Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sinais identitarias
Sinais de identidade.

Se hai unha cousa evidente no universo que nos rodeia e a diversidade,e percibimola precisamente por aspectos externos e outros non tan externos, pero que son claramente recoñecebeis e que conforman un especial modo maneira ou xeito de ser de un xeito individual ou colectivo.

Agora está de moda o levar o cabelo a pente cero, ou incluso barbeado por navalla ou gilete ,o cal define os posuidores desta pinta a determinada identidade persoal ou colectiva,no caso de Morgadans non vexo alá muito por certo.

Pois ben recentemente houbo certas circunstancias pesoais e colectivas, que son claramente identitarias, para este que escrebe e para moitos outros,por unha banda o festival de teatro en Gondomar,(I-Festival de Teatro Afeccionado do Val Miñor), no Auditorio Lois Tobío-él tamén foi un sino identitario- onde o grupo de teatro de Morgadans entre outros, participou con notable éxito,o grupo de teatro Bertorella,onde todos os seue membros apostaron decididamente pola lingua galega como veículo de expresión natural e sen calquer complexo.

De aquí todos os meus parabens, desde o director a todos e cada quén.Eu persoalmente teño que dicer que gustame ver ao Eladio, noutra situación cando parodia a Victoriano Taibo,que seña por moitos anos, pero disto xa falaremos.

Os meus parabéns ao IEM e o Concello de Gondomar,por estar a prol neste camiño,longa vida.

Tamén dentro desta sinalectica, houbo dous aconteceres ,como foi o pasamento de Chao Rego,Xosé, escritor e teólogo chairego,que foi e é unha referencia incuestionable da cultura galega e do pensamento cristián,que levaba como bandeira,que sempre me veñen a cabeza cando penso noutros cregos moi próximos na contorna, furibundamente anti galegos,e que xustifican a súa situación incluso por escrito?.lamentabel.Pois ben estás na nosa mente Xosé Chao, e na coleitiva identitaria.

Outro norte de súpeto,e tamén fondamente identitaria foi a de Xosé Neira Vilas,non apenas na súa face como escritor,embora seña a mais coñecida,senón a de estandarte da nosa cultura e actividade política,Mocedades Galeguistas,Editorial Follas Novas,Membro da Real Academia Galega e moitas outras actuacions senlleiras que non podo reflectir nesta folla.Curiosamente a súa terra natal Vila de Cruces,axo que non foi xenerosa abondo con él,as miñas lembranzas para él e o que representa,estou seguro que tamén para alguén de Morgadans.

Mas facede conta que apenas isto son só unas referencias temporais de algo que nos une,os homes e mulleres,a súa obra, a prol da defensa dunha identidade moi concreta como pobo.
Comentarios (0) - Categoría: Novembro 2015 - Publicado o 30-11-2015 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0