Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Constituinte ou Continuinte ?????
SOS POR UNHA CANDIDATURA UNITARIA GALEGA.


Bebía eu hai uns dias un café con alguns colegas,de diversa procedencia,e como non podía ser menos ninguén usou o telemóvel,deixando a unha beira a os demais como e habitual hoxe en calquer xuntanza de mais de un,e decir que se está ao telemóvel atendendo asuntos lonxanos,e detrimento do inmediato que son os colegas.Cousas do Homus Telefónicus.

Eu comentei alguns asuntos de Morgadans;como que estaban limpas as fontes públicas de Santiago e da Olleira,que son unha obsesión de Xabier González, o actual presidente da entidade,naturalmente non estaba limpa a da Batizosa,que fai extrema con a miña propiedade e onde paran todos os biciclistas domingueiros, a encher as cantinploras desa máquina tan extraordinaria.

Xabier G.que o tema e outro!!!!! que hoxe hai que garantir a sanidade da auga das fontes ,previamente e despois,agora xa vai habendo saneamento neses barrios parroquiais.

A parte dura dos comentarios non foi esta,senón o absoluto desprezo dos actuais inquilinos da Entidade Local Menor de Morgadans, polo premio de poesía anual Victoriano Taibo.

E publico e notorio que a ELMM, asumiu o compromiso,documentado e escrito , de facer de patrocinador de unha parte do custo económico, para ese premio de poesía,e o IEM,corria ca organización da mesma.

Todolos anos a esta altura estaba xa listo,todo o proceso,e faciase entre outros un acto público, na escola onde este mestre desenrolou a súa grande labor culturizadora,-que polo que se veu perdeuse, por os sucesores,os presentes,non o consideraron así-,neste acto, había sempre actuacions, basicamente locais,grupo de teatro local,grupo de baile,intervencions culturais,e comunicación veciñal,-por certo o propio presidente,como podía decía algunha palabriña.(A verdade que nunca souben quen era o que lle-las escribía,pero o certo que leer as leía,para asombro de todos-).

O pretexto, a excusa, a razón a disculpa,do Xabier Gonzalez,foi que había moitas facturas de ?hai cinco anos sen pagar?,pola entidade.

Fiquei chocado cando ouvín isto,tanto porque efectivamente confirmase o que sempre se dixo, que a Entidade Local Menor de Morgadans, non tiña contas,tamén de que a ELMM,pagou as eleccions de maio de alguén,pero como non ,de de que a primeira partida en recortar era a cultural e tan senlleira.

Agardaba ouvir outro discurso de XG ,,imos facer unha auditoría seria,do anterior,e este ano por primeira vez na historia de Morgadans,haberá uns orzamentos reais ,e todo mudará..!!!!!,en definitiva mais do mesmo o conto da cabritiña do que logo falarei.()


Polos meus colegas, o tema xirou,sobre outra variante deste conto,o acceso ao poleiro,diria eu.

E publico e notorio que están convocadas as eleicions xerais as Cortes Españolas.

E público e notorio que Cataluña,nunha mostra de madurez de un pobo,está manifestando nunha parte sustancial cal quere que deban ser as súas relacions co resto do estado.

E publico e notorio que a parte autodenominada soberanista,oficialisa,legalitaria,pretende darlle a elo unha saída,puramente legalico-literaria,falase hoxe xa de certo artigo da constitución a aplicar de inmediato.

Postas así as cousas,os meus colegas,manifestaban, sen paliativos , a necesidade de implementar-poñer en practica-unha candidatura unitaria galega,composta por forzas nacionalistas ,de esquerda, e non nacionalistas,quixen entender de un amplo espectro,co gallo de que en caso de abrirse un mais que previsible proceso constituinte,Galicia ocupara unha posición claramente defensiva dos seus intereses,fronte a claudicante des estes case 40 anos,que nos precederon.

Para elo avogaban polo que denominaban,SOS POR UNHA CANDIDATURA UNITARIA GALEGA,que en esencia estaría promovida por dous grandes actores, as MARES e a INICIATIVA POLA UNION,en concorrencia co resto dos partidos políticos.

Como non entendía moi ben o asunto,pois son un home de a pé,fun as respectivas páxinas,dos citados, e puiden comprobar, a practica identidade, en xeral dos dous grandes actores,neste ponto, e decir que non notei diferenza sustancial algunha,e que postas en práctica, mediante esa candidatura unitaria, efectivamente permitirían ter un grupo parlamentar propio,nas Cortes Españolas, fronte o que vai vir.

Estou seguro que o meu amigo xa falecido Telesforo Monzón, concordaría en todo conmigo nisto.

O meu pensamento a vista,do presente,ten outro enfoque,os dirixentes de estas organizacions ,Marés e Iniciativa Pola Unión,so denotan unha cousa,a falla de interese obxectivo polo pobo galego,e un unico interese inconfesable por acceder ao poleiro-neste caso creio que todos entenden que me estou referindo a os escanos das Cortes-.

O resultado está cantado,fagan alá a conta de que fronte a un proceso constituinte abrese un proceso CONTINUINTE.



Instituto de Estudos Miñoranos.
Comentarios (0) - Categoría: SOS POR UNHA CANDIDATURA GALEGA - Publicado o 31-10-2015 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0