Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Preferentes II-suma e segue !!!
Até agora e raro que eu me repita neste blogue,pero os acontecimentos son de tal magnitude e de influencia local que non podía deixalo pasar.

Refirome as “preferentes” -entre aspas omnicomprensivo de todas elas-e como identificativo.

A instancias de o grupo nacionalista de A Nova en Gondomar,foi pedido un pleno extraordinario no concello con unha proposta clara e medidas concretas de apoio a os danificados das preferentes.

Tal pleno mediante consenso, foi aceitado,pero alto ahí, o Alcalde Sr. Guitián, seguindo instruccións do Altissimo Sr. Louzán, de un xeito unilateral, e sen consulta algunha mudou a hora do pleno, de tal xeito que en lugar de celebrarse o día 25 de marzo as 20:00 horas como se celebraban todos até agora, pasou a iniciarse o mesmo día 25 as nove horas,co fin moi claro impedir calquer asistencia veciñal.

O resultado e hoxe historia.

Esó sí previa presión veciñal, e aplicando o principio de oportunidade polo rexedor local, o que non era posible celebrar o día 25 as 20:00 , exactamente cos mesmos argumentos,e sen outra convocatoria, validouse para o día 28 de marzo as 20:00 horas.

Certamente estes prolegómenos eran precisos para contornar o que viu despois.

Eu que por parte de pai teño o sangue frío,daba saltos na cadeira,ao escoitar a argumentación de tres dos ali intervintes,maldita sea representantes populares,maldita sea,maldita sea….!!!,pola capacidade de desviar un problema, a verdadeira natureza,e as posibeis solucions, e sobre todo a pescar en río revolto.

Unha vez leída a moción polo proponente dela un tal Pauliño do grupo nacionalista de A Nova,pasou a turma de palabra a un tal Eladio Costas, de Seguros Eladio Costas SL,que agora meteuse a “politico”,o home non daba pé con bola, até tal ponto que pasouse cinco minutos exactamente a leer un par de follas que traía escrito, e certamente debía ter/haber pouca luz, porque a leitura non era alá moi boa, nen en dicción nen en prosodia.

Do contido, o grave do asunto e que este home propoñía unha modificación da moción presentada,e utilizando case un terzo do seu tempo non parou de solicitar por activa e por pasiva, a declaración de “persoa non grata”,de algunha persoa alí presente por haber vendido preferentes,como se o problema fora este, e o fondo do pleno tal cousa fora.

Pero iso non quedou ahí,de seguido un tal Manuel a quen todos coñecen por “Pajaritos”,e que ten a desgraza “novamente”de sentarse nunha cadeira do concello-o de desgraza o digo para todos os habitantes de Morgadans-,porque este cidadán foi recoñecido como tránsfuga,non confeso pero convicto pola comisión oficial das Cortes ao respecto,sinalo este extremo por razón da dubidosa moralidade política que implica esa calificación.

Pois ben este home na liña do predecesor Eladio, pero moi furibundamente, arremeteu o 100% da súa intervención, contra o anterior director da sucursal de Gondomar,poñendo ademais como exemplo de comparación a outro traballador da Caixanovagondomar,por ter vendido preferentes.

O tal Manuel Pajaritos fixolle asemade un axuizamento directo ao arremetido, apresentando como proba, un escrito do arremetido ,segundo Manuel Pajaritos o arremetido era coñecedor do que facía-intencionalidade-

Pero pobriño,Manolo, non sabes que de ser certo ese escrito, e, cair en mans de calquer avogado que leve un caso de estes era xuizo gañado,habería pelexas por telo.??

O terceiro en falar deixoume fora de xogo,pois tendo a oportunidade, de modificar, ou salvar a situación, con algún criterio consonte a moción ,con unha espresión limitouse a mutilar a súa intervención,alegando que o tema do ex-director da Caixanovagondomar , xa estaba tratado polos dous “ilustres”intervintes anteriores a os que citou :Eladio e Manuel,e que polo tanto él renunciaba a súa intervención, dito doutro xeito, polas súas palabras deu a entender que, ía mais do mesmo, sobre o susodito director,…… pobre Paco.

Pois ben salvou a situación a petición de intervención de un tal Xulio González Vicente,que alén da súa condición de sindicalista honesto e comprometido, hai que sumarlle a súa condición de “caloteado”.

Permitiuselle a palabra no Pleno, e con unha claridade do mencer no vran, indicou que na venda material das preferentes, participaron todos,tirios e troianos,sinalou que na venda das mesmas, hai un alcalde en Nigrán que vendeu preferentes, un deputado, otro no Porriño, en Ponteareas un na Estrada,obviamente de distinta coor política.

Indicando que o problema era “netamente poítico”,sobor de todo inacabado,e con actuacions públicas,de cobertura a os delincuentes,frente a represión e maledicencia para os caloteados...(violentos,manipulados,faltos de razón,egoistas...).

Cando escrebo este artigo, estou tomando unha chávena de café ,do que eu gosto, e estou a ver a un tal Louzán, nun medio televisivo local, desabafar,contra un sindicalista profesional,por defenderse asimesmo,e arremetendo contra os das preferentes por violentos.

Bon,a tal ponto chegou a situación, que agora as vítimas -caloteados-non teñen dereito algún a usar todos os medios pacíficos para reivindicar os seus dereitos, pasando a ser os culpabeis:....señores, que nunca veremos a os banqueiros asaltar plenos,nunca veremos a os banqueiros cortar o tránsito,nunca veremos a os banqueiros increpar a Feijoo e afearlle a súa conducta por mentir.

Até agora isto foi meramente descriptivo da situación,en termos de opinión eu nunca daría a miña,en todo caso en termos económicos a cobraría xa que a considero moi valiosa.

Pero vexamos….. nunha organización calquera que for hai distintas persoas, para cumplir distintos papeis,e distintos niveis;cando un vai a unha grande superficie, e o garda de seguridade non te deixa pasar coa mercadoría pola saída, el cumple o seu traballo,ten as normas as que foran que lle son dadas, e ten que cumplilas,acorde ou disacorde con elas.

Cando un policía municipal te denuncia,ten as súas normas, as primeiras, a lei e regulamentos, e depois as intruccións vinculantes das súas autoridades ,e unha pequena marxe de discreción interpretativa,pero ten que cumplilas.

A ninguén no seu sano xuicio ocorreselle persoalizar nestes traballadores,un privado e outro dunha administración, o resultado destas actuacions, antes ben focalizamolo na empresa nas uas prácticas ou institución para a que actúan, son traballadores,e nada mais.

Polo tanto pretender causalizar o problema neste argumento,alén de non ser certo e unha saída errada,porque de ser así, con encender o lume da fogueira e queimar a o que alí foi apontado como culpable-traballador- pois estaria todo arranxado.Non e esa a causa, nen a solución.

Nun chiringuito financieiro, Caixanovagondomar,ou toda estructura financieira, programada, executada segundo ese plano, chamada Abacus,as Auditoras,Banca Goldman-Sachs,e todas as entidades que participaron neste timo, CNMV,o executan teñen accionadores a todo nivel para facelo, de tal xeito que para os traballadores o unico modo de facelo e SI ou SI,non hai outra posibilidade.

A causalidade e outra, co agravante de que o estado cos dous derradeiros governos de distinto coor, por activa ou por desleixo,convertiuse en axente directo na defensa dos intereses bancarios , dos grandes capitais,sen nengún tipo de reservas, en total detrimento dos aforros dos particulares,a os que eufemisticamente chamou INVERSORES,deturpandoos na propia denominación –non coñezo ningún INVESTIDOR en Morgadans,si a moitos caloteados aforradores-.

Convertiron débeda privada dos grandes bancos en débeda pública, que queren que paguemos todos ,via impostos e restricción do estado social.

Expoliaron,a os caloteados,facendolles perder os seus aforros directamente, non indo contra os culpabeis directos-Uló o Banco de España e as súas facultades inspectoras??-senón declarando quitas, deminucions ,que poden chegar ata o 100% do aforrado por estes, alén da rebaixa, a conversión FORZOSA de aforradores, en partilladores, do banco con unhas accions que non valen nen o papel en que están escritos.

E o que e mais grave poñendo todo o dispositivo oficial, e partidario, en intentar convencer a todos de que esta e a mellor solución xeral.

Entre aspas “O problema e político ou non? Quen ten o dominio do feito para corrixir esta desfeita??,debeselle re retormar os aforros integros a os caloteados ou non?Hai culpabeis en todo isto ou non ?Por que uns sí e outros non? A orden económica e a orden pública son idénticas?Quen defende a orden pública sabemolo, quen defende a orden económica?.”





(1) Caixabank,BBVA,Santander,Sabadell,Popular,Pastor,Banesto,Bankia,CAM,BMN,Banca CívicNova caixa galicia, Catalunya Caixa,Caja españa, Bankinter,Effi bank,Unnim,BBK. ^
Comentarios (0) - Categoría: Entre aspas - Publicado o 31-03-2013 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal