Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TERRAS RARAS NO GALIÑEIRO
AS TERRAS RARAS E O BENEFICIO SOCIAL.

Xabarda dixit.

Corría aló o ano 1993 ,xusto nas datas en que Boris Yeltsin, cañoneaba a Duma,como mostra de forza contra o seu vicepresidente o Xeneral Rutskoi, e para todo aquel que ?Urbi et Orbi? quixera entender que o esfarelamento da Unión Soviética non tiña retorno.

Naquelas datas atopabame en San Petersburgo,convidado polos meus amigos rusos,na illa de San Basilio,nos edificios públicos ainda estaban no ar as dúas bandeiras, a da antiga Union Soviética, disolta o 25 de decembro do ano 1991,e a da nova Rusia;eran simplesmente unha mostra dos distintos poderes existentes en tales edificios.

Naquela altura a situación na Rusia era pésima, en todos os ordes, e sobre todo económica.

Pois ben,cos meus amigos fun a visitar e coñecer en detalle a determinado Instituto público,claramente vencellado a industria militar soviética ata ese instante,na área da mineiría e investigación-hoxe segue coas mesmas actividades-.

Alí conversei nun ambente cordial e de amizade, coa súa Directora,de ascendencia kazaka,educada na universidade de Leningrado,e de grande preparación e valía.

A pesares de que ela xa sabía TODO sobre min,preguntoume de que parte de España era eu,e contesteille o mesmo que sego a contestar hoxe a os estranxeiros, ?Do norte de Portugal, da Galiza?,e de seguido se me deixan ou teño oportunidade,explicolles todo o demais.

Pois ben,a Directora,dixome que estaban a colaborar naquel intre nun proxecto concreto coa India ?pais non alineado-,e dixome tamén con sumo detalle, que en Galiza, había grandes oportunidades en mineiría,ouro,derivados do cuarzo, e os LANTANIDOS-(Terras Raras),e ensinoume con detalle mapas satelitais,sobre mineiría,sobre o noroeste da peninsula ibérica e o mar estremeiro,ata o Algarve,nos que estaban sinalados infinidade de detalles,no que puiden leer moitas cousas.

A continuación indicoume que a nosa colaboración se se puidera implementar, sería a determinación en cuadriculas de detalle, no propio terreo, mediante captacions, do contido e alcance mineiro de cada mineral.

Esta historia individual,confirma xustamente o que vemos a diario,que o I+D, os traballos de investigación son para outros,e a nos cumprenos somentes un só elo na cadea, o de serventes,con pouco lucro ou beneficio.

Está en boca de caseque todos, o interese que presentan as terras raras en Galicia,existencia que se sabe que ven de moi vello e que eu poiden comprobar en institucions de altísimo prestixio e preparación.

Agora tocanos en Morgadans,e por extensión en toda a Serra do Galiñeiro-tanto monta monta tanto-,falar do tema coa publicación no Diario Oficial,da proposta de prospección por unha empresa de Africa do Sul dos traballos previos para a extracción destes minerais,terras raras.
Presumo que por parte da Xunta de Galicia, a contesación xa está dada e xustificaranna de mil maneiras,a creación de emprego a cabeza.

A polémica e os intereses en xogo son muitos,relativo as empresas de minerais da Africa do Sul os resultados sabemolos de anteman,ouro,diamantes, e materiais radioactivos son a base dó seu negocio, os que extraen son negros,si negros, os salarios e condicions sociais son pésimas para estas persoas,-antes co aparteid e a discriminación,e agora cos novos neste ponto e igual-,nembargantes os propietarios de esas empresas,locativamente falando son alleos,holandeses, británicos, alemans,norteamericanos,israelitas.

Os centros de decisión de eses minerios ,están en Nova Iorque,Londres, Amsterdam,e o do uranio e derivados nen se sabe.

Neste momento todos sabemos tamén que alén da China e India que teñen estes modelos de terras raras comercializados,no resto do mundo hai un problema ,e ,que existen pero non están ainda de un xeito masivo no comercio e mercados, polo tanto son estes dous paises chineses e indianos,os que marcan o prezo nos mercados internacionais.

A extracción destes minerios,non e precisamente un modelo de limpeza e pulcritude ambiental,depende do terreo pero o modelo de extracción a ceo aberto e do mais común,con un inxente movemento de terras, para reubicar,macro instalacions para limpeza dos óxidos, e concentración dos minerios, e subproductos.

Quero neste ponto lembrar o grande problema causado polo furado dos tuneis do AVE de Redondela a Vigo, a recolocación da terra quitada orixinou dous grandes efectos, a ?ampliación do porto de Vigo?, baixo o mandato de Corina Porro, para aproveitar o ?uso? destas terras quitadas, o amontonamento de parte desta terra na autovía de Vigo-Porriño, A-52,na altura de Cans, e que rematou nos Xulgados, e que ainda está por resolver, e outros problemas ?menores con particulares?.

Pobre dos que non teñan memoria ou non teñan a ninguén que lle recorde estes temas.

Non queo extenderme mais porque vou ter moitas oportunidades de falar e facer sobre este tema.

Nembargantes o efecto inmediato será ver a Urbano como presidente da Entidade Local Menor de Morgadans, ir correndo para saber onde está a oficiña da empresa esa para preguntar cando veñen a facer as prospeccions,e explicarlle o xeneroso sistema de tarifas que a Entidade ten para estes casos, e por outro lado a este cidadán como vogal nacionalista de esa Entidade Local Menor ,voltando a explicar polo miúdo quen e cada quen e que iso nen sequer e pan para hoxe!.

30 novembro 2012

(1-Reservome o nome,hoxe existe e é mais grande e poderoso.) Hoxe segue a existir. ^
2(2) Hoxe ten un importantisimo cárrego na Rusia. ^
(3) O dos negros ten facil solución en Galicia,por unha banda coa chea deles que hai por todos os lados debido a destrucción dos seus paises de orixen, e por outra que eu sempre tiven unha certa opinión de que os galegos somos comos os negros en Africa,non somos donos do noso destino,e dos que aparecen sae cada un que hai que darlle de comer aparte. ^
Comentarios (2) - Categoría: Novembro 2012 - Publicado o 30-11-2012 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0