e o presidente da CMVMC de Couso, Xosé Antón Araúxo, foron os encargados de rubricar o acordo, un acto no que tamén se contou coa participación do profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xavier Simón Fernández, investigador principal de GIEEA, o grupo de investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía, a través do cal se xestionará esta colaboración.

?A comunidade de montes de Couso está levando acabo varios proxectos produtivos (froitos do bosque, shiitake, boletus, castañas, madeira de calidade) e con este convenio queremos aproveitar o coñecemento da Universidade para mellorar o ciclo produtivo de todos estes proxectos e acadar a finalidade que buscamos que, fundamentalmente, é a de crear emprego, sobre todo nesta etapa de crise económica que dificulta o acceso ao mercado laboral?, subliñou Araúxo tras o acto de sinatura, quen fixo fincapé en que ?para nós esta colaboración supón aproveitar o coñecemento da Universidade para polo ao servizo da sociedade?.
Mudar abandono por iniciativas innovadoras que xeren riqueza.

Se tradicionalmente o monte foi a base do sistema agrario galego, permitindo a subsistencia das comunidades locais, ao subministrar alimentos, madeira, pastos para o gando e estrume para producir a fertilización necesaria para as terras de cultivo; na actualidade a maior parte dos montes están deixando de percibirse como unha fonte de riqueza, ao atopárense en estado de abandono. Así explican na web do GIEEA a situación actual de boa parte dos montes galegos, unha realidade que, tal como lembran, está propiciando a propagación dun dos grandes problemas ambientais e sociais de hoxe en día como é o dos lumes forestais. ?Calquera intento de dinamizar o mundo rural ten que ter moi presente que o monte constitúe máis de tres cuartas partes do territorio galego e que unha boa parte dese monte é de propiedade veciñal/comunal?, subliñan dende GIEEA, quen salientan a necesidade de apoiar e fomentar iniciativas innovadoras relacionados co monte ?que xa comezan a agromar por toda Galicia?.

Para o GIEEA esta non será a súa primeira experiencia de colaboración cunha comunidade de montes, pois o grupo conta xa cun convenio similar coa comunidade de montes de Carballo, no concello lugués de Friol. ?Con eles temos feito algunhas cousas, a máis importante, coido, é que vimos de preparar a documentación e a proposta para que esta entidade social acceda, en concorrencia competitiva, a unhas interesantes axudas dentro do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 para a creación dun Grupo Operativo de Innovación, vinculado coa Asociación Europea da Innovación da Agricultura Produtiva e Sustentable, co obxectivo de pór en marcha un proxecto de produción de estelas, con fins enerxéticos, e fertilizantes, con fins de recuperación da fertilidade, a partir de biomasa do monte e dos residuos de podas e coidados dos xardíns urbanos, nunha área que supera ao concello de Friol?, explica Xavier Simón, director do grupo.

Comentarios (0) - Categoría: Febreiro 2016 - Publicado o 29-02-2016 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0