O PXOU de Gondomar foi declarado nulo desde o ano 2005, a resultas de unha sentenza xudiciaria do mais alto nivel.
Ora ben, os efectos desta anulación ainda seguen a dar voltas na data de hoxe,tanto en actuacions colectivas como individuais.
O Plano Xeral,obviamente, calificaba, solos, ordenaba recursos, actividades etc.En materia de solo afectou a un bo fato de veciños de Morgadans dun ou doutro xeito,entre outros variando a calificación do solo.
En materia tributaria, en particular o IBI,ten especial peso a calificación do solo,para o seu propietario ou detentor, en particular pasaron a menor calificación tributaria dado que o docuemntao que habrá de aplicarse son as NORMAS SUBSIDIARIAS,por defecto, e relativas en particular a os nucleos que contempla a Lei do Solo.
Postas así as cousas, e claro, que neste imposto se
estaba pagando a mais.
Neste pago a mais, fora moito ou fora pouco, a nivel individual,en termos de magnitude de escala, supón unha contía moi sustanciosa.
Polo tanto había argumento sen cuestión, por unha banda o desbalanzo da facenda municipal, que se nutre deste imposto, e por outra o pagamento indebido de todos nós,por esa circunstancia sobrevenida.
En aras a verdade e preciso sinalar que o Concelo de Gondomar, veu cobrando ese imposto coa suba ata hoxe.
Por elo recollendo a tan denunciada situación do grupo nacionalista do concello en distintas ocasions,houbo unha proposta relativa a revisar o cobro do IBI, desde o propio concello de Gondomar.
Con distintos matices saiu adiante.
Queda ainda por ver como se vai a materializar, a porta non parece pechada polo momento.