Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OXI-Nunca mais..!!-Pacta sunt servanda.
Pacta sunt servanda....!.

Hai frases que teñen unha forma e unha forza,que sobrepasa a causa que as orixinou,e perduran no tempo namentras haxa memoria,para quenas viviron ou non.

Comezando pola mais recente -OXI-

-Que contra todos os pronósticos,e contra todos os efectos de unha intoxicación interesada, para dentro e fora da Grecia,conseguiu un resultado fora de toda dúbida,como é que un pobo debe ser consultado cando for preciso,e que este pobo se manifeste,na dirección lóxica en función do seu sofrimento e intereses a fervillar.

(Outra cousa está por ver o uso que se fai deses resultados,dese gaño,e como para emitir un xuizo preciso escoitar as dúas partes,agardarei a este fin de semán que tomarei café co Tsipras e co careca da moto Varoufakis,a ver que me contan.)

-Da mesma forza ou mais seguindo con Grecia, foi o “Nunca Mais..”,de todo o pobo galego, ao terrible impacto económico ambiental para Galiza,que na súa parte positiva, permitiu arrombar polos aires un dos casos de corrupción mais importantes en Galicia,co resultado que xa todos coñecemos, e que lle costou o “delfinato”, na sucesión da presidencia a alguén .Tivo a súa parte positiva, que pùxo a Corcubión no mundo e permitiu unha notabilísima sentenza EN GALEGO, SI EN GALEGO...!

-Piores lembranzas me traz aquel engano colectivo de “OTAN,de entrada NON”,lembranse….? Non //Si.Pois non vale a pena nen comentalos.

-A nivel local,en Gondomar, acabase de asinar un pacto local de Goberno,que por notoriedade, non vou a explicitar,está en todolos medios de comunicación,e en todos os blogues dos asinantes e non asinantes.Nese pacto recollese explícitamente a promoción e uso do galego, desde o goberno municipal .
Embora isto fora así as primeiras camiñadas,que teñen nome e apelidos..., non apontan nesa dirección.
Fixense na foto, nos sinais de tránsito que o "novíssimo" concelleiro de tránsito de Gondomar,espetou diante da “Caixanova”, e do “Centro de Saúde”.

Supoño que o concelleiro e o partido do que provén teñen as súas razons para por iso,que ainda non as sei,pero me consta que xa lle foi dito tal desfeita,e que non a correxiu ao menos no momento de comentar este tema.

Mal comezo compañeiro,mal comezo camiñada torta, un que tiña entendido que os “Pacta Sunt Servanda”,vese que o entendimento e xusto para o contrario, que os pactos NON son para cumplir.

Posiblemente sexa moi duro con este comentario, porque normalmente danselle 100 días de confianza a os gobernos,para unha primeira avaliación,pero e que nestes casos o crédito está esgotado,NIN UN SO DIA con estas cousas relativos ao galego.

Que pasou en Morgadans,neste ponto???, pois mais do mesmo,por parte da Igrexa e dos seus ad láteres- comisión de festas-,deturpan o nome e o uso da lingua.(vexanse os cartaces deste ano das festas de Morgadanes e del Libramiento...)"



(1.-Os pactos son para cumplir)
Brocardo latino,con sinificado xurídico,que indica que os pactos son para ser cumplidos. ^

Comentarios (2) - Categoría: Xullo 2015 - Publicado o 31-07-2015 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal