Era aló pola altura do mes agosto do 2011, onde este vogal na Entidade Local menor de Morgadans,ELMM,presentaba unha moción perante esta entidade para que se instara perante a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia o restablecemento da segunda ambulancia medicalizada do Val Miñor que fora suprimida;neste mesma orde foi a actuación do concelleiro Antonio Arauxo Quintas de
Manifesto Miñor,no Concello de Gondomar con unha proposta semellante.
Pasado pois a celebración do 25 de abril en Portugal e o seu sinificado,histórico por demais,veume a cabeza as dúas contrarevolucions levadas a cabo en Portugal depois do 25/A,cuio fin último foi o
?ASSEDIO e ABATE? das conquistas desa data;na data de onte puiden ollar a face de un canoso capitán ,partícipe activo do 25 A, hoxe reformado,que mantiñase firme no seu protesto contra o actual Primeiro Ministro e o discurso atávico do Señor Presidente da República.?Ouve ?dixome-isto non e apenas aquí e agora,isto e xeral?.?.
Por tanto reparei naquel momento debido a unha circunstancia de un amigo meu,situacionar novamente o tema da sanidade en Galiza,e particularmente en Morgadans,e para elo acudín a meu colega Xulio Castañal Canto, que e membro da plataforma pola sanidade
galega SOS,e que se presenta como candidato polo Manifesto Minhor.
Dixome que o pecado orixinal da sanidade galega foi ter sido transferida a competencia de sanidade do Estado a Galicia e acollida polo entón goberno daquela, con unha avaliación inferior a un 20% do monto total que lle correspondía,pero que o ?importante? era coller como for esa transferencia axiña?.,e para a situación actual, a derradeira, era un artigo moi documentado con datos e ilustrado de ?Luisa Lores-publicitado no xornal
nuevatribuna.es (http://www.nuevatribuna.es/articulo/sanidad/servicio-americano-salud-galicia/20150422173415115036.html ),intitulado periodisticamente como
?El servicio americano de salud de Galicia?,que polo que puiden leer pon a caldo moi obxectivamente a Alberto Núñez Feijoó,e toda a súa equipa de goberno,na xestión privatizadora do PP da sanidade galega.
Remito a esa páxina para non mudar o mais mínimo, nen o esprito nen a letra da autora,lembreime daquilo de
?TRADUTTORE, TRADITORE?
Así pois o asedio e abate da sanidade galega usa tamén como o bo ciruxán o bisturí límpido da privatización mais desvergoñada, para derribar o público,e facer medrar sen travón todo o privado,o resultado non importa..?.agora, despois xa veremos.