E importante para Morgadans como referencia e sobre todo neste momento a sentenza dictada polo
Xulgado do Penal nº 2 dos de Vigo.
Nela
condease sen nengún tipo de paliativos por prevaricación, a Martin Urgal, alcalde do Partido Popular naquelas témporas, e ao creador de Iniciativa por Gondomar-tránsfuga-Alfonso de Lis,que tamén tivo o cárrego de concelleiro de urbanismo, na nosa vila,Gondomar.
Oito anos de inhabilitación,para cada ún,polo que alí se dí no documento,poderá parecer moito ou poco, segundo se mire,pero hai cousas que quedan claras para todo Morgadans.
Son delincuentes,convictos pero non confesos,penalmente culpàbeis, e así serán lembrados.
Non terán unha rúa xamais en Morgadans,por ignominia,imaxinanse vostedes caros veciños, unha rúa co nome ? Ao moi ilustre delincuente .D???, ou ?ao moi ilustre tránsfuga .D??? neste segundo caso xa a comisión de transfuguismo do Congreso viulle o tipo de ideas e actos que lle rondaban pola cabeza ao segundo.(o D. poñollo diante por cuestión cultural miña, non por outra cousa).
Quedan manchados de por vida por esa condea,por moitas voltas que se lle dea,quen quer e donde for.
O seu talante democrático-se algún día existiu- está posto mais que en causa.
Non podemos esquecer tampouco o carácter irradiante da súa conducta a os partidos que representaban ou decían presentar ,Partido Popular nun caso e Inciativa por Gondomar noutro,que os apoiaron até a última;pero que mecanismos teñen determinados partidos para atraer a estes politicamente
Gebos nas súas filas?.
Quedaría coxo este comentario,se non se fixera mención a todos aqueles veciños que os votaron ,e non vou a quitar ou engadir nada, pois cada quen e maiorciño,para saber o que vota.
Non se me pode escapar un comentario, neste caso a os perxudicados directos os funcionarios que foron apartados do exercicio lexítimo do seu cárrego dun xeito ?basto?,?burdo?, segundo a xuiza,simplesmente porque os seus informes como decimos a certo nivel ? de Libro?, non eran do gosto dos próceres delincuentes.
E por outra banda como sempre,todo Gondomar, resultou afectado no seu peto, xa que estes cobraban sustanciosos salarios ?por iso?, e asemade dilapidaron un bo diñeiro que boa falta facía noutros lugares.
Tamén ven neste momento a miña memoria a data do comezo,cando apañaron o cárrego a base de presentar unha moción de censura contra o lexitimo alcalde daquela Sr. D.Antonio Arauxo,(este debe levar diante Sr. D.)
Eu sempre digo o mesmo ti a que vas ao concello ?a dar? ou ?a tirar?, o mesmo para a Entidade Local Menor de Morgadans, ?das ou quitas?.
Seguindo unha lóxica razoabel, dado o racio de condeas por habitante,- menudo carreirón levamos en Gondomar-, a miña pregunta é quen (nes), van ser os seguintes? , abrese o período de quinielas!!!!