Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadans
Dende esta páxina pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadans,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!
Hola Pepe, ¿ como che vai?.¿Viches a expo da asociación cultural de San Roque,menudo exitazo ?.
Bon día Xabarda,ven tirando como sempre,pois sí non a perdín, desde logo.
Atopabame eu matinando sobre como situar a Morgadans no mapa,pero penso que xa non vai facer falla,porque con esto da autopista-Integra, xa hai outros que o puxeron antes, e sobre todo como alvo de non sei que intereses,¡menuda desfeita!.Pero aguarda que ahí ven o Sr.Lugilde o da Entidade Local e co Xosé Manuel e os de Gonda, no lo van decir nun minuto.
Pois veredes a cousa e moi simple,vannos a decorar o Balcon do Val Miñor.
Achegaronnos toda a documentación da autopista que vai desde Vilaza até Couso,co ramal de Gondomar que remata en San Benito, e a nós cóllenos ahí por baixo en Xende,vamos que nos secesiona Xende de plano.Chamanlle o Vigo-Integra ¡¡¡¡¡!!!!!.
O simpático do caso non e eso,senón que con esa autopista poderemos ir a Couso, a Gondomar, a Chaín,a Peitieros,e a calquer lugar do Val Miñor, todo nun tiro de pedra,van por entradas e saídas cada 25 metros,terá ademais dous carrís bicis en cada sentido,e dous paseios de a pé para aqueles que queiran contemplar a fermosa paisaxe ,levará ademais a cada beira unha área forestal a base de carballo do pais, con salgueiros na parte baixa do recheo mais húmida,din ademais que as expropiacions para non meterse en líos xa non van ser como antes:primeiro non vai coller nen unha soia vivenda, xa todo está pensado, acordouse ademais que os prezos señan xustos e para non entrar en discusión, se pagarán todos monte e prado, como se foran metro cadrado urbán,vamos rigoroso valor de mercado.
Por outra banda preveendo o crecimento harmónico de Gondomar e en particular de Morgadans, xa van deixar unha parte específica na marxe esquerda da autopista para o futuro metro Vigo-Morgadans,pensando por suposto en todalas dificultades de transporte no futuro.
Por suposto como isto podería alterar algo o sistema de subministro de augas e demais, vai haber unha partida especial para renovar totalmente e gratuítamente todalas traídas de augas por donde pasa.
Alén diso se por un acaso a autovía chegara a ser de pagamento como a outra do Val Miñor, ¡a da beira de enfrente !,-que foi unha bendición para todos nós-, xa se pensou que esta nova seña absolutamente gratis para todolos veciños de Morgadans en particular.
¡Tocounos a lotaría mozos !
Bon está a vista que o tedes claro,vexo que se nos abre un período nada curto, de liortas ,regueifas e mais batallas, para evitar que unha vez mais mexen por nós sea quen sea.
Eu vou decir unha cousa ,así como fixeron os do BNG hai uns días na escola de Guillufe co alcalde Arauxo a cabeza,mañan 29 de xullo hai una reunión de todolos afectados dunha punta a outra ,en Gondomarno auditorio, para monta-la plataforma pola defensa dos lexitimos intereses de todos e contra a autovía,imonos ver aló e que non falte ninguén.
Viña eu matinando sobre un acto cultural de Morgadans en activo, recente, o certame Victoriano Taibo,que foi esponsorizado pola Entidade Local de Morgadans cando me atopei con Margarita e decíame : Xabarda ¿Sabias que as memorias individuais son esenciais para a conformación da nosa identidade,como indiviuduos,pero cando parte de esas memorias foron rexistradas a traveso da fotografía tamén axudan a comparar a nosa situación actual coa do feito reflectido?,eu perante esa afirmación filosófica tan fonda quedei abraiado.
Dixen ¡Sigue ,sigue Margarita que te escoito!.
Pois nada xabarda que ,alén diso si todas esas memorias individuais son recollidas e simplesmente expostas a terceiros xa nos dan un criterio moi colectivo dun pobo, dunha localización xeográfica,de unha socioloxía determinada e mais outras perspectivas desde logo irrefutaveis.
Por estas ideas e moitas mais ese fato de homes e mulleres da Asociación Cultural San Roque de Morgadans tivo a acertadísima idea de poñer en valor todo ese feixe gráfico en forma de fotos, de distintas persoas e familias de Morgadans que o aportaron.
Por elo organizan para todos nós unha exposta pública de todo este material recollido,organizado, e sobre todo de alto impacto visual,porque o que conteñen só cada quen o sabe,esta posta visual terá lugar entre os días 12,13,19, e 20 de xullo nos locais da Asociación no Adro de San Roque,cun horario moi escollido para que ninguén poida faltar a este acontecemento.
¡Ah moi ben ! xa me enterei do asunto,hai unha exposición fotográfica en Morgadans para o mes de xullo,pois perfecto alí me terás coma un mais.
Todos nos estamos seguros que imonos sentir identificados ainda que a foto non seña nosa,porque sempre hai un pouco de nós en cada imáxe-quen queira ver que vexa-.
¿Sabedes cal e para nos a diferencia desta manifestación etnográfica con respecto de outras? moi simples, ninguén de nós lembrase de nada ou moi pouco da música que se tocou ou baillou o ano pasado,pero estou seguro de que ninguén vai a quedar indiferente desta mostra fotográfica, na que TODOS somos suxeitos dela, ¡así era Morgadans !. ¡que acerto con esta mostra!,os nosos apoios por apostar tan claramente polas persoas.Ide pensando en recoller nun libro ou nun video no só estas fotos senón o novo material videográfico que vai a sair a de ser posible as innumerabeis e verdadeiras historias que alí hai.
Xa dixemos que o blogue era para dar unha visión dos aconteceres de Morgadans.
Morgadans ainda que noutros aspectos puidera parecer o contrario está conectada ao mundo,-eu sempre digo o mesmo para min o orden de importancia xeográfica é Morgadans,Paris,Washington,por esa orden non movo nen un só ponto-.
Pois ben como toda a galeguidade, o primeiro acontecer que nos salta a vista con todo isto e que,hoxe 17 de maio do ano 2008 no día das Letras Galegas,é entre outras cousas o nome,Morgadans;e moi rico en nomes,semella que fora bautizado por distintos padres,daquela os distintos apelativos.
Morgadans, e as putativas de , ”Morghadans”,Morghadanes e Morgadanes segundo cae,por certo con certo uso, a distintos níveis.
Si así de claro, non vaiamos moi lonxe de esas cousas,pois se collemos o carimbo da Entidade Local Menor,podemos ver a diglosía nestes nomes. (Ollo Xabarda non te metas hoxe nese terreo,pois calquera lles dí que hai que tirar ao lixo o carimbo e mandar facer un novo co nome correcto “Morgadans”,¡ que 10 euros mellor invertidos ¡).
Se ollamos para alguns carteis das comisions de festas pegadas polos paus da lus,e nos lugares de costume, e das paradas do bus,escritos oficiais etc. vemos que escapaselles o putativo a mínima de cambio.
O certo e que desde o Decreto 299/1997, de 23 de octubre, polo que se dispoñen os nomes oficiais das parroquias pertenecientes ao Concello de Gondomar,a cousa parece claro,Morgadans.
¡Que iluso eres Xabarda! Pero se as normas están para non se cumplir home incluso as do galego.
Bon que polo menos hoxe seña para lembrarnos a todos o moito que hai que facer ainda, e sobre todo o valeiro de contido que está ainda o dereito colectivo dos galegos fronte a unha suposta "libertade" de elexir as linguas.
No aspecto literario isto para reflexionar,leino hai só 38 anos e non se me esqueceu.
"Cando cheguei a miña terra
leveime gran desilusión....
E os mesus ollos choraron
coma choraban as froles tamén
Pois na lingua que elas falaban
non lles falaba NINGUEN
Semella que está todo de pernas no ar,porque antes non se escoitaba ren e agora en dous días vai todo pola volta.
Este día atopeime con Ramón e decíame ¿ oes Xabarda? acabome de atopar co Sr. Lugilde o do Bloque na Entidade Local Menor, ía a mercalo períodico ao kioske, ¡menudo rebote levaba! , ¿e logo Ramón ?,poisque estos do PP andan a chulear os plenos na Entidade,pois si algo leín la prensa ese outro día.
Dixome unha chea de cousas que de ser certas non van a rematar ben. ¡Solta Ramón ¡ .
No pleno ordinario do mes de novembro/07 fixouse o calendario de celebración dos Plenos da entidade, e quedaron fixados ,cada dous meses no derradeiro venres de cada mes, e si este for festa o día anterior., ata aquí todo ben.Xa falaremos noutra ocasión do tema do contido deses plenos porque non teñen desperdicio.
O 28 de marzo venres tocaba pleno ordinario para tratar os asuntos que procederan, e ademais catro mocions do Bloque de maisimo interese para os veciños que xa foran presentadas en xaneiro,pois nada de nada non houbo pleno, aló non apareceu ninguén,nen tamppouco a seguinte, despois houbo unha convocatoria con tres dias de adianto, e no día seguinte foi desconvocada polo PP, a convocatoria seica non traía as mocions do Bloque, eso si metía outras cousas que non teñen desperdicio como a tala rasa dos pinos e eucaliptos Monte Galiñeiro !!! en fin que che vou decir, que ata hoxe non hai pleno nen convocatoria.
Por certo Ramón ¿que é o que dis que tiñan esas catro mocions do Bloque? Pois contoche que dende a constitución formal de esta ELM de Morgadans,con data 02 de outubro do ano 2007,non foi tratado en ningún momento o orzamento correspondente,tanto o pasado do 2007-dación de contas-como o novo 2008.
Nembargantes en termos concretos si se trataron aspectos moi parciales aillados pero con certa entidade económica,que figuran recollidos nas actas tal cal son o arqueo de toma de posesión por valor de 144.695,55 euros,e,o pagamento de tres facturas a, que viñan da Xunta Veciñal anterior, e que foron tramitadas como extraordinarias.
-Pepe excavacions , por valor de 13.838,62 euros.
-Manolo,SL por 4351,72 euros
-Concretos SL,por 4453,01 euros,que viñan da Xunta Veciñal anterior, e que foron tramitadas como extraordinarias!!!!!!.
De seguir nesta liña e obvio que estas actuacions despertan todo tipo de sospeitas diante dos veciños motivadas pola evidente falla de transparencia no manexo dos fondos públicos que TODOS estamos obrigados a respectar e administrar.
Asemade unha correcta levanza das contabilidades públicas e dos libros obrigatorios son un camiño inexcusable,por demais e en particular o LIBRO DE PATRIMONIO de esta entidade que recolla con toda claridade transparencia,e no seu orden temporal,todo tipo de propiedades públicas da Entidade Local Menor de Morgadans,explicitando con sumo detalle, todo tipo de cesións a particulares,polo motivo que seña, as servidumes que comportan, o precio ou canon que proceda,a súa duración, e demais elementos relevantes que permitan en TODO MOMENTO sen recurrir a memoria de particulares mais oiu menos interesadas, o estado das propiedades da ELM de Morgadans.
Decío o do Bloque ¡Vaia por diante que nunca vai ter a nosa aprobación e anuencia calquer tipo de cesión,que non esté baseada nestes presupostos. ¡
Por tanto se pide de este pleno da ELMM :
1ºQue se presente con carácter inmediato o ORZAMENTO do ano 2008, que habremos de entender que sería o do 2007 prorrogado ao non ter sido debatido o do ano 2008.Co detalle que proceda.
2ªA preparación inmediata das contas públicas da ELM de Morgadans, para ser cando menos examinadas no seguinte pleno da entidade,dado que esas contas haberán de ser presentadas antes do 31 de xullo do ano 2008, para a súa presentación ao organismo fiscalizador.
3ªA exposición pública para todos os veciños nos lugares de costume-cando menos-no taboleiro de edictos da entidade de estas contas para XERAL COÑECIMENTO.
Fundamentaba a moción do Bloque,no interese xeral de todos os veciños de Morgadans.-20 xaneiro 2008-
¡Ordía Ramón deixasme de pedra, entón estos ghebos traballan como a tenda da Lola !.
Mira a min con isto chégame xa pois se escoito o outro xa non durmo.
Non parece de recibo para ningún veciño,que se calquer comunidade por moi pequena que seña ten o seu sistema de contas e presupostos donde explican, como ingresan ou gastan catro pesos que teñen ao ano, como esta Entidade Local non ten orzamentos.
Pensando en alto deberían aparecer con toda claridade os ingresos da entidade,das canteiras,quen paga, canto se recolle, da venda dos eucaliptos, dos piñeiros, donde se corta como se corta, canto se cobra por elo quen e de que maneira o pagou, canto foi en facturas, para que , de qué cando, canto se gastou en coches, en comunicacions , en dietas, para que foron esas dietas, menos mal que non hai empregados e que ahí non hai gasto ningún,que desfeita.
O que está claro e que non había interese algún en facer os orzamentos nos plenos anteriores,os orzamentos hai que facelos por anos naturais,antes de que remate o ano,co que haxa.Nembargantes trataronse outros asuntos ocultando aspectos de altísimo contido económico e de grave perxuizo para a facenda pública da entidade,supoño que haberá que ver todo iso con moita calma,se e que as cousas non mudan,e esta xente non cambia o paso.
Estou matinando que mais de ún vai poñer catro “mojons” no monte e dicir que el dél, pois que como o monte está daquela maneira e non hai Libro de Patrimonio,a cousa xa está.
Menos mal que disto so sabemos Ramón e mais eu non sabe ninguen que son só os meus pensamentos.
¿Qué me contará o Ramón o proúximo día ? isto e o bo que ten Ramón que se queres manter un secreto non tes mais que decirllo.
abril 2008
(1) Jebos,ghebos,influencia do portugués,argot de Teis en Vigo,que siñifica,o mais macho,chulo,gallito,estiradiño,"chico" de la pelicula,por riba dos demais,cando un parece tonto pero ten unha saía intelixente. ^ (2) O simpatico do caso e que estes loonies nen sequera seguen as declaracions públicas do seu propio partido PP,andan a piñón fixo,da que pensar que son un couto dentro dunha finca. ^
O conto de nunca acabar,e o tema do transporte por e hacia Gondomar/Morgadans,e un problema que sofrimos todos por moito tempo e polo camiño que leva será por un pouco mais senón lle poñemos coto.A inactividade da Consellería de Transportes e manifesta,con ocasións postas "a plancha" para solucionar o problema-constame por notoriedade que os responsables directos do ramo na Consellería, non sabían ren do que se lles estaba a falar nas derradeiras entrevistas,nembargantes tamén me consta que se deron unha presa inusual na hora de autorizar o traspaso da concesión de unha empresa para outra antes de fin de ano 2007, como se for un trámite calquera-gostaríame que se tivera esa lixeireza para outras cousas-
Os de dentro xa coñecemos o problema, nas súas distintas versións,paro os de fora o resumo,o tema e que o transporte de viaxeiros Gondomar-Vigo e viceversa,está concedido a ATSA e a Melytur, respectivamente,con distintas rotas,e distintos horarios.até aquí podíase pensar que esto era marabilloso e que polo tanto estamos moi ben servidos pero o certo non e eso, ¡ Ah ! o problema está que ningún pasaxeiro que tome por exemplo o bus de ATSA na estación de buses de Vigo, ou mesmo na Gran Vía de Vigo, pode chegar até a estación de buses de Gondomar, vai ser encostado ao pé do cruceiro de Mañufe,tendo que seguir a pé o resto do camiño até donde vaia, e ademais non poderá colle-lo mesmo bus incluso pagando para ir dende o cruceiro até o centro da vila ¿?,si non vos riades que a cousa e de risa.
A todo esto lembrome dunha anecdota,que lle aconteceu ao meu amigo Mohamed,un día dixenlle ¿Queres cortarme a herba do céspede aló na casa? ¡ pois si non teño nada que facer !,e colleu o bus e chegouse a Gondomar, e cando alí veu,recollino moi enfadado, e largoume ¡mira botáronme do autobús alí detras, que racistas sodes eiquí,que racistas sodes !-O Mohamed e negro coma o carbón-, e dixenlle non te enfades home a mín botanme tamén e eu son braquiño comoa o leite.
Anecdotas-reais - aparte o certo e que se levan dados pasos claramente encamiñados a solucionar dunha ou doutra o problema,un dos pasos serios foi a toma do bus de ATSA o 1 de decembro do ano 2007,como un aviso.
Outro paso por demais importante foi a recollida de mais de tres mil sinaturas-manifesto dos 3000- en Gondomar e bisbarra,que foron presentadas a prensa hoxe día 23 de febreiro do ano 2008, para ser entregues a Consellería de Política Territorial e Obras Públicas,alí estaban unha representación destes veciños e colectivos explicando os reporteiros o problema e os actos a levar,e asemade manifestando o seu enfado co tratamento que nos dan as empresas.
.
Nin que decir ten que o traballo deste colectivo de veciños/ñas de Gondomar e bisbarra,non e novo, ten que ter a noso apoio continuado cara a conseguir que o transporte público esté acorde a os tempos que corremos, abundante, eficiente, de calidade, e interese dos veciños, consumidores, usuarios e calquer outro calificativo que nos queiramos poñer,menos idiotas ou resignados e Consellería de Política Territorial e seus próceres deixen de quentar a cadeira, e se poñan a solucionar o problema,e por suposto alonxándose de calquer solución indemnizatoria para as empresas,pobriñas,¡ hai que indemnizalas quitandolles a concesión ! -no meu caso particular so entendo unha posible indemnización,e,somentes pasaría se a Consellería me indemniza a min como usuario sofridor , poñendome un taxi ao pe da porta, por menos deso non paso.
1(1) O "modico" prezo de 1,10 euros de vellón ^ 2(2) A resultas da ocupación do bus polos veciños,os distintos cárregos públicos, barallaron con abundancia e profusidade na prensa que a "unica" solución posible, pasaba por recuperar a concesión e indemnizar as posibles empresas sofridoras do problema.Os probes directivos das compañías choraban de felicidade ao escoitar tales declaracións.(a miña opinión e que a estes cárregos políticos da Xunta,non me importa a coor nestes intres o traxe venlles moi longo ^
Acábome de atopar un papeliño non moi vello por certo do ano 2002, e correspondese coas conclusions da II asamblea de Montes Veciñais de man Común. 1 e 2 de xuño do 2002 en Pontevedra.E outro que ollabamos aquí o Jose Manuel fillo do Loureiro e mais Eu,sobre as rendibilidades do Motocross,-do campo de fútbol-,diso xa falaremos longo noutra ocasión.
Veredes coma realmente o tempo non pasou nada , e a rabiosa actualidade de tales conclusions,-esto vai para aqueles que ocupan postos de responsabilidade no eido que seña,público ou de outra natureza,e que non ven mais aló das súas narices-.
¿Verdade que sería aplicable todo elo a Morgadans?
¿non/si?
O problema e que non se lee ou non se participa ,ou sabese todo,así nos vai.
(Aquí adicamonos a regalar montes e poñer torretas e tolerar canteiras ilegais entre outras cousas)
I relatorio
As reformas lexislativas necesarias
Introducción
As reformas lexislativas
a) O reforzamento do concepto xermánico da propiedade veciñal
Unha lei galega de montes veciñais en man común debe basearse no concepto xermánico da propiedade veciñal. Ignorar ou denaturalizar este concepto é abrir as portas para que os montes se privaticen e para que desapareza a propiedade veciñal.
b) A personalidade xurídica
Dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica suporía abrir a porta da desaparición dos MVMC como propiedade veciñal de caracter xermánico. Cómpre dotar ós montes veciñais dunha lexislación especial mediante a cal, mantendo a súa natureza e as súas características, poidan desenvolver todas as potencialidades no ordenamento xurídico existente.
c) O papel da administración autonómica
A falta dunha verdadeira Administración que vertebre e cohesione as comunidades e mailo monte veciñal é unha constante nos tempos presentes. A Administración galega debe mellorar sensiblemente para ser máis democrática, transparente, participativa e descentralizada.
d) O concepto de veciño/a comuneiro
A veciñanza ten que ser a única esixencia legal para obter a condición de veciño/a comuneiro e as asembleas xerais das comunidades de montes deben ser os órganos decisorios cun funcionamento áxil. Esta condición non dará dereito ningun nin recoñecimento sen que medie previamente a solicitude de comuneiro aprobada en asemblea.
e) Os xurados provinciais de clasificación
É preciso que os xurados provinciais de clasificación de MVMC funcionen periodicamente en dúas sesións ordinarias anuais e que se establezcan criterios para as sesions extraordinarias. A todas as reunións deben ser convocados o representante das comunidades de montes da provincia e os dous representantes da comunidade de montes afectada en cada asunto.
f) As apropiacións de terreos veciñais en man común
Ante as vías de apropiacion que sofren os MVMC (ocupacións e expropiacións forzosas), cómpre unha reforma lexislativa que estableza criterios que permitan ás comunidades de montes defender o monte veciñal e evitar a sua eliminación fisica.
g) Os lumes forestais
A política contra incendios da Xunta de Galicia está condenada ó fracaso por incidir na extinción e escasamente na prevención. É imprescindible a creación dunha “Mesa contra o lume” formada pola Administración, as comunidades de montes e o sector agroforestal, que analice fondamente as causas dos incendios, revise a actual forestación de terras agrarias, promova a realización de planos de ordenamento dos montes e elabore un Plano Agroforestal que potencie os productos do monte como productos de calidade.
h) A fiscalidade do monte veciñal
A fiscalidade dos MVMC a través do Imposto sobre Sociedades supón na práctica a desaparición das comunidades de montes tal e como hoxe están conceptuados, que é como deberían de seguir estándoo. É precisa unha fiscalidade axeitada ó MVMC para asegurar a súa supervivencia. Mesmo cunha fiscalidade adaptada ó monte veciñal, o tipo impositivo a impor non tería a maior importancia.
i) As subvencións
Problemas de tramitación
Problemas de contido
As liñas de axudas e subvencións deben contar cunha sinxela tramitación, orzamentos axeitados, permitir un seguimento das mesmas polas comunidades de montes e sobre todo deben abranguer o desenvolvemento de todas as potencialidades dos montes veciñais.
II relatorio
As alternativas para o monte veciñal en man común
a) A producción de madeira e os aproveitamentos menores do monte
A producción de madeira (e especialmente o monocultivo de especies de crecemento rápido) non debe ser a única producción dos MVMC, senón que se deben promover outros productos. O capital forestal dos nosos montes debe ser aproveitado e rendibilizado, polo que as comunidades de montes debemos buscar fórmulas asociativas e de xestión para a comercialización da madeira e os outros productos.
b) A caza
A caza é un uso tradicional dos MVMC, polo que debe ser unha competencia das comunidades de montes. En caso de cesión dos dereitos cinexéticos ás sociedades de caza, nos convenios deben prevalecer os intereses das comunidades de montes e o seu dereito a ordenar as súas terras.
c) O aproveitamento da biomasa forestal
O aproveitamento da biomasa forestal é tamén un uso tradicional do monte veciñal. Cómpre unha política enerxética que favoreza a súa explotación sen degradar ó monte.
d) Os parques eólicos
A Administración galega debe replantexar o actual desenvolvemento da enerxía eólica mediante unha planificación racional, deixando ás comunidades de monte a decisión última sobre a instalación do parque. Cómpre que a lexislación recolla a prevalencia da utilidade pública do monte sobre as instalacións eólicas para garantir negociación xustas e impedir a expropiación forzosa.
e) O aproveitamento do gando
A situación do gando bravo nos montes veciñais, consentida e favorecida pola Xunta de Galicia, é conflictiva e insostible para as comunidades de montes. Cómpre unha normativa legal que regule o pastoreo ceibo de xeito racional e compatible cos outros usos do monte veciñal; esta normativa favorecerá a sinatura de convenios entre as comunidades de montes (ou mancomunidades) e os donos do gando, beneficiando ás dúas partes.
f) Os valores naturais. O turismo rural e natural. A Rede Natura 2000
A Rede Natura está baseada nos conceptos de sostibilidade e biodiversidade, conceptos defendidos tamén polas comunidades de montes porque son básicos para o desenvolvemento das funcións social e ecolóxica dos montes e favorece o turismo rural e natural. As comunidades de montes esiximos que o desenvolvemento da Rede Natura en Galicia non o faga a Xunta a través de decretos, senón de convenios cos propietarios dos terreos, onde se conte coa opinión e participación das comunidades de montes.
g) A función social do monte
Así pois, a función social do monte veciñal (favorecedora da convivencia entre veciños e de apoio ós máis necesitados) apréciase claramente nos costumes de uso e de xestión, e hoxe esta función mantense e mesmo se incrementou co funcionamento das comunidades de montes. As leis e normativas aplicables ós MVMC deben respectar e valorar esta función polos servicios que desenvolve e como favorecedora da cohesión social.
h) Os montes periurbanos
Os montes veciñais periurbanos sofren unha forte presión demográfica e un proceso de destrucción acelerado ante a pasividade das Administracións galega e local, e do Ministerio fiscal, amosándose no eido municipal pola catalogación urbanística branda insuficiente e porta de entrada para fraudes de lei. Debe establecerse unha normativa específica para estas terras que garanta no futuro as súas funcións social e ecolóxica e estableza mecanismos de compensación dos servicios que presta á sociedade a través de convenios, axudas e subvencións.
i) Os equipamentos públicos
A necesidade de dotar de equipamentos públicos á poboación é cuberto polas Administracións co cómodo recurso ás propiedades veciñais, o que significa a medio e longo prazo a eliminación das mesmas. Debe deterse o abuso destas actuacións, abrindo canles de negociación coas comunidades de montes que garanticen o mantemento do carácter veciñal dos terreos e establezan o correspondente canon de arrendamento.
l) A explotación de minas e canteiras
Na explotación de minas e canteiras cómpre unha actuación decidida da Xunta de Galicia que faga compatible entre a explotación mineira e o respecto á lexislación ambiental e que recoñeza os dereitos dos propietarios dos terreos.
Polo analizado neste II Relatorio as comunidades de montes debemos buscar fórmulas asociativas e de xestión, e recomendámoslle á OGCMVMC que cree as bases, os estatutos da sociedade ou ente, que ela mellor entenda, para promover a organización, produción e comercialización das múltiples riquezas do monte veciñal.
III relatorio
O monte veciñal en man común como peza para o desenvolvemento local
a) Introducción
b) Monte veciñal e desenvolvemento local
A relación do monte veciñal co desenvolvemento local debe ser integrando os usos tradicionais do monte en proxectos diversificados que compatibilicen a rendibilidade económica para fixar poboación coa observancia de políticas ambientais.
c) Criterios e función do monte veciñal como peza do desenvolvemento local
A explotación futura dos diversos aproveitamentos do monte veciñal ha de ser sostible económica e ecoloxicamente. As actuacións para o desenvolvemento local deben ter en conta os recursos existentes para non hipotecar as potencialidades do monte nin o seu disfrute polas xeracións vindeiras.
d) Eivas e condicionantes
As comunidades de montes, nos últimos 25 anos, percorreron un longo camiño de mellora do seu funcionamento, que as levou a organizarse en mancomunidades e asociarse a nivel galego. Pero aínda arrastran importantes eivas debido a condicionantes internos e externos. Cómpre mellorar a súa xestión a todos os niveis.
e) As mancomunidades de montes
Na participación do monte veciñal co desenvolvemento local será decisiva a formación e o funcionamento de mancomunidades de montes, pola súa posición intermedia entre as comunidades e a organización a nivel galego e por ser o nivel onde se poden concretar os proxectos e alternativas a levar a cabo nos MVMC a nivel local ou comarcal.
A mais do dito, o pleno da ELMM, do día 25 de xaneiro do ano 2008,non quedou ahí,o certo e que faltariase a verdade se non foran incorporados os actos de lucidez colectivos, pois até seica os tolos tamen teñen actos deste tipo, de cando en vez,vexase incluso o Quixote.
Bon pois o certo e que en rogos e preguntas,deuse conta pola presidencia-do PP- de que por parte de Concello de Gondomar,chegou un escrito do Antonio Arauxo-O alcalde-,pedindo a incorporación da Entidade a constitución formal do Foro Cidadán da Axenda 21.
Acompañaba tal escrito unhas follas a xeito de resumo do que é a Axenda 21 para o concello de Gondomar, e tamén o Regulamento de funcionamento da tal axenda.
O certo foi que aprobouse por unanimidade de todoslos alí presentes a incorporación a tal Axenda 21, e con indicación/petición de que se modificara o artigo 4º do Regulamento, para que contemplara explícitamente a ELMM.
Eu podo dar fe que os que estabamos aló vimos a cara do Sr.Lugilde ,e non daba credito ao que foi aprobado. ¡ Cousas da vida !
Ben o certo e que un pasiño deuse,mais adiante veremos os resultados,so falta por ver quen foi o que acudiu ao Foro Cidadán do día 31 de xaneiro as 20,00 horas,no salón de actos da Casa da Cultura,e cales foron as conclusions que se tiraron do Foro,o certo era que o plantel era inmellorable,alí estaba citado Emilio Fernandez,Director Xeral de Desenvolvemento Sostibel
A verdade que menudo papelón lle queda a Antón García,o Concelleiro de Medioambente, promotor da devandita axenda,penso que ¡ torear con vacas ! ,poisque despois das declaracions feitas polos de Nigrán neste mesmo tema,imos apañados todos.
1(1) Isto con reservas pois foi mais coñecido por D.Quixote da Mancha que por don Alonso Quijano. ^
Digo que non saio de min,acabo de vir da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadans,donde se acaba de aprobar que a Telefónica-Moviestar, instale unha antena de trinta metros de altura, no adro da Igrexa de San Xose de Prado,-por certo esta vez con foto e todo-.
Pois ben acordaron estes “vogais”, que por un prezo de 30.000 euros –¡mais Iva home!-_e durante quince anos,poidase instalar o pincho da antena.
Como xustificación non podía ser outra,o “benestar” dos veciños de Vilas e Prado, e por outra ¡ ten que ser alí ! pois seica os trebellos que trouxeron os da Telefónica din que o adro da igrexa e o mellor lugar,pois senón os de Vilas ná de ná.
E ademais como xa pasan unhas torretas de alta tensión por alí, que unha mais non importa-(isto escribirono na convocatoria non e broma, mc,mc,mc,mc - Nota: mc significa manda carallo-)Total ¿para que? se xa está deprezado o patrimonio cultural e paisaxístico ,unha mais non fai mal.
Alí estaba,o Sr.Lugilde ,-o do BNG-,todo o pedagóxico que a situación requería,dando razóns e mais razóns,mirade que non hai por que poñer aló nada que hai outros sitios,que pode haber problemas cas radiacions, que ata os Santos podense queixar, e ¡ iso e cousa moi seria !,-terán que queixarse os santos digo eu porque o que é o cura non sabemos nen donde está- que a igrexa de Prado está catalogada como ben no patrimonio galego,¡que non pode ser alí! , ademais mozos estades vendendo o terreo por unha esmola, a os de Vincios deronlles 6000 euros por ano.
Total ao final o rolo, o PP votou a favor, o do PSOE ainda non cambiou o paso-non se entera que vai a haber pacto-e o do BNG quedou sosiño en contra para non variar.
En fin digo eu que en todo Prado non haberá outro lugar donde espetar esa antena.
Ou pensando ben será que os do PP querrán ampliar o WIFI de Silva de Gondomar do 80% ao 100%, daranse conta agora a Prado era o 20% que lle faltaba ,¿non vos lembrades disto?
Pois nada que colleron os 35.000 euros e foronse para o bar-e certo-
Próximo capitulo ¿Dónde se gastaron os 35.000 euros?.¿Como estará o cabrito a brasa na edición 2008?
Morgadans 25 de xaneiro do 2008.1(1) Avelosa, Baralla, Batizosa, Camiño Branco, Carballás, Carballeiras, Entreviñas, Xende, Gonde, Guillufe, Hervillás, Lago, Morfido, Padróns, Picouso, Pedra, Prado, San Roque, Vilas e Viñó ^
Mais da Entidade Local;o día vintetrés de novembro do 2007,convocouse xunta ordinaria na ELM de Morgadans, entre outras cousas con dous pontos na orde do día que non teñen desperdicio.
Un deles era a proposta do Partido Popular de trasladar o actual emplazamento da sede da entidade desde o barrio da Pedra en Gonda ata a escola de Guillufe ,baseado en motivos de amplitude,comodidade,espazos valeiros na escola,centricidade etc,o resultado foi esperpéntico,unha morea de veciños todos eles de motu propio acudiron ao pleno para impedir tal disparate,e todos a unha voz acertadamente indicaron que o prestixio das institucions fano os homes que as ocupan non as pedras que lle dan cobertura.
O simpatico do caso e que a Escola de Morgadans en Guillufe, e un ben claramente donado polos emigrados na América, que entenderon no seu día acertadamente que mediante a cultura e o coñecimento evitaría o dislocamento e emigración que eles sofriron,por tanto a vontade dos donantes está claramente vinculada a Escola e actividades semellantes pero de ningún xeito a actividades político administrativas,así fixeronllo entender a os do PP no pleno.
Por outra banda a Entidade Local,certamente debido a política municipal do PP na entidade e no propio Concello,nos derradeiros anos,non ten actividade propia que xenere a necesidade de un metro cadrado de mais para este uso, certamente de seguir así pode botar cen anos mais donde está porque incluso sobraralle.
Nembargantes o conflicto estivo servido pola inexperiencia do actual equipo de goberno do PP,promentendo falsamente a os de Guillufe e areas próximas que ían estar mellor deste xeito, e creando un conflicto innecesario cos de Gonda,ao anunciarlles realmente como feito consumado o traslado,tan certo é que o tema fixose con toda oscuridade e sen a mais mínima consulta veciñal.
O BNG constame que tivo unha oposición frontal neste tema sen nengún tipo de reservas ou condicions a sé debe quedar donde está en todo caso ampliar instalacions até a casa da Pedra,pero desde logo hoxe NON é obxectivo prioritario para ninguén en Morgadans tal traslado.
O simpático do caso e que ademais a presidencia do PP propoñía cambia-la subvención de 6000 euros concedida para o actual local,-construcción do porche- para o “arranxo”das dependencias da 2ª planta. A nosa pregunta é pero ¿como se iba cambiar unha subvención concedida e vinculada a un fín pendente de xustificación, para outro?,ou será que tal subvención está xa volatilizada e ía a desaparecer polo camiño de Gonda a Guillufe.,isto será para ver noutra ocasión.
O que certamente nos preocupa era o seguinte ponto da orde do día que foi nen mais ne menos o regalo a un particular, na Portela en Vilas nen mais nen menosque o regalo de 40.000 metros cadrados de terreo público.
A formula dende logo foim do mais enxeniosa polo PP xa que foi a de “autorizar o valado con peche metálico de dita superficie para o gando”,estes certamente son enxeñeiros de taberna.
Os chistes e coñas non se fixeron esperar, parabanme polas rúas e decíanme ¡E logo ti non eres de Morghadans,donde hai que asinar os papeis para que me den a min outros 40.000 metros cadrados home, con quen hai que falar!.
E pintoresco, porque non atopo outra palabra só e propio deste recuncho do planeta así nos vai con esta xente. O do PSOE nin mú.
Xa veremos dentro de catro ou cinco anos non fai falla mais, quen lle día a González, o que se levou os 40000 metros cadrados de terreo público, que hai que pasar polo valado,¡levas un estacazo no lombo que te acordas do día! Que pais coño.
E certo que hai un problema co gando en Morgadanas, no Galiñeiro,Caldeiron,e certo que o gando está sen control algún,e certo que o gando causa molestias puntuais, e certo que o gando estivo sempre no monte, e certo que o gando ten enfrontados os veciños de Vilas cos de Prado, e certo que este conflicto e fomentado irresponsablemente e artificialmente por estes enxeñeiros de taberna para mater o seu poder local,e certo que o gando do tipo que for nos da tamén a satisfacción anual do curro de Morgadans como lecer e cultura coñecido en todo o muno culto.
Como todo eso e certo son precisas solucions globais con respecto o gando,os gandeiros, os veciños, e de todo Morgadans,pero desde logo que non pasan por despatrimonializar a Entidade nen os montes,e sobre todo ESTES montes,e posiblemente tomar solucions de consenso xa que algunhas delas poden ser especialmente dolorosas para alguén,o resto son componendas,senón ao tempo.
Conclusión ¡Xa sabedes todos a Morgadans a polos vosos 40000 metros cadrados ánimo rapaces o PP está en rebaixas. ¡
Decía a difunta da señora Josefa viúva de Alfonso,quen de cando en vez gostaba dun vaso de viño tinto, e que nunca perdeu o humor !Ai meu fillo haiche homes,homiños,macacos e macaquiños!,cando morreu puxeronlle a bandeira portuguesa enriba do cadaleito,¡que razón tiña esa muller !
Sete de xaneiro do 2008.
Este artigo subiu a rede o sete de xaneiro do 2008.
A subela do xabarda
¿Cal e o teu cabalo?O día oito de setembro do ano 2007 celebrouse a sesión extraordinaria para a constitución da Entidade Local Menor de Morgadans,e alí estabamos todos Urbano Esmerode,Jesus Salgueiro e Humberto Torrado polo PP,Xaime Lugilde polo BNG e Adolfo Gonzalez polo PSOE,todos con galas para tal especial ocasión iso sí lucían distintas.
¿Que por que se constituiu tan tarde?Pois moi simples seica o do Bloque,non ten casa aberta por mais de 15 anos e a súa chimenea non fumegou por ese tempo,ao menos iso dixeron os do Move que certamente quedaron fora.
¿Que aconteceu despois? moi sinxelo que o presidente electo-Urbano-fixo unhas declaracions na Voz de Galicia en Vigo do día 09-09-2007 área Metropolitana donde declaraba que "Unha parroquia de Gondomar aspira a contar con un plan urbanístico propio" eso sí inspirado polo seu mentor o ex-alcalde Carlos Silva,o simpático do caso e que o actual presidente non e novo no asunto,xa que estaba como vogal na mesma entidade co equipo do Marcelino, e co anterior tamén do PP, e dicir cos que levababan xa 16 anos ao frente da entidade,-con distintos plans-e que certamente non apontan o descalabro que fixeron precisamente en Morgadans,por San Roque,Velosa Gulfar e a Batizosa que tivo como resultado o enfrentamento dos veciños e incluso,o estar baixo do dente do equipo de mais de un e unha.
Mellor estaría falar claramente,non se pode enganar os veciños,porque a competencia de ordenación de Morgadans e do Concello, e segundo decir cal foi a experiencia anterior do PP,un descalabro parado a tempo e precisamente polos propios veciños, eso si sen decir para nada os intereses economicamente ocultos que estaban detrás de todo.
A primeira na frente-digo Eu-,o dous de outubro convocouse sesión extraordinaria da Entidade.
¿Sabedes cal era a presa do extraordinario?, pois as "pelas", era tema económico fundamentalmente,como non podía ser menos,dietas,compensacions etc etc.
¿sabedes que aconteceu precisamente uns días antes no Concello de Gondomar?,pois que non había forma de aprobar os soldos os concelleiros electos do BNG,obviamente o PP aplicaba distinta vara de medir no Concello e na Entidade.
O simpático do caso non queda aquí,resulta que aprobouse por rolo que a Sociedade Electrica de Tuy,SA,instale unha torre metálica de alta tensión na Brulla de Prado unha liña de 51 metros de longo,cruzando o monte comunal,e sabedes cal era a documentación xustificativa,unha fotocopia do plano da zona!!!!,todo elo despois de decirlles que o plano urbanístico está parado,e que para unha simple instalación doméstica fai falla bastante mais documentación que esa,e certamente quedaron lediciosos da "fazaña".O do BNG dixo que non por suposto nesas condicions.