Morgadans


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadans
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadans,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Voçe abusou tirou partido de mim.......
Acaba de comezar a campaña eleitoral as cámaras municipais 2015, e decidin ollar cal era a perspectiva dos distintos concorrentes para Morgadans.

Que se recollía no seu ideario se é que existía...,e cal era a súa formulación concreta.

Así pois unha vez decidido apañeime de paciencia e percorrín os blogues dos diferentes aspirantes -as cadeiras- do consistorio e da entidade local.

A visión foi desoladora,de uns a outros,polo que comparando o que se dí, coas persoas que hai detrás,sospeito que o único que se trata de vender a os veciños e FUME,en toda a sua expresión.

Por elo veume de súpeto a cabeza aquilo de "Voçe abusou,tirou partido de mim....,abusou ?,polo que reflexionei e parei a ouvir o samba,do Toquinho,Vinicius e Maria Creuza.



Embora isto fora así fiquei sorprendido cunha formación veciñal o MANIFESTO MIÑOR,que alén de ter un esmiuzado programa para o concello de Gondomar a as súas parroquias, ocupaba tamén con sumo detalle un programa específico para Morgadans, que reproduzo fidelmente.

""14.ENTIDADE LOCAL MENOR DE MORGADÁNS

Morgadáns non pode perder outros catro anos máis mentres as demais parroquias do concello progresan en calidade de vida, etc, É preciso que ao fronte do goberno da Entidade estean persoas capaces e honestas, defendendo un proxecto político transformador e que sexan quen de ilusionar aos veciños e veciñas, dende Manifesto Miñor propoñemos:

- Transparencia no funcionamento económico con publicidade absoluta do orzamento,en todo caso,unha auditoria interna das contas na Entidade.

- Abrir as as portas da Entidade Local Menor á participación veciñal, dándolle o protagonismo que lle corresponde aos veciños e veciñas da parroquia, coa elaboración dun regulamento de primeira.

-Unha auditoria interna das contas da Entidade
-Facer da Entidade Local Menor unha administración moderna e ao servizo da cidadanía, con persoal para atendela, e cun horario normal coma en calquera administración pública.

-Xestion democrática e transparente dos montes da parroquia.

-Proxectar a senda fluvial para unir Gondomar-Morgadans parte alta.

-Facer o inventario patrimonial da ELMM na parroquia."


Non teño mais que decir que se a veciñanza entendera esta mensaxe,poñeriamos todos a Morgadans no seculo XXI ,democraticamente falando.!!!
Comentarios (0) - Categoría: Maio 2015 - Publicado o 11-05-2015 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal