Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Morgadans-Take a chance on me !!!!!
DIA DAS LETRAS GALEGAS EN MORGADANS 17/05/2015

Bando apócrifo conmemorativo de tal data no territorio de Morgadans.

Con data 12 de maio do ano 2015, en plena campaña eleitoral para eleición dos representantes nesta Pedanía,e contravindo todas as normas públicas eleitorais reguladoras ao efecto decido convocar esta Xunta Veciñal, da Entidade Local menor de Morgadans.

Debo clarexar a os meus parroquians que a derradeira xunta celebrouse con data 26 de decembro do ano 2014,e tíñanse que ter celebrado xuntas veciñais cada dous meses, segundo o dispuxen,nalgún regulamento anterior,do que agora non me lembro.

A verdade e que non tiven tempo para convocar a Xunta Veciñal, xa que estou ocupado noutros asuntos.

Nela tratamos o ditame da conta xeral do ano 2014,pola Comisión de Contas,que como está constituída polos mesmos membros, que formamos a Xunta Veciñal,aforramos reunions que nos farían perde-lo tempo,total que mais da a Comisión de Contas,Xunta Veciñal, Grupo de Gaitas,Bar da Comisión, etc.etc.etc.aqui votase e nada mais,en calquer caso que mais ten ahí tedes alguns papeis que semellan ser contabilidade.

Reparade que hai algunas faturas do ano 2012 ,da empresa Techi.SL,por algunha cousa que nos fixo, e outra de Pesal,SL do ano 2013, por algunha outra cousa que seica din que fixo.

Reparade asemade que esas faturas e outras mais, non as puxemos en ?contas? anos anteriores, porque se nos esqueceu, pero tragemolas agora, que e o mesmo.

Como co pagamento desas e outras faturas quedamos sen un can na caixa da Entidade,(para ser exactos, 186,62 euros),traigo unha nova proposta.

A proposta e que: ABOFE GRANIT,SL, tiña a concesión para extracción de granito, ahí enriba, (a 500 metros da mámoa, sen catalogar que xa todos coñecedes),esta concesión solicitouna o dous de outubro do ano 2001, e de sorte deronlle a licenza pola Consellería de Industria, con data do ano 2009, e decir nese tempo estivo facendo xestions administrativas para legalizar a extracción, mentras tiraba do granito.(As cousas levan o seu tempo).

Seica foille mal, debenos una cheia de cartos.

Mas hai outra empresa Paconte Vigor,SL,que se adica e recoller entullos e lixos industriais e urbans,e seica, pagarianos 12000 euros, de entrada, e despois enchería aquilo de lixo e entullos ata 150.000 m3 ao ano e pagarianos 0,40 euros/m3.

Así taparíamolo buraco da canteira,e teríamos cartos -para encher a caixa que queda valeira-.Os permisos e licenzas iso non e cousa nosa ¡!, xa a Xunta de Galicia encargarase diso.

E si o aprobamos agora nin os ecoloxistas se enteran do asunto.

Xa sei o que van decir algúns desta mesa, os Xudas de turno,MC.MC.MC,pero e igual aquí votamos e temola maioría,punto pelota.

Como podedes ver ,parroquians de Morgadans,e tudo unha anormalidade democrática, e de xestíon,pero eso sí facemolo SEMPRE EN GALEGO, esa eis a nosa contribución, lingua, barbariades, e ilegalidades en Galego,como non podería ser menos.

Así pois e unha mostra mais da utilidade da nosa lingua non /si ?


Asdo.
Presidente Apocrifo da Entidade Local menor de Morgadans.


Notas do autor o de ?menor? está feito aposta e con toda perfidia;non poño o escudo da Entidade neste bando porque as verbas que incluie ?Traballo?,?Verdade?,?Modestia,etc,non as entende moi ben o presidente.

17 de maio do ano 2015









1(1) Alén de ser unha cantiga do grupo Abba,e unha chamada impotente a mudanza ,democratica para facer as cousas doutro xeito. ^
Comentarios (0) - Categoría: Dia Das Letras Galegas 2015-Morgadans - Publicado o 17-05-2015 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0