Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CALOTE DAS PREFERENTES
O CALOTE DAS PREFERENTES.

Non nos falta o diñeiro sobran os ladrons!!!

Rezaba con esta leienda un cartaz que levaba un caloteado,nunha protesta polo timo das preferentes.

Se hai unha palabra que colle este sentido pleno e cando falamos das preferentes.TIMO.CALOTE.TIMO.CALOTE,de tal xeito e así que a este substantivo o apelido de “preferentes”,venlle a ser certamente algo mais que circunstancial,dende agora a palabra CALOTE, vai ser susitituída por PREFERENTES .

Os que estades leendo,simplesmente pensades que a todos e cada un dos afetados de Morgadans,si Caixanova-hoxe NCbank- no momento de ofrecerlles o engano dixeralles,mire, “deixe o diñeiro aquí de por vida e nós damoslle un 5% de xuros..”,posiblemente os mais vellos levantarían de inmediato o caiado para bater na cabeza do axente do timador.

Pero esa non foi a forma o xeito en que se fixo,non;a forma foi co mais refino que un se pode imaxinar, como o bon timo,para que resulte vamos.

Primeiro foi elexida a vítima, entre un amplo ábano delas,vítimas desde logo non faltaban polo número de afectados,unha certa edade,unha certa falla de cultura básica,o elemento básico, pequenas cantidades en conta para cubrir calquer desgracia.

Depois a base do engano, “o beneficio” un mais que razoable 6%,-facenda aparte-, iso sí acompañado da confianza que ofrece a “solvencia” da entidade que te está ofrecendo este producto,e porque nón un refinado idioma español,”D.Antonio le aseguro a Ud. que es la mejor inversión de su vida….”,todo elo acompañado da sublimación da vítima, “D. Antonio es Ud. un INVERSOR” ,a Antonio e Lola, nunca lles chamaran investidores(pensarían eles que sendo investidores sería un maior recoñecimento as súas cualidades persoais).

Eso sí o papel do CALOTEIRO estaba asemade rodeado non só do prestixio que a Caixanova tiña no seu caso, senón de que eran asemade os ASESORES da vítima, suplirían eternamente, esa “falla de preparación tecnica”, de Antonio e Lola,para iso estaban eles,non faltaría mais.

Se o recén falecido Toni Leblanc,no filme “Los tramposos” a quen gostei de ver naquela españolada facendo o timo da estampita,vivira un pouco mais ,estou seguro que faría unha obra maxistral desta situación.(Mandolle un envite a Lois Tosar dende aquí para elo).

Todos sabemos que os contratos, teñen que ter un beneficio para ambas partes,que non ten que ser igual,e que cando as partes acordan teñen que ter pleno coñecimento do tipo de negocio que se fai,ainda que os detalles non queden claros,pero no caso que nos ocupa resulta que non hai un só detalle claro, e son todo perdas para unha das partes.(Eu penso que en todas estas actuacions todos saímos tocados de alqún xeito).

A outra a parte desigual, a mais poderosa....Bank.., goza de todolos parabens; na data de hoxe, por “mandato da UE”, os timados van recibir si ou sí, papel mollado, accions ou participacions bancarias, xa de por sí REDUCIDAS, mais reducidas van a estar unha vez postas en circulación,pois a banca achanta, agocha, esconde, que tales accions de inmediato van a perder o seu valor nada mais polas no mercado; e alén diso van ter unha quita,reducción, minusvaloración de un 40% segundo din os de Bankia os de Rodrigo Rato para entendernos, que son outros fenómenos.

Vamos dito de outro xeito claro que van quedar relados-senón obviamente non serían vítimas-
Pola outra banda Caixanova os de Gayoso,Mendez etc.,Bankia e os outros vanse safar,como non podía ser menos.

Os poderes públicos,Feijoo e compañía xa se ocuparon de que esto fora así,primeiro alongando o tema no tempo,segundo, agarrando coma un prego ardendo a “solución da UE”,de tal xeito que a solución “ven imposta”,nos non facemos mais que acatar o que se día fora e que está por riba de nós-din eles-,e mentras tanto aplicando como noutras cousas un “código ético da banca” (A inmoralidade da banca merece outro comentario), e tentando que mediante as arbitraxes, mínimas e ralentizadas deran algún apaño temporal, eso sí separando uns investidores de outros.

Donde quedaron as facultades inspectoras do Banco de España,donde quedaron os timos recentes de Forum Filatélico, Rumasa 10%,e moitos outros que me veñen a memoria próxima.

Lembrome hai moitisimos anos,un cronista oficial de determinada cidade,que defendía con paixón as súas ideas falanxistas,nunha clase de Formacíon del Espíritu Nacional,materia obrigatoria para os da miña quinta,explicaba como funcionaban a Bolsa de Madrid , e os bolsins de Barcelona,Bilbao e Valencia, e explicaba tamén que na Unión Soviética non había Bolsa de Valores e non había estes timos porque non eran economías especulativas,lección que endexamais se me esqueceu e que podería repetir ponto a ponto.

Nas datas que corremos,os partámetros son outros, habremos de falar das Finanzas éticas:e do diñeiro o servizo da transformación social.

Si digo ben a transformación social, senón fora así,eu mesmo estaría a estragar o meu tempo ao escreber este comentario a favor das vítimas desta desfeita.
Bolsa(1.-) A CNMV,non existía daquela ^
2.-(2.-) Prácticamente coetáneamente con isto nos USA, e a traveso da banca Goldman-Sachs,sacaban un producto denominado "Abacus",que levou a miseria a millons de persoas nos EE.UU e enormes beneficios a maior banca do planeta. ^
Comentarios (0) - Categoría: Decembro 2012 - Publicado o 05-12-2012 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal