Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tratado de libre comercio EE.UU_Morgadans-UE
O segredo do tratado de libre comercio TTIP entre EEUU e a UE.
(Versión chinesa para Couso).

Segue con plena actualidade calquer nova sobre o tratado de libre comercio TTIP acrónimo de (Acordo Transatlántico de Comercio e Inversions ) entre EE.UU e a UE,a pesares das reservas manifestadas polo Europarlamento, recentemente.

Con carácter xeral entre estados os tratados de todo tipo existen antes de que eu tivese nado,mais a natureza deles muda , de un xeito que escapa con muito ao coñecimento da cidadanía, tanto de un xeito directo, como incluso a traveso dos órgaos dos estados.

O coñecimento directo que delo temos foi en principio por fornecemento dos datos a traveso do Wikileaks ou Filtra.la, que alá na altura do ano 2014, deron por eles novas destas cuestions.

A nota e que os tratados xa non xorden das necesidades dos propios estados mais reflicten unha situación dos grandes poderes mundiais,e decir dos poderes financieiros e as súas formulacions das organizacions privadas en que estes se constituien para acumular mais e mais poder.

Obviamente dados este tipo de actuacions,os primeiros atributos que podemos decir e que son antidemocráticos, que buscan asemade pasar por alto a soberanía dos estados, dos parlamentos,pero e que ademais co paradoxo de que están asinados por membros ou representantes, de dubidosisima procedencia democrática,eso sí ligados a os estados asinantes.

En todo caso so desentupen os atrancos das multinacionais en cada estado.

O contido filtrado, pon os cabelos de ponta a calqueira que saiba algo mais que leer,porque leer e leer sabemos caseque todos, mas o problema está interpretar o léido,e ter una opinión e una eisixencia correcta.

Nesa mesma liña está o TISA,entre 50 paises e a UE inclusa como non podía ser menos,e que atinxiría a materias de Telecomunicacions, Comercio Electrónico, Transporte Aéreo e Marítimo, Distribución e Envíos, Servizos Profesionais, Transparencia, Movimentos de Personas Físicas, Regulacions Nacionais Internas, Servizos Correios Universais,etc.etc.(Descoñezo de momento se o chip dos cabalos de Morgadans e obxecto de debate...)

O dramático do asunto e que neste cenario para pasar por alto inconvintes, e meninices de diario,porianse en funcionamento, mecanismos, que superan avastadamente os actuais e vixentes mecanismos entre estados,tal cal son, mecanismos privados de composición e arranxo de conflictos,liderados e levados adiante polas MULTINACIONAIS,e empresas PRIVADAS,por enriba dos estados,e non so iso, o poder das grandes corporacions de demandar a os gobernos perante tribunais PRIVADOS?..¿?¿?¿?¿

Aceptación por parte dos estados deses tratados debe ser ?ad integrum?, en todo,e decir sen reservas de ningún tipo,-eis as fraquezas dos estados-.

Por poñer unha analoxía próxima e inmediata no tempo en Gondomar,lembramos todos o famoso Plano da Diputación de Pontevedra, promovido polo inefable Louzán,que conseguiu engaiolar,con cantos de sereias a uns cantos concellos sobre a recollida do lixo en Gondomar,vamos en térmos prácticos supoñia unha escisión, do actual sistema de recollida,-caducado de facto a data de hoxe- iso si na practica supoñia una ?aprouximación? ainda mais da privatización da recollida do lixo a Gondomar,mediante una empresa privada potenciada polo prócer da propia Diputación?.

Visto o asunto no Pleno Municipal de Gondomar, no día en que por acaso alí me atopei,puiden ollar a encoraxada defensa dos intereses da cidadanía de Gondomar por Antonio Arauxo, hoxe concelleiro por Manifesto Miñor,na corporación electa de 24 de maio do 2015.O contido do contrato concesorio de aderencia de Gondomar a esa suposta entidade privada, como xa teño comentado era realemente leonino.

Falta total e absoluta de control da entidade concedente,-Gondomar-cara esa empresa concedida,privada;posibilidade absoluta de repercutir co cobro, con carácter mensal e inmediato, de esa empresa privada, sobre a xestión recadatoria de impostos do concello de Gondomar,¿?¿?¿? calquer que fora o tipo de imposto ou taxa recadada-Haberase visto que descaro e falla de vergoña-,posibilidade directa de fixar o prezo da recollida do lixo pola empresa privada a ?custos reais?,sen mais facultade do concello que a de vixiar,verificar o cumplimento,etc.etc .etc. e un conxunto de estupideces de inumerable amplitude e calibre.

Alén diso e por outro lado o ex ?alcalde,e algún membro destacado da actual Iniciativa por Gondomar,votaron a prol de tal proposta de concesión,defendendo as belezas de tal contrato.(Conducta que incluso foilles afeada polos opositores por posibles vencellos persoais dos citados con tal concesión, segundo consta nas actas do pleno e en cuestión as que me remito).

Por non sei que... ,a proposta de concesión do lixo , non saíu adiante,e a promoción pola Diputación quedou en nada.

Bon non gosto de pensar que podería acontecer ,de ter sido aprobada.

Pero a todo isto en que afecta isto a tamén a Morgadans?,pois en nada...,como era de esperar,hai que sinalar que desde as eleiccións de maio do 2015, xa houbo dous feitos auténticamente revolucionarios na Entidade Local Menor de Morgadans.

Por una banda,mudouse a data de toma de posesión da nova Xunta de Goberno....,desta volta fixose un LUNS 22 de xuño,este feito revolucionario agoira unha andaina prometedora.

E en segundo lugar outro feito auténticamente revolucionario, está en que até agora o coche propiedade da entidade local menor que usaba o anterior presidente para ir de acó a colá , está xa aparcado na casa do novo presidente,feito este tamén de agoiro de un futuro prometedor;teño que indicar que neste ponto hai una certa marxe de dúbida, xa que alguns co-parroquians, coa súa sabedoría informanme, que tanto o carro da ELMM,e a excavadora fican aparcados na casa do irmán do presidente da ELMM,e que e este o que os está a usar como se foran propios ¿¿??,polo tanto teño que deixar amplo marxen de dúbidas neste ponto,xa que me consta que agora invertironse os papeis,o irmán -impedido- e o que conduce o camión do lixo por conta de Geseco, e o presidente non,seica din.

Sexa o que for Siriza e Tsipras,Grecia,e os 300 espartans de hoxe , son uns aprendices a frente do persoal de Morgadans, Gondomar,e os dez do novo e futuro goberno local.

Por outra banda as mulleres a noitiña,seguen a preparar as alfombras para a festa,as ordes delegadas do Sr. Crego e seus mandados.

Comicidade e anécdotas aparte que non falten,non podo por mais de facer absoluta referencia e admiración a Comunidade de Montes de Couso,e ao seu suceso no cultivo, implantación, e expectativas de futuro no que atinxen ao cogumelo chinés ?Shitaki?,que ven empregado pode ser una fonte próxima de traballo e riqueza para todos,e por suposto de momento non está incluso nos tratados , TTIP e TISA.




Comentarios (0) - Categoría: Xuño 2015 - Publicado o 30-06-2015 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0