Morgadans


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadans
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadans,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hospital Público,e,paradas de carros.
Foto aerea do Sergas
O pasado día dous de agosto,houbo unha “parada” de carros clásicos en Morgadans,alí usuarios e propietarios dos veículos, amosaron con orgullo as súas pezas,un que ten interese nesas belezas no xeito técnico en que evoluíron,tamén disfrutou, eso sí non tanto como algúns próceres locais que se deixaron caír polo adro de San Roque,a verdade non sei se disfrutei mais polos carros que por ollar como algún pasaba revista,….ben iso queda para outra ocasión, sabendo que o meu criterio e que certamente os carros son necesarios nesta Galiza esfarrapada,pero un que está polos transportes públicos como base, ten as arelas postas no futuro tranvía de Morgadans.

Os carros e os transportes sempre foron e han ser motivo de discusión e polémica,polos efectos que eles teñen a título individual e como colectivamente,por exemplo xa case que rematando este mes de agosto, ven de saír nos medios de comunicación o maldito uso dos transportes pesados para a trata de emigrantes e crianzas--como no caso da Austria e o das camionetas lixeiras, por certo con matricula española como o caso de Hungría, para este mesmo fin.-o negocio das pateiras terrestres non ten escrúpulos-.

Este derradeiro uso miserable,fainos una vez mais por en causa, as políticas agresivas do preto americano,o cow-boy negro por demais premio nobel da paz,que con una de cal e outra de areia, extende a política imperialista do seu país,alí onde pon a man-ou gadoupa xa non sei-,comeza a desfeita;so se precisa iso sí un pretexto o caso de Irak,Libia ,Siria e próuximamente e previsiblemente Ucraína e a moi curto prazo Cuba,están na lista de desfeitas.(Corea e caso aparte).

Nada se fala nos medios de comunicación destas causas primarias, orixinarias,motivadoras, e se por acaso nalgún intre se fala e para xustificalas en face a valores, coma “libertade” “democracia”,”dereitos humans”, “igualdade” e demais verborrea carente a todas luces de contido real, e que persiguen únicamente a expansión do curral dos intereses financieiros internacionais,e que os cretinos locais non paran de louvar nos xornais.

Recibimos eso sí emigrantes que ninguén quere,…fuxidos das guerras e das desfeitas…., nestes nosos países, que van de ricos e de comparsa de USA e Alemaña , pola vida.

Pero nos tamén temos a nosa desfeita,chegoume por e-mail, neste día,un correio moi ilustrativo,sobre a influencia dos transportes e a sanidade,con relación ao NOVO HOSPITAL DE VALADARES,non vou a repetilo, pero está moi simples no xornal vigoalminuto,e polo tanto aló me remito.

Unha vez leído e analizado,podemos comprobar a miña primeira tese que ollo co coche,só na sua xusta medida,mellor os transportes públicos, e por enriba de todo poñer no seu sitio a todos aqueles que convirten e queren convertir os servizos públicos en NEGOCIO descarado.

Reparen que alguén me decía que iso os de Morgadans non lle iba nen lle viña,xa que eles van a POVISA no "taxí",e ia xa todo no prezo—mc,mc,mc—sen comentario.

Alén diso indiciar que este que lles escribe,desde logo olla con moi bos ollos,calquer tipo de protesto que se leve adiante o día tres de setembro do ano 2015, as 20,00 horas,desde o Hospital Xeral de Vigo, até non sei donde,como preludio ,comezo de un bo curso de protestos sanitarios contra esta desfeita de toda a cidadanía e todos os posibles usuarios deste ben público,a sanidade,pola súa defesa, e para trabar esta tolemia.



1.-Austria.-.-.-http://www.lasexta.com/noticias/mundo/austria-confirma-que-son-mas-inmigrantes-muertos-hallados-camion-abandonado_2015082800024.html
Parada de carros en Morgadans
preto americano
HOSPITAL DE PAGO DE VALADARES
Comentarios (0) - Categoría: Agosto 2015 - Publicado o 31-08-2015 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal